"Ede" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 837.

  • PERSOEIRO

    Político. Estudiou dereito nas universidades de Madrid e Barcelona (1840), e participou nunha das fallidas insurreccións de Prim, polo que se exiliou en Francia. Regresou a Cuba en 1844, onde exerceu como avogado; alí participou na rebelión independentista de Las Pozas en 1852. O 11 de outubro de 1868 proclamou a independencia de Cuba logo de redactar o seu Manifiesto de la Junta Revolucionaria de Cuba, coñecido como Grito de Yara. Aclamado presidente provisional pola Asemblea Constituínte no 1869, aprobou unha Constitución que abolía a escravitude. Debilitado o movemento polas divisións internas, foi destituído nunha reunión de deputados en outubro de 1873. Refuxiouse na localidade de San Lorenzo, onde se suicidou para evitar que o capturasen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e historiador. Publicou as novelas Poema trágico del español Gerardo y desengaño del amor lascivo (1615), Historias peregrinas y ejemplares (1623), Varia fortuna del soldado Píndaro (1626) e Historia de Don Felipe IV, rey de las Españas (1631) e Francia engañada, Francia respondida (1635), esta última co pseudónimo de Gerardo Hispano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor de orixe cubana, fillo de Carlos Manuel de Céspedes y Borja del Castillo. Despois de realizar estudios en EE UU, Francia e Alemaña, regresou a Cuba para participar na loita independentista dende 1895. Deputado pola provincia de Oriente, foi embaixador en Italia, Arxentina, EE UU e Francia, e secretario de Estado durante o goberno de Zayas. En 1933, trala deposición de Machado, elixírono presidente ata setembro dese ano, cando o derrocou Fulgencio Batista. Publicou, entre outras obras, Manuel de Quesada y Loynaz (1925). Foi membro da Academia de la Historia de Cuba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Caracterizado por un es­tilo áxil e directo, recolleu narracións sobre a guerra do Chaco en Sangre de mestizos (1936). Publicou ademais Metal del diablo (1946), El ditador suicida (1956) e El presidente colgado (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cerralleiro. Realizou baixo o padroado do arcebispo Fonseca as reixas da capela do Sacramento ou do Rei de Francia na catedral de Santiago de Compostela, nas que introduciu o estilo renacentista. En Toledo realizou as reixas da capela dos reis novos, do coro, da capela maior e dos púlpitos da catedral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teórico, pintor, arquitecto e escultor renacentista. Formouse artisticamente en Italia, onde se conservan algúns dos seus frescos na igrexa da Trinità dei Monti en Roma. Desenvolveu a súa actividade en Sevilla e Córdoba. Da súa produción pictórica destacan La Santa Cena (1595) e Santa Ana con la Virgen, san Juan Bautista y san Andrés, ambas as dúas na catedral de Córdoba, e El Sacrificio de Isaac e Las Santas Justa y Rufina, na catedral de Sevilla. Escribiu Discurso de la comparación de la antigua y moderna pintura y escultura (1604), Carta sobre la pintura (1608) e Poema de la pintura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificio situado en Berlín, construído polos arquitectos Alex Schlutes e Charlotte Frank. Símbolo da Alemaña reunificada, inaugurouse en abril de 2001. No seu patio de entrada está situada a escultura Berlín, de Eduardo Chillida, inaugurada polo chanceler Gerhard Schröder o 25 de outubro de 2000.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Foi embaixador en Francia e España, e ministro de Asuntos Exteriores. Como líder do Partido Colorado, ocupou a presidencia provisional de Paraguay en 1949 e foi elixido democraticamente en 1950 e 1953. O seu mandato terminou co golpe de estado do xeneral Stroessner en 1954.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plataforma ou leito do carro destinado a soportar a carga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Realizou estudios musicais no Conservatorio de Madrid. Colaborou en varias pezas con Joaquín Valverde. Destacado compositor de zarzuelas, na súa produción sobresaen La canción de la Lola (1880), La Gran Vía (1886), Cádiz (1886), Agua, azucarillos y aguardiente (1887) e La alegría de la huerta (1900).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor estadounidense. Discípulo de Cole e continuador da Escola do Río Hudson, foi fundamentalmente paisaxista. Transformou a súa casa de Olana nun museo que amosa a súa obra. Da súa produción destaca O corazón de América e As cataratas do Niágara (1857)

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cirrípedes.

