"ILi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1725.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Imposibilidade das células hepáticas de almacenar unha cantidade normal de glicóxeno.
-
PERSOEIRO
Escritor vasco máis coñecido polo pseudónimo de Pedro de Axular. O seu dominio da lingua traduciuse na súa oratoria e, sobre todo, na súa única obra Gero (Despois, 1643), tratado ascético-místico de grande interese pola riqueza idiomática. Esta obra é unha peza fundamental para a reestruturación do idioma literario.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor, quinto fillo e segundo dos superviventes de Johann Sebastian Bach e de María Bárbara. Ao morrer o compositor Georg Philipp Telemann (1767), obtivo a súa praza de director de música en Hamburgo. Foi o máis admirado dos Bach no seu tempo. É autor do Versuch über die wahre Art, das Klavier zu spielen (Ensaio da verdadeira arte de tocar o clavicémbalo), instrumento para o que ten cerca de duascentas obras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de bacilo.
-
-
Territorio no que exerce a súa xurisdición o baile.
-
Cargo e xurisdición do bailío da orde de san Xoán.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
[Loto branco] Secta amitabhista fundada no ano 381 na montaña Lushan polo monxe taoísta Huiyuan, convertido ao Budismo. Ten unha doutrina baseada no amor, na piedade e na esperanza de renacer no País puro, sobre o loto místico, aos pés de Amitābha. O seu carácter esotérico e o adventismo dos seus fieis fíxoa inspiradora dunha sociedade secreta, Bailianjiao, que colaborou na expulsión dos mongois de China e na instauración da dinastía nacional Ming. Perseguida polos manchús, as súas actividades perduraron ata finais do s XIX.
-
-
En Francia, axente do rei encargado de funcións xudiciais.
-
Na orde de san Xoán, comendador que obtivo ese título por antigüidade ou por concesión do Gran Mestre, tendo o privilexio de portar a gran cruz; equivale aos comendadores das outras ordes militares.
-
Residencia do comendador ou bailío.
-
-
PERSOEIRO
Compositor e pianista. Influenciado por Liszt, Glinka espertoulle o sentimento nacionalista musical. Formou parte do grupo dos 5 con Cui, Borodin, Musorgskij e Rimskij-Korsakov. Escribiu oberturas, sinfonías, poemas sinfónicos, concertos con orquestra e obras vocais e para piano.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico, escritor e pintor. En 1892 participou na Exposición Nacional de Bellas Artes de Madrid coa obra Parodia de la campana de Huesca, obra realizada en Sevilla na que os personaxes se representan por animais vivos e mortos. No primeiro terzo do s XX abandonou a súa andaina pitórica, que iniciara da man de Xosé Arpa, para dedicarse ao mundo literario e ao xornalismo. É autor da comedia Estranxeiro na súa terra, da que se publicaron cinco escenas en Bos Aires no Almanaque Gallego para 1915, e do monólogo A noite de San Xoán, estreado en 1917 no Teatro Jofre de Ferrol. Así mesmo, parece que foi tamén o autor dun monólogo estreado en Ferrol en 1912 co gallo da visita dos Reis de España.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Literato e historiador da arte. Coleccionista de debuxos, manuscritos e documentos. Foi conselleiro artístico de Cosme II de Médici, reorganizou as coleccións de debuxos da familia Médici e realizou un catálogo (1673). É autor de Notizie dei professori del disegno da Cimabue in qua (Noticias dos profesores de debuxo desde Cimabue ata nós, 1681-1728), historia da arte europea, ordenada por décadas; Comezos e progresos na arte de gravar o cobre (1686), historia do gravado; Vocabulario toscano da arte do debuxo (1681).