"Martin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 595.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Bos Aires, Arxentina, que forma parte da aglomeración do Gran Bos Aires (407.506 h [1991]). Industria química, de cemento, de maquinaria téxtil, de papel e alimentaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo, historiador da arte e numismático. Foi catedrático de Arqueoloxía Árabe Medieval na Universidad Central de Madrid e director xeral de Bellas Artes. Deu o derradeiro paso para descifrar a escritura ibérica e descubriu o valor dos signos silábicos. Escribiu obras como Arte mudéjar toledano (1916), De epigrafía ibérica: el plomo de Alcoy (1922), Arte románico español (1934), Las águilas del Renacimiento español (1941), La escritura ibérica y su lenguaje (1943) e La escritura bástulo-turdetana (1962). Pertenceu á Real Academia de la Historia e Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Continuador do pensamento económico da Escola de Salamanca, baseou a esencia da riqueza na produción. Das súas obras destacan Memorial de la política necesaria y útil restauración a la república de España y estados de ella y desempeño universal de estos reinos (1600).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e xornalista. Foi redactor xefe de Radio Popular (1972-1979) e dirixiu El Correo Gallego (1970-1972), Radio Popular de Vigo e o seu circuíto galego (1983-1987), Atlántico Diario (1986), a Televisión de Galicia (1987), Antena 3 de Vigo e Pontevedra (1987-1988), Radio Popular de Valladolid e o circuíto castelán da COPE (1988-1989). A partir de 1991 foi director rexional de COPE e, posteriormente, director xeral de Televigo (1998-1999). No eido político, foi delegado provincial do ministerio de Cultura e secretario provincial de UCD en Pontevedra (1979-1981). Ademais, foi deputado autonómico pola UCD na I lexislatura (1981-1985). Publicou El Luciérnaga (1960), 100 años para conseguir la feria de la pesca. La vocación ferial de Vigo (1985), Un siglo de servizo a Vigo. 1886-1986 (1986), Vigo no espello dos nosos avós (1991), El orgullo de ejercer de vigués en la provincia de Pontevedra (1995), Gallegos al volante 1900-1930...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Galeguista. Realizou estudios de dereito e participou (1967-1977) no relanzamento e actuación do movemento nacionalista galego UPG, da que foi un dos seus dirixentes e coordinador. Durante este período organizou e definiu o nacionalismo para integralo na sociedade galega, actividade pola que foi detido dúas veces. En 1975 organizou o Consello das Forzas Políticas Galegas, plataforma que aglutinaba a UPG, PSG, PGSD, Partido Carlista e Movemento Comunista de Galicia, nun intento de presentar unha alternativa política ao réxime franquista. Desde 1979 é funcionario do concello de Redondela, onde se encarga do departamento de cultura e normalización lingüística. Foi o impulsor da creación do premio de novela longa Eduardo Blanco Amor e desde este concello organizou as primeiras campañas de normalización lingüística, que acadaron proxección en toda Galicia. Foi un dos fundadores da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia (AFNLG) en 1983, da que é secretario. Inspirou...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e xornalista mexicano. Membro da Academia de la Lengua Mexicana, os seus discursos recolléronse en Tradición, Independencia, Libertad (1959). Entre outras obras publicou El águila y la serpiente (1928) e La sombra del caudillo (1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico estadounidense. Estudiou no Oberlin College de Ohio. En 1886, ao mesmo tempo que Paul Héroult, inventou o procedemento electrolítico para obter aluminio a partir de alumina disolta en criolita fundida que se denominou proceso de Hall-Héroult. Dous anos máis tarde foi aplicado pola Pittsburgh Redution Company, da que Hall foi o vicepresidente en 1890, iniciándose así a utilización xeneralizada deste metal en toda clase de aplicacións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e gravador neerlandés. En Italia (1532-1536) asimilou o manierismo da escola romana, e en Haarlem, desde 1637, executou cartóns para tapices e vidreiras, e pintou retratos e naturezas mortas. Destaca o Retablo da Paixón.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo alemán. Profesor nas universidades de Marburg e Friburgo e discípulo e sucesor de E. Husserl, aplicou a fenomenoloxía do seu mestre á análise da existencia humana. Como os primeiros pensadores gregos, buscou a comprensión do ser; pero, segundo el, este enigmático ser só se pode facer patente a través do home (das Dasein), o lugar onde o ser se esclarece. Para Heidegger o fin da filosofía é o de pensar no ser misterioso que o home, o seu pastor e servidor, garda como na súa propia casa. O home é o intermediario desta nova tensión dialéctica entre o ser e os seres e, en consecuencia, a filosofía convértese nunha ontoloxía fenomenolóxica que reduce o ser no espazo transcendental e histórico da consciencia humana. Entre as súas obras destacan Sein und Zeit (O ser e o tempo, 1927), Kant und das Problem der Metaphysik (Kant e o problema da metafísica, 1929), Vom Wesen des Grundes (Sobre a esencia do fundamento, 1929), Vom Wesen der Wahrheit...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Empresario e político. Licenciado en Dereito pola Universidad de Madrid en 1961 e empresario da construción na súa comarca de orixe, foi elixido alcalde do Barco de Valdeorras en 1983-1987 por Coalición Popular. Foi senador electo por Ourense na V lexislatura (1993-1996), polo Partido Popular.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actriz. Iniciou a súa carreira en colectivos como Teatro Circo ou Escola Dramática Galega. Co Teatro do Atlántico fixo Historia de Neera e co CDG participou en distintos espectáculos como Espectros, A Lagarada, A fiestra valdeira, Nao de amores ou Hostia. Fundou Espello Cóncavo, grupo co que participou nos espectáculos Un día calquera, Bailando en verán ou As troianas. Na televisión traballou en A familia Pita e Pratos combinados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sacerdote bretón. Estudiou dereito en París e Orléans. Rexentou o curato de Trédrez, onde defendeu gratuitamente a orfos e mendigos. En 1284 foi ordenado sacerdote e renunciou ao seu oficio de xuíz. Patrón dos procuradores, dos xuristas e dos pobres cando teñen preitos, a súa festividade celébrase o 19 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Documentalista. Directora do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, posteriormente pasou a dirixir o Arquivo Histórico da USC. Entre as súas obras destacan Fontes documentais da Universidade de Santiago de Compostela: pergameos da Serie Bens do Arquivo Histórico Universitario (1237/1537) (1991), en colaboración con Manuel Lucas Álvarez; Inventario de protocolos notariales: La Coruña: 1563-1894 (1995) e Inventario de Protocolos Notariales: Noia: 1531-1895 (1997); Inventario de protocolos notariales: Carballo: 1570-1891 (1995), en colaboración con Ana Isabel Cardiel Callejero.
