"INE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1570.
-
PERSOEIRO
Pintor abstracto. Deuse a coñecer en 1941. Fíxose famoso coas vidreiras da igrexa de Pla-teau d´Assy (1950) e coas cerámicas murais da igrexa de Audincourt. É autor do gran mosaico cerámico do palacio da UNESCO de París (1958). Publicou o libro Notas sobre la pintura actual (1948).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico norteamericano. Foi un dos pioneiros de Hollywood e, entre 1915 e 1922, dirixiu numerosas curtametraxes. Amais dalgunhas comedias, realizou thrillers e historias de terror que non lle depararon unha boa crítica. Para televisión dirixiu a popular serie Lassie. Levou a cabo, entre outras moitas películas, The narrow street (A rúa estreita, 1924), Little Annie Rooney (A pequena Annie Rooney, 1925), The irresistible lover (O irresistible amante, 1927), The men in her life (Os homes na súa vida, 1931), The old fashioned way (O antigo camiño 1934), Boys will be boys (Rapaces que serán rapaces, 1935), The golden eye (O ollo de ouro, 1948), Westward go the wagons (Os carros van cara ao oeste, 1956) e Frankenstein’s daughter (A filla de Frankenstein, 1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cociñeiro. Fundador do primeiro gran restaurante de París entre 1782 e 1786 chamada Gran Taberna de Londres. É autor do tratado de gastronomía L’art du cuisinier (A arte do cociñeiro, 1814).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico. Profesor de Química en Montpellier. Traballou con enzimas e con fermentación vínica e descubriu o ácido arsanílico. Fixo posible a denominada redución de Béchamp.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico francés. Estudiou na École Polytechnique. Oficial do exército napoleónico, deixou a carreira e dedicouse á ciencia. Descubriu a piezoelectricidade (1819) e inventou un galvanómetro diferencial e unha balanza electromagnética. É considerado un dos fundadores da electroquímica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico, fillo de Alexandre-Edmond Becquerel. Estudiou na École Polytechnique. En 1892 sucedeu o seu pai na cátedra do Musée d’Histoire Naturelle, e en 1895 chegou a profesor da École Polytechnique. Efectuando experimentos con raios X, descubriu a radioactividade natural ao observar que un composto de uranio velaba as placas fotográficas; posteriormente, demostrou que a causa que velaba a placa consistía en tres tipos de radiación: α, β e γ. En 1903 comparte cos Curie o Premio Nobel de Física. Estudiou tamén a polarización e absorción da luz nos cristais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico francés. Co seu primeiro filme, Diva (1980), conseguiu o recoñecemento dos críticos e do público, unha obra coa que gañou varios César da academia francesa de cine. O seu segundo filme La lune dans le caniveau (A lúa no arroio, 1983), baseado na novela de David Goodis, lonxe de confirmalo como bo director, repercutiu negativamente na súa produción. Dirixiu tamén Roselyne et les lions (Rosalinda e os leóns, 1989) e I P 5 (1993), interpretada por Yves Montand no ano da súa morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Correspondente da axencia Efe en Galicia, ilustrador e pintor coñecido co pseudónimo de Masito Beiró. Amais de dirixir a revista Petroglifo, participou en numerosas exposicións individuais e colectivas dentro e fóra de Galicia. Obtivo o seu primeiro premio no ano 1966 nun concurso organizado por La Voz de Galicia. Foi finalista do Certame Nacional de Arte Xuvenil (1973), obtivo o Premio Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela (1977) e o terceiro Premio Mestre Mateo (1974). Ilustrou os libros: Os cabeiros refolgos, Pasión y vida de un poeta, Antología poética e El hombre, la poesía y la vida.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz teatral francesa, irmá de Armande Béjart. Comezou a súa carreira artística na compañía familiar, xunto coa súa irmá Armande Béjart no Illustre Théâtre. Influíu decisivamente no nacemento do teatro ilustrado e mobilizou o proceso de creación da compañía de Molière (1643).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Estudiou na Escola de Artes e Oficios de Ferrol e en 1901 trasladouse a Madrid onde ingresou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, onde coñeceu os irmáns Zubiarre e a José Gutiérrez Solana. As súas primeiras obras (A Victoria de Samotracia e O Deus Baco) seguen as ensinanzas académicas no tratamento técnico e na colocación das escenas. Participou na Exposición Rexional de 1912 con oito lenzos, sete deles paisaxes. O interese pola paisaxe está relacionado co coñecemento da pintura realizada pola denominada Xeración Doente, co descubrimento da pintura inglesa de Turner e Constable, así como coa difusión do modernismo paisaxista de pintores cataláns como Rusiñol e o recoñecemento da pintura de Francisco Lloréns. En 1913 realizou en Ferrol a súa primeira exposición individual na que presentou vinte lenzos paisaxísticos, onde empregou unha pincelada pequena que buscaba o detalle e a minuciosidade, ao mesmo tempo que introducía ruínas ou gando como tema central,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción publicitaria que non aparece vinculada a ningún dos grandes medios de masas. Os medios below the line máis empregados son: marketing directo, marketing telefónico, merchandising, publicidade no punto de venda e outras accións promocionais. Tamén recibe o nome de publicidade non convencional.
