"Mau" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 189.

  • Grupo de monumentos megalíticos situado en Muíños, datados cara a 2600 a C. Destacan dous dolmens coñecidos como Casiña da Moura e Casola do Foxo. O primeiro trasladouse da súa localización orixinal e conserva unha cámara funeraria de forma poligonal cun corredor de tipo curto. Está formado por sete chantas e a tampa, ao igual ca a Casola do Foxo, que presenta cámara poligonal simple e cuberta. Neste lugar localizaouse un enxoval, do que destacan os restos de cerámica campaniforme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Muíños. Dunha soa nave, presenta unha fachada con porta arquitrabada e unha pequena fiestra, rematada por un frontón. No cumio destaca unha espadana cun corpo de arcos peraltados. O presbiterio, máis elevado ca o resto, ten a sancristía adxunta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilar de Barrio baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘saber’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome de diversas armas de repetición que empregaron o mecanismo inventado por Wilhelm von Mauser (Oberndorf am Neckar, Baden-Württemberg 1834-1882) e o seu irmán Paul (Oberndorf  am Neckar 1838-1914). O gran éxito dos Mauser foi un fusil de mecanismo de repetición M 1898 cun depósito con capacidade para diversos cartuchos. Outra arma notable foi unha pistola automática que albergaba o depósito de balas fóra da empuñadura.

    2. Fusil de repetición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumba funeraria suntuosa e monumental. O nome procede do monumento funerario situado en Halicarnaso, considerado unha das sete marabillas do mundo. Foi mandado construír por Artemisa II para o seu marido Mausolo, sátrapa de Caria (377-353 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociólogo e antropólogo francés. Considérase o fundador da etnoloxía en Francia e o introdutor na escola sociolóxica francesa dunha concepción funcionalista e estruturalista, prolongada e desenvolvida posteriormente por Lévi-Strauss. Foi discípulo de Durkheim e colaborou con el na revista L’Année Sociologique, da que tamén foi director. Das súas obras destacan Essai sur la nature et la fonction du sacrifice (1899), con Henri Hubert, La sociologie, objet et méthode (1901), con Fauconnet, Essai sur le don. Forme et raison de l’échange dans les sociétés archaïques (1923-1924), Les techniques du corps (1934) e Manuel d’ethnographie (1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LOCALIDADES

    Localidade de Alta Austria, Austria, situada na confluencia do Danubio e o Enns. Entre 1939 e 1945 funcionou preto desta vila un campo de concentración e exterminio nazi onde foron asasinadas máis de 120.000 persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e filósofo alemán. Foi un dos expoñentes do escepticismo filosófico derivado da crítica do coñecemento humano. Das súas obras destacan Hypatia (1892), Der letzte Tod des Gautama Buddha (A última morte do Gautama Buda, 1913), Beiträge zu einer Kritik der Sprache (Contribucións a unha crítica da linguaxe, 1901-1906) e Wöterbuch der Philosophie (Dicionario de filosofía, 1923-1924).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor neerlandés. Integrado na escola da Haia, cultivou principalmente a paisaxe e admirou a J. F. Millet. Destacou pola harmonía do colorido e a suavidade da luz nas súas obras, das que destaca Barca de pesca arrimada á beira (1883).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo francés. Dedicado primeiro á fenomenoloxía, definiu a moral política do existencialismo, distanciouse de Sartre (1953) e buscou as vías dunha esquerda non comunista. Escribiu Struture du comportement (1941), Phénoménologie de la perception (1945), Humanisme et terreur (1947) e Les aventures de la dialectique (1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor inglés. Coñecido como Michael Caine, comezou a súa carreira con papeis en dramas televisivos, e posteriormente pasou ao cine. Despois de debutar con A Hill in Korea (1956), interpretou The Ipcress File (1965), The Man Who Would Be King (1975), Hanna and Her Sisters (1986, Oscar ao mellor actor secundario 1987), Blood & Wine (1996, Concha de Prata ao mellor actor), The Cider House Rules (1999, Oscar ao mellor actor secundario 2000), The Quiet American (2002) e Around the Bend (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico literario e historiador polaco. Fundador do Diario de Varsovia (1825) e do Correo de Varsovia (1829), contribuíu cos seus artigos xornalísticos a fomentar a escola romántica. Despois da insurrección de 1830 tivo que exiliarse en Francia. Destaca a súa obra inacabada Powstanie narsdu Polskiego (A insurrección da nación polaca, 1834).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo turco. Estudou en Barcelona e fixo o doutoramento en Madrid e París. Das súas publicacións, en boa parte dedicadas a temas da lingua e literatura hispánica, destacan a edición de Les homélies d’Organyà (1961) e de El fuero de Jaca (1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Remeiro. Especialista en doble scull, participou xunto ao asturiano Jaime Ríos nos Xogos Olímpicos de Sydney (2000) e nos campionatos do mundo de Lucerna (2001). Foi campión de España (1999) e dúas veces subcampión (1997 e 1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Mon, Myanmar (219.961 h [1983]), situada na desembocadura do Salween, no golfo de Martaban.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo francés. Afín ao personalismo, o seu pensamento acentuou o intimismo aínda que non o factor social. Da súa obra destaca Personne humaine et nature (1943) e Intersubjectivité et ontologie (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático francés. Está considerado como o creador da nomografía. Aplicou a xeometría aos cálculos numéricos e estudou os principios das máquinas da calcular, das que fixo unha clasificación comparativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Discípulo de A. Casella, empregou elementos tradicionais andaluces e africanos. Fundou o grupo Zodiaque (1946) como reacción á corrente posromántica que invadía a música da época. Das súas obras destacan Llanto por Ignacio Sánchez Mejías (1950), o ballet Prométhée (1956), o concerto de cámara Syllabaire pour Phèdre (1968), o Concerto pour piano e orchestre (1980-1981) e a ópera La Célestine (1988). Recibiu o Prix National de Musique (1975) e a Légion d’Honneur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo interafricano fundado en 1965 como Organisation Commune Africaine et Malgache, en sucesión da Unión Africaine et Malgache de Coopération Économique (creada en 1964). Integrada principalmente por estados francófonos, os seus obxectivos foron a cooperación económica, cultural e social entre os estados membros. Autodisolveuse en 1985.

    VER O DETALLE DO TERMO