"EGU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 415.

    1. Calidade de galego.

    2. Carácter e espírito propios do galego.

    3. Conxunto de todos os galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada no s XX pola Enxebre Orde da Vieira e pola Asociación Cultural da Vieira, ambas de Madrid, na que se reflicte a realidade das sociedades galegas de emigrantes espalladas por todo o mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1.   Movemento social, político e cultural que defende a identidade galega, a potenciación da súa personalidade e a reivindicación política de Galicia como ente nacional diferenciado. Iniciado a mediados do s XIX, no contexto da constitución do estado liberal, presenta características similares, aínda que diferenciadas, cos que se desenvolveron paralelamente noutras zonas da periferia española, particularmente en Catalunya. Inicialmente estivo limitado a círculos intelectuais con escasa conexión popular e, unicamente ben entrado o s XX e fundamentalmente a raíz da elaboración e aprobación do Estatuto de Autonomía, as masas populares participaron de xeito activo na reivindicación dos seus principios. Aínda que algúns historiadores sitúan a orixe da conciencia galeguista na época da Ilustración coas achegas de frei Martín Sarmiento, Bieito Feijoo, Lucas Xosé Labrada Romero e Xosé Cornide Saavedra, entre outros, e destacan como un feito de gran transcendencia política a soberanía exercida pola...

    2. Expresión, construción ou vocábulo propios do galego que se usa noutra lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao galeguismo.

    2. Partidario ou seguidor do galeguismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Santiago de Compostela ao redor de 1980. Subtitulouse “Voceiro do Partido Galeguista” e na súa redacción participaron destacados intelectuais e políticos galegos. En xaneiro de 1981 dedicaron un monográfico á figura de Castelao (nº 3), no que se reproducen varios debuxos deste autor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de galeguizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen galeguiza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Adaptar ou converter algo á lingua ou á cultura galega.

    2. Normalizar, introducir ou estender o uso do galego en eidos nos que habitualmente non se utiliza.

    3. Introducirse na cultura e no uso da lingua galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Agrónomo e xenetista. Estudiou agronomía na Universität Hohenheim (Stuttgart), onde obtivo en 1914 un título equivalente ao de enxeñeiro agrónomo. En 1917 marchou a EE UU para ampliar os seus estudios en xenética agraria, de mans de Th. Morgan, en química analítica e en patoloxía vexetal. En 1921 converteuse no primeiro director da Misión Biolóxica de Galicia e, instalado na Escola de Veterinaria de Santiago, iniciou os seus primeiros traballos co obxectivo de abordar problemas de aplicación inmediata á agricultura e á economía rexional. Centrouse nas enfermidades do castiñeiro, na mellora da produción de millo mediante hibridación e na busca da variedade de pataca máis axeitada ao medio físico galego. Tamén se dedicou á gandería, primeiro coa realización de estudios sobre gando vacún e porcino. Fundou con Daniel de la Sota o Sindicato de Productores de Semillas e realizou traballos e conferencias nos que falaba de cooperativismo e créditos agrarios. Pertenceu ao Seminario de Estudos Galegos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Obtivo o título de procurador dos tribunais e posteriormente seguiu diversas actividades comerciais. Pertencente á Xeración das Festas Minervais, participou nos parladoiros do Café Español e ao longo da súa traxectoria colaborou en distintas revistas e xornais. Foi cofundador do grupo O Galo e en 1963 participou cun recital xunto a outros autores na celebración do primeiro Día das Letras Galegas. En 1980 foi elixido directivo da primeira Asociación de Escritores en Lingua Galega e presidente do Ateneo de Santiago de Compostela. Na política, estivo vinculado ao Consello da Mocidade e en 1963 participou na constitución do Partido Socialista Galego (PSG). Da súa produción destaca Ao pé de cada hora (1967), Tempo de Compostela (Premio da Crítica Española l978), 37 debuxos para un país (1985), Compostela (1989) Obra poética (1993), Conto de Reis (1991), Os misterios de Monsieur D’Allier (Premio da Crítica 1993) e Rafael...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor. Participou no Congreso Nacional Pedagógico de Madrid (1882) e no Congreso Regional de Pontevedra (1887). Foi director da Escola Normal de Pontevedra e do periódico La Reforma (1870-1871). Publicou Nociones de agricultura y sus aplicaciones más notables deducidas de las Ciencias físico-naturales y al alcance de todos (1860).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Imaxe en prosa que, epigramaticamente, presenta unha visión persoal e sorprendente da realidade mediante comentarios enxeñosos e humorísticos. Foi creada por R. Gómez de la Serna, quen a definiu como “metáfora + humor”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Alacant (8.227 h [1996]). A economía local baséase no turismo, que permite que o sector turístico xere o 57% do emprego. Antiga fortificación islámica, foi conquistada por Xaime I para o Reino de Castela e repoboada con cataláns. Do seu patrimonio cultural destacan o xacemento arqueolóxico da Rápita Califal de las Dunas, declarado Ben de Interese Cultural (1990), e o castelo (ss XIV-XIX).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflito armado a escala internacional que tivo lugar entre 1939 e 1945. As causas remóntanse á situación creada en Europa polo Tratado de Versailles (1919-1920), que rematara co anterior conflito mundial e que estableceu un precario equilibrio europeo e provocou un profundo malestar en Alemaña. Desde 1935 iniciouse unha escalada bélica que tería como colofón o estoupido da conflagración mundial: invasión italiana de Etiopia, a Guerra Civil en España e a anexión alemá de Austria (marzo de 1938) e da rexión checoslovaca dos Sudetes. A Alemaña de Hitler consolidou a alianza con Italia (maio de 1939) e neutralizou a URSS (pacto de non agresión xerman o-s oviético, agosto de 1939). O primeiro día de setembro o exército alemán iniciou a invasión de Polonia e o 3 de setembro o Reino Unido e Francia declaráronlle a guerra. Desde entón, o conflito enfrontou a dous bloques: as potencias do Eixe, Alemaña-Italia-Xapón, cos denominados aliados, liderados por Reino Unido, Francia, Unión...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Superior dunha comunidade monástica do Oriente cristián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Industrial e pintor. Especializouse na realización de acuarelas, das que destaca o estudo monográfico sobre o Camiño de Santiago. Ocupou a presidencia da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e a dirección da Real Sociedad Económica de Amigos del País. Recibiu a Medalla de Prata da I Bienal de Pontevedra, a Medalla de Ouro da Deputación da Coruña e a Medalla Castelao da Xunta de Galicia (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino de orixe xermánica (latinizado en Hildegunda ou Hildegundis), composto de dous sinónimos *hiltja- ou *hildi ‘combate’ e *gunth ‘combate’. Santa Hildegunda (s XII) fundou o mosteiro de Schönau,   e a súa festa celébrase o 20 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • hiperenxebrismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Primeiro soberano mongol de Persia (1251?-1265). Nomeado polo seu irmán gobernador de Siria, intentou someter sen éxito todo Oriente Medio. Protexeu as comunidades cristiás e mandou construír un observatorio astronómico en Marāgheh.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en tecnoloxía lítica e evolucionismo humano. Colaborador de diversas publicacións, foi autor, entre outras, de Historia do pensamento antropolóxico en Galicia: O discurso sobre a evolución humana, 1859-1976 (1999), Manuel Murguía (2000) e Pablo Iglesias (2001). Recibiu o Premio Puro Cora de xornalismo (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO