"Hel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 558.

  • PERSOEIRO

    Escultora e museóloga. Foi directora dos museos e galerías da Universidad Nacional Autónoma de México (UNAM) (1974). Como investigadora traballou no Espacio escultórico da cidade universitaria coa obra Cóatl e participou na fundación do Laboratorio de Investigación de Arte Urbano (1980). Foi directora do Museo de Arte Moderno de Ciudad de México (1982-1984). As súas primeiras obras (1960-1964) estiveron influenciadas polo academicismo. Dende 1968 buscou a integración coa arquitectura e realizou paneis de gran tamaño denominados muros dinámicos, entre os que destaca Ambiente Gráfico (1971). Participou na Ruta de la Amistad promovida con motivo dos Xogos Olímpicos coa obra Puertas al viento (1968). Entre outras instalacións destacan El espíritu de los árboles (1990) e La isla de las cabras (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral occidental da parroquia de Louro, no concello de Muros, situada ao O da punta Cantón e ao NL da do Rostro, no Porto do Ancoradoiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que consiste nun espectrohelioscopio dotado dunha cámara cinematogáfica, que se emprega para filmar a evolución de fenómenos solares, xeralmente en luz monocromática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio do espectro solar que se realiza, xeralmente, mediante un espectroheliógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao espectroheliógrafo ou á espectroheliografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espectrógrafo de alta resolución que se emprega para estudar e fotografar, de forma monocromática, o espectro solar. Xeralmente, consiste nun espectrómetro de fenda que permite seleccionar unha lonxitude de onda, ou unha banda estreita, do espectro solar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fotografía do Sol en luz monocromática que se obtén, xeralmente, mediante un espectroheliógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espectroscopio de alta resolución que se emprega para estudar por observación directa visual o espectro solar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que se emprega para medir a distribución enerxética dos dominios visible e ultravioleta do espectro solar. Está constituído por un espectrómetro e un pirheliómetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo de Portugal, situado ao O de Lisboa, no límite setentrional da baía de Setúbal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo máis antigo de escritura siríaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, arquitecto e debuxante. Formouse no Royal College of Art (1908-1911) e ampliou estudios en París. Participou no grupo Omega Workshops (1913) e nas exposicións vorticistas de Londres (1915) e Nova York (1917). Dende 1920 dedicouse á arquitectura e á restauración de monumentos. Traduciu, entre outras obras de Le Corbusier, The city of tomorrow and its planning (A cidade do mañá e a súa planificación, 1947). Escribiu con G. W. O. Addleshaw The architectural setting of anglican worship (O escenario arquitectónico do culto anglicano, 1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de dinosauros, da familia dos camarasáuridos, de ata 15 m de lonxitude, cabeza pequena con dentes grandes e saíntes, pescozo longo, corpo groso asentado con catro patas grosas e fortes de amplos pés con cinco dedos, e colas longas e grosas na base. O esqueleto presentaba adaptacións para resultar menos pesado como vértebras con grandes cavidades, das que 19 pertencían ao pescozo. A cadeira era de gran tamaño e aparecía firmemente unida á columna vertebral. Propios de finais do Xurásico e comezos do Cretáceo, foron descubertos en China en 1920.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico, pai de Ulf Svante von Euler. Estudiou na Universidade de Berlín, foi colaborador de Svante Arrhenius no Instituto Real de Tecnoloxía e profesor da Universidade de Estocolmo, onde o nomearon director do Instituto de Bioquímica. Estudiou os enzimas, especialmente os que interveñen na fermentación do azucre. Atopou a estrutura do primeiro coenzima descuberto, chamado difosfopiridin-nucleótido. Tamén traballou na estrutura e obtención de vitaminas e foi o primeiro que illou a vitamina A. En 1929 compartiu o Premio Nobel de Química con A. Harden, polos seus estudios sobre a acción dos enzimas na fermentación dos azucres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Estudiou na Escola de Artes e Oficios da Coruña. A súa obra evolucionou dende o dinamismo ata o estatismo (1995). Traballou coas técnicas do óleo e do acrílico e empregou, entre outros materiais, as ceras e o barro. Fundou con Willy Éter e Manuel Carballido a revista Artilujio. Realizou ilustracións en A Nosa Terra e nos libros To Be Continued..., de Manuel Carballido, e Kitaro/ti, de Brais do Castro. Colaborou na realización das portadas de Xeografía Urbana de Galicia. Realizou exposicións, entre outras en, Santiago de Compostela, A Coruña, Monforte, Vigo e Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político alemán. Ao asumir Hitler o poder, foi nomeado director do Ibero-Amerikanisches Institut de Berlín (1934), co obxectivo de propagar o nazismo por América Latina. Foi embaixador do Reich en España ante o goberno dos militares sublevados instalado en Burgos (1936) e interveu na formación da lexión Cóndor. Foi destituído tralos sucesos de 1937 de Salamanca, arredor da dirección de Falange.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e matemático norteamericano. Estudiou física no Massachusetts Institute of Technology, no que se doutorou en 1970. Profesor da Rockefeller University, é un dos pais da teoría do caos e descubriu o número que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicanalista. Estudiou no Gymnasium e formouse como psicanalista en Berlín. Baseándose na psicanálise, cuestionou a vella pedagoxía. A partir de 1926 deu clases no Instituto de Psicanálise de Berlín. Publicou o tratado enciclopédico Teoría psicanalítica das neuroses (1945).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor, fillo de Francisco Fernández Anciles. Exerceu a medicina e foi redactor de El Independente e Diario de Pontevedra. Da súa produción destacan numerosas poesías, o monólogo O vello paroleiro (1912) e a zarzuela O pote (1920).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático alemán. Foi profesor de matemáticas en Erlangen. Demostrou diferentes teoremas que reciben o seu nome e estudiou a xeometría do círculo, do triángulo e da pirámide triangular.

    VER O DETALLE DO TERMO