"EUR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 354.

  • Organismo comunitario de cooperación financeira creado polo Tratado de Roma (1957) para axudar os países en vías de desenvolvemento mediante subvencións e préstamos especiais. Está administrado pola Comisión que responde da súa xestión ante o Parlamento e o Consello comunitarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fondo estrutural comunitario que se creou en 1975 para corrixir os desequilibrios rexionais existentes entre as diversas zonas da comunidade, como o predomino agrario, os cambios industriais ou o subemprego. Actuou sobre todo para reconverter as rexións máis atrasadas e zonas industriais en declive.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fondo estrutural comunitario que se creou para o financiamento da Política Agraria Común (PAC). Ten dúas seccións: a Sección Garantía, que financia os gastos comunitarios orixinados pola política de prezos e mercados agrícolas; e a Sección Orientación, que administra os fondos destinados a políticas estruturais e ten por obxecto a consolidación e evolución das estruturas agrarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fondo estrutural comunitario que ten por obxecto aumentar e mellorar as oportunidades de emprego e a mobilidade profesional e xeográfica dos traballadores. Instaurouse tres anos despois do Tratado de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo comunitario que se encarga do financiamento dos investimentos que programa e xestiona a Comisión Europea. Ten como obxectivo a consolidación do principio de solidariedade entre os estados membros, o desenvolvemento harmonioso da comunidade e a superación dos problemas de adaptación ao mercado interior. As súas accións diríxense cara a política agrícola común, as áreas atrasadas, as zonas industriais en declive, o emprego xuvenil e o paro. Dentro deste organismo están o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), o Fondo Europeo de Organización e Garantía Agrícola (FEOGA) e o Fondo Social Europeo (FSE).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro que se constituíu o 15 de febreiro de 1988 presidida polo presidente da Xunta de Galicia. Agrupa diversas entidades públicas e privadas representativas da vida económica e social de Galicia. O padroado está integrado por representantes das entidades que compoñen a fundación: Xunta de Galicia, Banco Pastor, Caixa Galicia, Caixanova, Consorcio Zona Franca de Vigo, Cámaras Gallegas de Comercio, Industria y Navegación, CC da Coruña, CC de Ferrol, CC de Ourense, CC de Pontevedra, CC de Santiago de Compostela, CC de Tui, CC de Vigo, CC de Lugo e CC de Vilagarcía. Entre os seus obxectivos inclúense fomentar o achegamento da realidade galega á realidade europea e aos países da Unión Europea en especial, e está aberta á colaboración de todas as institucións que persigan os mesmos fins.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte. Conservador (1938-1940) e director (1940) do Musée du Louvre e secretario xeral de Belas Artes en Francia (1941-1944). Escribiu Littérature et peinture en France du XVIIee au XXee siècle (1963), Naissance, vie et mort des styles (1966) e L’artiste et son oeuvre (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente os heteroneuros.

    2. Insecto da suborde dos heteroneuros.

    3. Suborde de lepidópteros, que se caracterizan por ter as ás anteriores diferentes das posteriores en dimensións, forma, e sobre todo na nervación. OBS: Tamén se denominan anisoneuros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte do método histórico que consiste na busca e reunión das fontes e que se completa coa crítica histórica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á heurística.

    2. Que serve para descubrir ou inventar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos hiponeuros.

    2. Metazoo do grupo dos hiponeuros.

    3. Grupo de metazoos triploblásticos celomados protóstomos que ten o tubo nervioso ganglionar situado ventralmente respecto ao tubo dixestivo, aínda que os glanglios cerebroides están situados dorsalmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos homoneuros.

    2. Insecto lepidóptero da suborde dos homoneuros.

    3. Suborde de insectos lepidópteros caracterizada por ter as ás anteriores e as posteriores similares en dimensión e, especialmente, na nervadura. As ás acóplanse mediante o xugo. Presentan tamén outros caracteres primitivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estudia a historia e a lingua dos indoeuropeos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudioso ou especialista en historia e lingüística indoeuropeas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos indoeuropeos ou ao indoeuropeo.

    2. Individuo do pobo indoeuropeo.

    3. Pobo de orixe indeterminada, malia que algúns autores o consideran orixinario das estepas asiáticas. Efectuou diversas migracións cara ao Danubio, o val do Rin, o altiplano de Irán e o N da península indostánica (s XIII a C). Posteriormente, produciuse un segundo movemento de poboación, arredor do s XI a C, cara ao N de Alemaña, Illas Británicas, Francia, Península Ibérica e Italia. En todas estas zonas falábanse linguas denominadas indoeuropeas, que presentaban importantes afinidades.

    4. Lingua que se falaba nunha rexión ben determinada da chaira europea (costas do Mar Báltico, val do Danubio, Ucraína) a finais do Neolítico e comezos da Idade de Bronce (3000-2000? a C). Gracias á lingüística comparada (F. Bopp) e aos neogramáticos (K. Brugmann, B. Delbrück, H. Osthoff e G. Ascoli) puido coñecerse, en gran parte, a estrutura fónica e gramatical, así como o vocabulario. O indoeuropeo só puido ser reconstruído coa axuda do método comparativo. Establecéronse, a partir dun vocabulario fundamental, series de correspondencias que definen o parentesco entre as diversas linguas e que permiten o coñecemento dos principais trazos da estrutura e do vocabulario da lingua orixinaria. Desta maneira puido demostrarse que a maioría das linguas coñecidas en Europa (agás o éuscaro, o húngaro e o finlandés), do SL de Asia e de India están emparentadas e derivan dunha mesma lingua. Resta establecer un phylum indoeuropeo que comprende diversas familias lingüísticas: xermánica, celta,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade que se encarga de establecer estándares nas novas tecnoloxías relacionadas coas telecomunicacións para que se poidan empregar sen problemas en todos os países europeos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo monetario con sede en Frankfurt creado por disposición do Tratado de Maastricht, en xaneiro de 1994, coincidindo co principio da segunda fase da Unión Económica e Monetaria, co obxecto de crear un foro de cooperación monetaria entre os bancos centrais da Comunidade Europea. Desapareceu en 1998 coa posta en marcha do Banco Central Europeo e do Sistema Europeo de Bancos Centrais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza suplementaria do cíngulo, en forma de escama ou banda, que aumenta a lonxitude do mesmo nas diatomeas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás estruturas ou órganos situados entre as pleuras.

    VER O DETALLE DO TERMO