VER O DETALLE DO TERMO -
(Atlanta, Georgia 15.11.1929 - Memphis, Tennessee 4.4. 1968) Pastor protestante. Modificou o seu primeiro nome de nacemento, Michael, polo de Martin. Realizou estudios de teoloxía no Crozer Theological Seminary de Pennsylvania e na Boston University. Converteuse no líder do movemento en favor dos dereitos civís da poboación negra en EE UU, e en 1957 presidiu a Southern Christian Leadership Conference. Interesado nos métodos pacifistas defendidos por M.K. Gandhi, viaxou á India en 1959, onde se reuniu cos seguidores do mesmo. Á súa volta organizou varias campañas que culminaron coa Marcha da Liberdade sobre Washington (1963). O seu asasinato en Memphis foi seguido dunha gran protesta violenta en todo o país. Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1964.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Wernigerode, Magdeburg 1743 - Berlín 1817) Químico alemán. Creou a análise mineral cuantitativa e descubriu novos elementos (uranio, titanio, circonio e cerio).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Schlettstadt, Alsacia 1491 - Cambridge 1551) Teólogo alemán da Igrexa Reformada. Coñecido polo pseudónimo de Martin Bucero, foi membro da orde dos Predicadores (dominicano), entrou en contacto con Martiño Lutero e con Ulrich Zwingli, e tentou conciliar as dúas doutrinas presentando en Augsburgo a Confesión Tetrapolitana. En Cambridge dedicouse ao ensino.
-
GALICIA
Filatélico. Dedicouse á investigación da historia postal de Galicia e xuntou coleccións galardoadas en numerosas exposicións e campionatos internacionais. Membro fundador e bibliotecario da Federación Española de Sociedades Filatélicas, socio fundador, secretario e presidente do Grupo Filatélico de Vigo, foi presidente do Club Filatélico y Numismático El Castro. Escribiu Prefilatelia de Vigo 1716-1849: apuntes históricos postales (1995), Numismática y medallística de Vigo (1997?) e Carlos Gardel, entorno histórico y filatélico (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada en Lalín. En orixe foi un mosteiro dúplice fundado en 980 por Arias Peláez, bispo de Mondoñedo. A súa sobriña, a condesa Adosinda Gudesteiz, doouno en 1019. Posteriormente foi un cenobio feminino e despareceu a principios do s XV. A igrexa pertence á tipoloxía do románico rural da segunda metade do s XII cunha soa nave e ábsida rectangular. A ábsida presenta unha ventá románica con chambrana de billetes e beiril con canzorros. Na portada principal destacan as arquivoltas, apoiadas en sinxelas columnas, e o tímpano liso. A porta N ten un tímpano semicircular. A porta S comunicaría coas dependencias monacais, hoxe desaparecidas. Consérvase o campanario románico, rematado cun Agnus Dei.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e novelista francés. Membro da pequena nobreza, tivo cargos diplomáticos en Italia, como se reflicte na súa obra Carnets du voyage en Italie (1908). Favorable á república autoritaria, en 1834 fundou Le Bien Public e redactou L’Histoire des Gerondins. Católico, cara a 1835 foi partidario dun deísmo humanitario. En 1820 publicou os poemas románticos das Méditations poetiques e logo as Nouvelles méditations (1823), Le dernier chant du pèlerinage de Childe Harold (1825), Le chant du sacre ou la veillée des armes (1825) e Recuillements poétiques (1839). Das súas viaxes por Oriente destacan as obras Voyage en Orient (1835) e Gethsémani ou la mort de Julia. Ministro de Asuntos Exteriores en 1848, escribiu o Manifeste aux puissances e posteriormente publicou Les confidences (1849), Raphaël (1849), Nouvelles confidences (1851), Histoire de la restauration (1851-1853),...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Editor e xornalista. Fillo de Anxo de Lema Marina, exerceu como secretario da Cámara de Comercio de Vigo. Ao morrer o seu pai, encargouse da dirección do xornal "Faro de Vigo". Relacionado co partido conservador, foi senador pola provincia de Pontevedra. É autor de El ferrocarril de Orense a Zamora. Su historia, sus ventajas como estratégico y su importancia para el porvenir de Galicia (1909).
VER O DETALLE DO TERMO