-
PERSOEIRO
Arqueólogo, epigrafista e numismático. Foi director do Museo de Arqueoloxía de Cartagena e catedrático na Universidade de Zaragoza (1950-1985). Publicou diversos traballos de numismática antiga hispánica e o Manual de numismática (1946). Como epigrafista especializouse no campo ibérico. Realizou numerosos estudios sobre pintura rupestre, destacando El arte rupestre levantino (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo e empresario teatral. Na súa mocidade iniciou estudios de Dereito, pero abandonounos para introducirse de cheo na produción literaria. Alternou a obra narrativa e poética coas colaboracións periodísticas. A súa primeira obra publicada foi El teatro fantástico (1892) e a primeira estrea teatral El nido ajeno (1894), que constituíu un éxito importante e sinalou unha das súas constantes: o drama realista. As pezas posteriores terán unha maior profundidade (La noche del sábado, 1903; El dragón de fuego, 1903). Influído polo simbolismo, escribiu Los intereses creados (1909) e La ciudad alegre y confiada (1916); de carácter naturalista son obras como Señora ama (1908) e La malquerida (1913), onde analiza a psicoloxía feminina a través dos personaxes principais. Unha sátira aguda pero no fondo respectuosa da sociedade madrileña aparece en La comida de las fieras (1898), Lo cursi (1901), Rosas...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Licor aromático, de cor amarela, duns 40° alcohólicos, que se prepara macerando en augardente de viño unha serie de produtos vexetais (herbas, raíces, cortiza, etc); despois destílase e engádeselle xarope de azucre. Foi preparado por primeira vez en 1510 polos monxes da abadía de Fécamp e a súa invención atribuíuselle ao beneditino don Bernardo Vincelli. A fórmula secreta desapareceu durante a Revolución Francesa e foi recuperada despois por un comerciante de Fécamp, chamado Alexandre o Grande, que comezou a súa fabricación. Co tempo foi fabricado por laicos. Na antiga abadía hai unha gran destilería de estilo gótico cun museo de antigüidades da localidade. Está rexistrado como marca comercial e coñéceselle tamén cos nomes de beneditino e licor dos beneditinos.
-
-
Relativo ou pertencente a Benin ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Benin.
-
-
PERSOEIRO
Político e militar tunesino. Estudiou en Francia e nos EE UU. Foi xefe de seguridade militar (1958-1974) e director xeral da Seguridade Nacional (1984-1985). En 1986 foi designado como ministro do Interior por Habib Bourguiba, quen o nomeou xefe de goberno en 1987. Ese mesmo ano, Ben’Alī forzou a dimisión de Bourguiba e substituíuno na Presidencia do estado. Levou a termo unha política a prol do mundo occidental e unha dura represión do movemento islámico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Anarquista, autor do atentado contra o Tsar Alexandre II na Exposición de París (1867). Foi condenado a vinte anos de traballos forzados.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía teatral fundada en Berlín Este, na antiga República Democrática Alemana, por Helene Weigel e Bertolt Brecht. O seu obxectivo era desenvolver teorías, tecnoloxías e prácticas teatrais que fundamentasen e sustentasen o chamado “teatro épico” e crear espectáculos a partir dos textos do propio Brecht, ademais de construír un repertorio teatral universal a partir de textos significativos adaptados e recreados polo propio autor, seguindo os seus criterios de socialización e aquel principio de que a copia non é un fin senón un principio e, consecuentemente, unha arte. En 1954 o Berliner abandona o Kammerspiele do Deutsches Theater para instalarse definitivamente no Theater am Schiffbauerdamm, lugar onde vén desenvolvendo de forma ininterrompida o seu traballo. Despois da morte de Brecht, en 1956, dirixiu a compañía a súa muller, mentres entraba nunha etapa na que o obxectivo fundamental era preservar en estado puro o legado escénico do seu fundador, realizaron xiras por Europa e América...
-
-
Relativo ou pertencente a Berlín ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Berlín.
-
-
PERSOEIRO
Actriz. Coñecida polo pseudónimo de Sarah Bernhardt, está considerada como unha das primeiras divas do teatro occidental. Despois de estudar no Conservatorio Nacional de París, debutou no Teatro da Comedia Francesa en 1862, compañía que abandonaría en 1880. Destaca a súa interpretación do personaxe da Raíña, na reposición de 1872 de Ruy Blas, a partir dos textos de Victor Hugo, amais das interpretacións en Phèdre, Andromaque ou Hernani. Un dos seus éxitos foi o seu traballo en A dama das camelias (1884), e Gismonda (1894), a partir dun texto de Victorien Sardou, no que compartía cartel co célebre actor Constant Coquelin. En 1899 trasladou a súa compañía ao Théâtre des Nations, que se denominará Théâtre Sarah Bernhardt, onde realizou a súa singular versión de Hamlet baixo a dirección de Marcel Schwob.
VER O DETALLE DO TERMO