"MIT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 424.

  • Persoa que vive apartada da xente, retirada nun lugar solitario e dedicada á oración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pertencente ou relativo ao eremita ou ao eremitismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de vida relixiosa que levaban algúns cristiáns que dedicaban a súa vida á oración e ao retiro en soidade. Xurdiu no s III e o primeiro eremita coñecido foi san Paulo de Tebas. O seu seguidor Antón encargouse de propagar o eremitismo como modo de vida no Alto Exipto, e de alí estendeuse a Oriente. Santo Hilario propagouno por Palestina e san Gregorio de Nacianzo e san Basilio o Grande implantárono na Capadocia. Máis tarde foi substituído polo cenobitismo que fundara Pacomio en Exipto. Santo Anastasio, san Xerome, san Rufino, san Casiano de Marseille e san Bieito de Nursia espallárono despois por Occidente, onde a partir dos ss XII e XIII os eremitas se agruparon en ordes relixiosas, como a de san Paulo ou santo Agostiño, aínda que moitos eremitas permaneceron coa súa vida de oración de xeito independente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar no que reside un eremita ou no que hai unha ou máis ermidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa relixiosa que vive con austeridade, retirada do trato coa xente, e dedicada á oración e á meditación.

    2. Persoa que libremente elixe vivir afastada da xente.

    3. Persoa que coida dunha ermida ou santuario.

    4. Cangrexo da división dos anomuros, de abdome con exoesqueleto mol, que se protexe no interior dunha cuncha de gasterópodo baleira. Ten atrofiados os apéndices do lado dereito do abdome, que presenta pequenas espiñas coas que se fixa ao interior da cuncha, ademais de dous pares de patas reducidas que só colaboran na suxeición. Á parte do par de pinzas presentan dous pares de patas funcionais. Algúns órganos, como as glándulas dixestivas, as gónadas e os órganos excretores, preséntanse no abdome en vez de na posición orixinal no cefalotórax. Aliméntanse, xeralmente, de restos orgánicos. En caso de perigo, o cangrexo introdúcese na cuncha e só se pode ver, dende o exterior, parte das pinzas. Nas costas areosas ou lamacentas galegas están presentes os xéneros Clybanarius, Dardanus, Diogenes, Paguristes e Pagurus. Por ter un abdome mol, tamén recibe o nome vulgar de cu podre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gosudarstvennij Ermitaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concreción calcaria no chan dunha cavidade. Prodúcese pola sedimentación do carbonato cálcico disolto nas augas freáticas, normalmente baixo unha estalactita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Distribución das frases nunha estrofa, segundo a cal cada unha delas ocupa exactamente un verso. No diálogo dramático, dáse cando cada un dos versos é recitado por un actor distinto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo e pintor. Principiou os seus estudios de arte no City College de Nova York; posteriormente trasladouse á Academia de Belas Artes de Múnic. De regreso aos EE UU, converteuse en pintor modernista, relacionouse co círculo de Stieglitz e foi cofundador da Photo-Secession. En 1906 trasladouse novamente a Alemaña, onde destacou como pintor de moda. Dende 1918 exerceu como profesor de fotografía artística na Kunstakademie de Leipzig. Nos seus traballos fotográficos combinou algunhas técnicas que aprendeu da pintura, pois manipulaba as súas imaxes co emprego de lapis, tinta e plumas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos fatimitas.

    2. Membro da dinastía fatimita.

    3. Arte propia do período califal fatimita. Relacionouse coa arte árabe de Persia e de Sicilia. Caracterizouse pola construción nas mesquitas dunha fachada monumental con pórtico e dous minaretes de planta cadrada, polo emprego da bóveda de aresta e dos mocárabes, e pola abundancia de nichos. Utilizou o perpiaño e a columna. No Cairo consérvanse as mesquitas de Al-Azhar, al-Ḥākim (s X-XI), al-Aqmar e al-Ṣālih Ṭalā’, e uns cantos mausoleos do s XII. As fortificacións tiñan un acceso recto de dobre fachada e estaban enmarcadas por torres. Con respecto ás artes menores destacaron na realización de cerámicas con reflexos metálicos, os vidros tallados, pintados e estampados, a talla en marfil, o traballo en madeira e a fabricación de ṭirāz de liño con bordados de fíos de seda.

    4. Dinastía árabe xiíta de califas que gobernou no N de África (909-973), en Exipto (969-1171) e en Oriente Medio. Xurdiu en Tunisia no s X cando ‘Ubayd Allāh, membro do movemento ismaelita e suposto descendente de Fátima, se proclamou mahdī e obtivo o apoio das tribos bérberes. Os seus sucesores proclamáronse califas e estenderon os seus dominios ata Exipto, onde se trasladaron no 969. O novo imperio, con capital no Cairo desde o 972, acadou, durante o reinado do Califa al-Azmīz, a súa máxima extensión territorial, ao controlar Sicilia, Siria, Palestina, Mesopotamia e Ḥaḋramawt. A súa decadencia iniciouse en tempos do Califa al-Ḥākim e continuou ata que no 1171 Saladino depuxo o último califa fatimita e estableceu a dinastía aiúbida en Exipto. A época fatimita foi, en xeral, unha época de prosperidade económica e de gran tolerancia relixiosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e matemático norteamericano. Estudiou física no Massachusetts Institute of Technology, no que se doutorou en 1970. Profesor da Rockefeller University, é un dos pais da teoría do caos e descubriu o número que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa ou institución que establece un fideicomiso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Feminista canadense. Cofundadora do movemento Radical Woman (1967), na súa obra The dialectic of sex (1973) argumenta que só existirá unha auténtica liberación da muller cando esta rompa co seu rol na familia biolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obxecto pasivo de transmisión dunha enfermidade ao estar contaminado por axentes patóxenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Arkansas, EE UU (80.268 h [2000]), situada na beira dereita do río Arkansas. Posúe refinerías de petróleo e gas natural na conca petrolífera de Oklahoma-Arkansas, feito que a converte nun gran centro industrial. Fundada como posto militar en 1817, transformouse nun importante centro comercial coa febre do ouro. Do seu patrimonio cultural destaca Fort Smith National Historic Site.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grito forte e violento dun animal provocado por unha cólera ou unha dor moi fortes.

    2. Arrepío ou estremecemento producidos por algo desagradable, como o frío, o medo ou a cólera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Membro do PC dende 1918, publicou Čapajev (1923), M’atez (1923-1924) e V semnadcatom godu (1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, novelista e dramaturgo irlandés. A súa primeira obra dramática foi The Good Natured Man (1768), pero con She Stoops to Conquer (1773) foi coa que estableceu os ideais da obra cómica do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Botar pola boca o contido do estómago.

    2. Expulsar violentamente o que está no interior de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado en San Petersburgo. Creado para gardar as coleccións de Catarina II, o seu nome procede dun pequeno pavillón construído no Palacio de Inverno, o pequeno Èrmitaž, e en 1787 incorporouse a un novo edificio, o vello Èrmitaž. Tralo incendio de 1837 do Palacio de Inverno, reconstruíuse e abriuse ao público en 1852. En 2000 levou a cabo un proceso de expansión que propiciou a instalación de salas permanentes na Somerset House de Londres e a creación do Museo Guggenheim- Èrmitaž en Las Vegas. Os fondos divídense nas seccións de cultura primitiva, cultura dos países do Próximo e Extremo Oriente, cultura grecorromana, cultura eslava, arte occidental e numismática.

    VER O DETALLE DO TERMO