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e ensaísta. Foi un dos representantes da poesía nova, xunto con Eugenio Florit, Nicolás Guillén e Mariano Brull, e caracterizouse pola introspección e a sensualidade poéticas. En Júbilo y fuga (1931) adheriuse á corrente pura da antedita poesía e, en Poesía negra (1934) optou polo negrismo. Outras obras poéticas súas son Cuaderno de poesía (1934) e Elegías sin nombre (1936). Entre as súas obras ensaísticas cómpre salientar Antología de la poesía negra hispanoamericana (1934) e Mapa de la poesía negra americana (1946). Practicou a jitanjáfora, grupo de palabras sen sentido aparente pero que resultan agradables aos oídos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Psicólogo e educador galés. Compuxo uns tests colectivos para medir a intelixencia e o traballo escolar, e poñer de manifesto as diferencias de desenvolvemento mental entre os oito e os quince anos. Estes tests aplicáronse nas escolas públicas e aínda se seguen a utilizar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Patriota liberal. Xunto co seu irmán Emilio (1819 - 1844), oficiais ambos da mariña austríaca, fundaron unha sociedade secreta, a Esperia, que entrou en contacto coa Giovane Italia de Mazzini. Descuberto o seu proselitismo entre os mariñeiros italianos enrolados na armada austríaca, e o intento de apoderarse dunha fragata, desertaron e dende Corfú pasaron a Italia con diversos compañeiros para alentar a revolta que estalara en Calabria. Foron aprisionados e fusilados en Calabria, onde foran para capitanear unha revolta. Este feito conmoveu a todos os medios liberais de Europa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario cinematográfico. A súa relación coa industria cinematográfica comezou en diversos cines de Vigo. Despois de traballar como ordenanza no Teatro García Barbón, rexentado por Victoriano Gil, desempeñou o labor de operador no cine Tamberlick, propiedade de Isaac Fraga Penedo. Máis tarde trasladouse ao cine Yeca de Chantada e logo a Melide, onde foi encargado das proxeccións no Capitol. Nesta última vila coñeceu o empresario Dignatario Cerdeira. Á súa volta a Vigo, traballou como operador en salas de barrio como a de Bouzas ou a das Travesas, e iniciouse como empresario no cine Avenida de Tomiño. A finais dos anos corenta, ingresou no sector da distribución coa súa empresa Baños Films. Os seus comezos están ligados a Arturo González -quen lle ofreceu as primeiras películas para a súa distribución- e a Isaac Fraga -quen lle comprou as primeiras fitas-. Deste modo, iniciou a súa traxectoria Baños Films, que vén de manter unha actividade continuada a carón das delegacións das principais...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta lírico grego. Da súa obra soamente se conservan nun papiro, descuberto no ano 1896, vinte poemas case completos, unha mestura de odas de vitoria, semellantes pero inferiores ás de Píndaro, contemporáneo seu e tamén rival, e oito ditirambos sobre temas mitolóxicos. Tamén foi autor de himnos, cancións e poemas de amor, pero non se conservan.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta xeorxiano romántico. A súa poesía, dunha gran simplicidade, rematou coa influencia que os persas, ampulosos e enfáticos, exercían na literatura xeorxiana. Entre outras obras escribiu: Suli ovoli (Alma solitaria, 1839) e Merani (O cabalo, 1842).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta romanés. Coñecido polo pseudónimo Ion Barbu. Formado na escola parnasiana, evolucionou cara a unha abstracción e despersonalización totais, e aplicou, con linguaxe hermética, esquemas matemáticos á súa poesía. Entre a súa produción destaca Joc secund (O segundo xogo, 1930).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi ministro de Obras Públicas e de Facenda, alcalde de Bogotá e embaixador no Reino Unido e nos EE UU. Líder do Partido Liberal, exerceu a Presidencia do país de 1986 a 1990.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo alemán postkantiano. Foi profesor en Sttugart desde 1790 ata a súa morte. O seu fundamento psicolóxico da metafísica derivou cara a unha especulación lóxico-ontolóxica ao xeito de Hegel. Entre as súas obras salientan Allgemeine praktische Philosophie (Filosofía práctica xeral, 1795) e Grundriss der ersten Logik (Esbozo da lóxica primeira, 1800).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato de bario e berilio, de fórmula BaBe2(Si2O7). Cristaliza na singonia romboide e preséntase en agregados tabulares. É incolora, semitransparente e posúe unha dureza de 6,5.