"EAT" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 257.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de teatro creado en Ourense en 1970 por actores que proviñan do Grupo de Teatro Valle Inclán, con dirección de Xosé Manuel Blanco Gil. Dos seus espectáculos destacan Tempo de chorar (1974) e SOS do estrelecer (1975), traballos de creación colectiva a partir de textos de Celso Emilio Ferreiro e Rosalía de Castro, Antígona (1976), a partir do texto de Bertolt Brecht, e A pancarta (1978), sobre un texto de José Díaz.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que xurdiu en 1991 nunha terceira etapa como continuadora do Boletín de Información Teatral da Escola Dramática Galega e do Boletín de Información Teatral. Conta con novos colaboradores, como Roberto Salgueiro, Mª Xosé Queizán, Maite Rodal ou Euloxio R. Ruibal. Nesta etapa introduciu un caderniño central de textos dramáticos tanto de autores estranxeiros coma galegos, ademais dunha nova sección “Opinión desde a butaca”. Os seus últimos números eran monográficos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome adoptado pola primitiva Escola Catalana d’Art Dramàtic a partir de 1939. Dirixido por Guillermo Díaz-Plaja, tivo unha vida pouco dinámica, ata que en 1971 foi nomeado director Hermann Bonnín e ampliou o número de profesores, puxo en funcionamento o departamento de investigación, adquiriu locais novos e inaugurou a primeira delegación comarcal en Terrassa (1974) e Vic (1976) e ampliou as seccións (monicreques, mimo). En 1980 foi substituído por Josep Montanyès, que remodelou as dúas salas teatrais das que dispón o Institut. En 1986, os estudios de arte dramática quedaron adscritos á Universidade Autónoma de Barcelona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada pola UNESCO en Praga en 1948 coa finalidade de promover intercambios relacionados cos estudios teatrais e prácticas escénicas entre as nacións. Conta con seccións en máis de cincuenta países e cun Comité Executivo con sede en París. Entre as súas actividades máis importantes está a celebración do Día Mundial do Teatro, cada 27 de marzo, momento no que se fai público un manifesto asinado por unha personalidade relevante no campo teatral. En España existe a sección correspondente, que realiza diversas actividades, desde a organización de seminarios ata a promoción de intercambios entre creadores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de teatro creada por Eduardo Puceiro en 1979 en Vilagarcía de Arousa. Dos seus espectáculos destacan As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (1980), a partir do texto de Carlos Casares; Historia do Zoo (1981), de Edward Albee; Amantes (1982), de Brian Friel e Eclipse Total (1984), de Christopher Hampton.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edificio situado en Ferrol. Construído por Faustino Domínguez Coumes-Gay (1885-1892), adopta a tipoloxía dos teatros italianos con planta de ferradura para facilitar a propagación do son. Realizado en estilo neobarroco, o interior foi decorado con pinturas realizadas por escenógrafos italianos. A fachada orixinaria, articulada cun andar inferior porticado e dous corpos superpostos rematados cun ático, foi reformada en estilo modernista por Rodolfo Ucha Piñeiro (1920-1922).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mostra de teatro, organizada polos integrantes da compañía Esperpento Teatro Joven e dirixida por Xulio Lago e Dorotea Bárcena, que contaba co apoio financeiro da Caixa de Aforros Municipal de Vigo. Entre 1972 e 1977 por Vigo pasaron compañías de teatro independente, como Aquelarre, Els Joglars, Els Comediants, Esperpento de Sevilla, Teatro de la Ribera, Caterva, TEI de Madrid, PTV de València, Ditirambo ou Teatro del Mediodía. A Mostra complementábase con seminarios de formación, coloquios e conferencias. A súa desaparición estivo motivada pola oposición do movemento nacionalista galego ao uso do castelán como idioma de representación dos espectáculos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo creado na Escola de Maxisterio de Pontevedra por Antón Lamapereira e Manuel F. Vieites en 1987, ao abeiro da Aula de Teatro da citada escola universitaria. Despois de estrear Colorín Colorado en 1987, en 1988 presentaron Pimpirulandia, un espectáculo do que se realizaron máis de 65 funcións. En 1990 presentaron o espectáculo Rodatola, unha creación colectiva dirixida por Manuel F. Vieites e Manuela Rodríguez Lorenzo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Joseph Francis Keaton
-
PERSOEIRO