    2. Individuo da subclase dos cirrípedes.

    3. Subclase de crustáceos mariños que se caracterizan na vida adulta por presentar o corpo e as patas cubertos por unha cuncha bivalva fixada ao substrato de forma directa ou por medio dun pedúnculo. En relación cos crustáceos tipo, presenta unha anatomía modificada, coa cabeza e o abdome moi reducidos, non presentan ollos nin anténulas, e as patas están transformadas en cirros bífidos, articulados, cos que filtran a auga e obteñen o alimento. Son, as máis das veces, animais gregarios que forman piñas sobre substratos duros. Algunhas especies furan no substrato e outras son parasitas doutros crustáceos, como as do xénero Sacculina. As especies que viven no espazo intermareal resisten os períodos de exposición da baixamar. Durante o desenvolvemento larvario adoptan primeiro a forma nauplio e logo cipris. A esta subclase pertencen os arneiróns e os percebes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo suízo. Profesor de psicoloxía e de pedagoxía na Universidade de Xenebra, en 1901 fundou, con Théodore Flournoy, Archives de Psychologie, a primeira revista francesa de psicoloxía. A súa teoría funcional da educación traduciuse, no terreo práctico, na escola activa, onde calquera actividade está baseada na necesidade e no interese do neno, e deu fundamentación psicopedagóxica ao movemento europeo da escola nova, do que formou parte. Creou, en 1912, o Instituto Jean-Jacques Rousseau, denominado posteriormente Instituto de Ciencias da Educación, centro de estudo da formación da moderna pedagoxía europea, ata o momento da Segunda Guerra Mundial, ao que acudiron moitos profesionais españois da educación baixo o impulso da Junta para la Ampliación de Estudios. Os inspectores de educación da Coruña (dos anos 20 e 30), José Peinado Altabre e Manuel Díaz Rozas, mantiveron contacto con E. Claparède. Entre as súas obras están L’association des idées...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeobotánico estadounidense. Creador da escola dinámica americana que desenvolveu o concepto de sucesión, segundo H. C. Cowles, e introduciu os de clímax e serie. Escribiu Research Methods in Ecology (Métodos de investigación en ecoloxía, 1905), a primeira obra en tratar a ecoloxía con experimentos de campo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e ensaísta. Licenciouse en Xornalismo na Universidad Complutense de Madrid (1980). Colaborador en diversos medios de comunicación como Radio Galicia, El Correo Gallego e a axencia EFE, e redactor de La Voz de Galicia. Exerceu como xefe de prensa da Confederación de Empresarios de Galicia. Publicou O carnaval en Galicia (1990), ademais de traballos nos volumes colectivos Galicia, raíz y horizonte (1987) e Cara a Cara. Las elecciones generales de 1993 (1993). Recibiu o Premio Julio Camba de xornalismo en 1974.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aventureiro e militar norteamericano. Coñecido como Buffalo Bill, serviu como explorador do exército nordista durante a Guerra de Secesión (1861-1865) e como guía nas guerras que se libraron contra os sioux e os cheyennes entre 1868 e 1876. Ned Buntline fíxoo célebre a través das súas novelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Venezuela, na rexión de Los Llanos, drenado polo río Portuguesa (14.800 km2; 226.684 h [1995]). A capital é San Carlos (50.339 h [1990]). O extremo N está ocupado polas aliñacións montañosas da cordilleira de Mérida, no extremo oriental da Cordilleira Central; o resto do estado forma unha gran chaira. A principal actividade económica é a cría de gando vacún, pero tamén son importantes a agricultura e as actividades mineiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espátula que empregan os pintores para xuntar as tintas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   Recipiente ou lugar onde se lles bota de comer aos animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se pode comer ou que está en boas condicións para comer.

    2. comedeira.

    3. Lugar no mar onde acoden a comer as bandadas de peixes.

    VER O DETALLE DO TERMO