Actriz. Foi a musa de Woody Allen, que a dirixiu en diversos filmes como Radio Days (1987), Manhattan Murder Mistery (1993) ou Annie Hall (1977), pola que conseguiu un Oscar. Participou tamén noutras películas como Looking for Mr Goodbar (1977), Reds (1980), The Little Drummer Girl (1984), Father of the Bride (1991), The First Wives Club (1996), Town & Country (2001) e Something´s Gotta Give (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e director cinematográfico. Coñecido como Buster Keaton, creou un personaxe de aparencia imperturbable, entre a candidez e o cinismo, en filmes como The Cameraman (1928) ou Steamboat Bill Jr. (1928). Como director evidenciou un gran sentido do ritmo e da construción dramática de filmes como Cops (1922), The Navigator (1924) ou The General (1927), nos que tamén participou como actor. Coa aparición do cine sonoro iniciou a súa decadencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Iniciouse con Poems (1817) e co extenso poema alegórico Endymion (1818), que foi atacado pola crítica máis influínte, pero que significou a aparición da súa madureza expresiva e o dominio dun verso dunha gran musicalidade. En 1819 plasmou o conflito entre a a arte e a vida nos seus sonetos e en tres grandes odas (a un reiseñor, a unha furna grega e ao outono), publicados no volume Lamia and Other Poems (1820). A súa poesía non foi valorada ata mediados do s XIX, co prerrafaelismo. Posteriormente, considerouse o lírico moderno máis destacado en lingua inglesa. O seu importante epistolario (1848) contén un corpus de reflexións estéticas de primeira orde.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de teatro afeccionado creada por Maximino Fernández Queizán en Vigo en 1966. Foi un dos colectivos que máis animaron a vida teatral da cidade, sobre todo entre finais da década de 1960 e principios da década de 1970. Entre os seus espectáculos cómpre destacar Ligazón (1967), a partir do texto de Valle-Inclán; La excepción y la regla (1967), sobre o texto de B. Brecht; El Diploma (1967), segundo a obra de L. Pirandello; A raposa e as uvas (1985), sobre un texto de Guilherme Figueiredo; Despois de Magritte (1992), sobre a obra de Tom Stoppard ou La puerta del paraíso (1993), cun texto de Miguel Cobaleda, amais doutros traballos con textos de Jardiel Poncela, Alejandro Casona, Molière ou E. Blanco Amor, e recitais de poesía de autores galegos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Dederkaly 1750 - Varsovia 1812) Escritor e estadista polaco. Reformou a Universidade de Cracovia e tomou parte na reforma social e política. Interveu na revolta de Kościuszko e fixérono prisioneiro os austríacos e, despois, os rusos. Escribiu Prawem politycznym narodu polskiego (O dereito político do pobo polaco, 1790) e O ustanowieniu i upaku konstytucji polskiej 3 maja 1791 (Orixe e decadencia da constitución polaca do 3 de maio de 1791).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de algas pardas, da familia das corinofláceas, que se caracteriza por presentar talos pseudoparenquimáticos. En Galicia está presente a especie L. difformis que é unha masa globosa de cor parda e consistencia xelatinosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sala de espectáculos construída en Barcelona por iniciativa do Liceu Filharmònico-Dramàtic Barcelonès, inaugurado en 1867. O edificio contaba cunha capacidade para 3.500 espectadores, tiña cinco andares e platea, polo que no momento da súa construción estaba considerado como un dos máis grandes do mundo. Sufriu un incendio en 1861 e outro en 1994. Co apoio institucional e cidadán construíuse un novo edificio no mesmo lugar, que se reabriu o 7 de outubro de 1999.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: Beato de Liébana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento teatral estadounidense. A finais do s XIX e principios do s XX, comezou un movemento en EE UU de pequenos colectivos teatrais de carácter afeccionado que tiñan como finalidade acrecentar a vida cultural da comunidade. Cobrou relevancia coa creación do The Drama League (1909), coa publicación do traballo de Percy MacKaye, The Civic Theatre (1912), e coa incorporación do ensino e a práctica teatral á Universidade de Harvard. Propugnaron a lectura de textos, clases de iniciación ao teatro, lecturas dramatizadas e promoción de novos autores. A partir da década de 1920 estendeuse por todos os territorios de EEUU.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía teatral creada por Judith Malina e Julian Beck en 1948, coa que se iniciou a experiencia do movemento denominado Off-Off-Broadway, e na que se tentou establecer unha alternativa ao teatro comercial de Broadway e ao estancamento de Off-Broadway. Traballaron con textos de García Lorca, Pirandello, Cocteau e Bertolt Brecht, pero será cos espectáculos O camelo (1959), sobre un texto de Jack Gelber, e O calabozo (1963), a partir da obra homónima de Kenneth Brown, cos que fixaron a súa poética, moi influída polos escritos de Antonin Artaud. Os seus espectáculos máis notables foron Frankenstein (1965), Antígona (1967) e Paradise Now (1968). Trala morte de Julian Beck en 1985, a dirección recaeu en Judith Malina e Hanon Reznikov.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de teatro profesional creada en Moaña (1999) por Salvador del Río, A. Barreiro Warren, Fran Paredes e Santiago Cortegoso. Intentan, partindo de textos escritos, mesturar no seu traballo o humor coa tenrura, a emoción e a reflexión baseándose no traballo do actor, na presenza da música e a sinxeleza escenográfica. Produciron Ñaque, ou de piollos e actores, de J. Sanchis Sinisterra, e O circo enmeigado, ou A amazona e os excéntricos, de Rafael Dieste.