"Miguel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 298.

  • Michelangelo Buonarroti.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriarca de Constantinopla (1043-1058). De familia nobre, grazas á súa amizade con Constantino IX Monomaco acadou o trono. Consumou a ruptura con Roma en 1054 que xa estaba decidida desde había dous séculos co Cisma de Oriente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Galardón literario anual instituído en 1974 coa intención de premiar unha obra literaria completa que contribuíra ao patrimonio cultural hispánico. A Real Academia Española de la Lengua, as academias doutros países de fala hispana e os premiados en anos anteriores encárganse da presentación dos candidatos. O xurado, presidido polo ministro de Cultura e Educación, outorga o premio nun acto solemne que se celebra o día 23 de abril e que ten unha dotación económica de 90.000 euros. Dos galardoados cómpre destacar a Jorge Guillén (1976), Dámaso Alonso (1978), Jorge Luis Borges e Gerardo Diego (1979), Rafael Alberti (1983), Gonzalo Torrente Ballester (1985), Camilo José Cela (1995), Francisco Umbral (2000) e Gonzalo Rojas (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran duque herdeiro de Rusia (1899-1904), fillo do Tsar Alexandre III. Foi declarado herdeiro do seu irmán maior, Nicolao II. En 1917, Nicolao II abdicou a coroa nel, que refusou, e foi proclamada a república. Morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Vic 1591 - Valladolid 1625) Relixioso. De nome Miquel Argemir i Mitjà, en 1603 ingresou no convento dos trinitarios descalzos de Barcelona e en 1608 no de Oteiza (Iruña). Posteriormente foi nomeado prelado do convento de Valladolid (1622-1623). Foi canonizado en 1862. A súa festividade celébrase o 14 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado no val de Cigüela, ao N da cidade de Alcázar de San Juan (4.935 h [2001]). A economía baséase na agricultura, na gandaría e nas industrias alimentarias de fariñas e augardente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio de poesía convocado pola Deputación da Coruña (1991), en que son galardoados os autores que presentan obras inéditas e non premiadas en lingua galega. As obras, de temática libre, deben ter unha extensión non inferior aos trescentos versos. Entre outros, resultaron premiados Luz Pozo Garza (Prometo a flor de loto, 1992), Manuel Álvarez Torneiro (Luz de facer memoria, 1998), Xosé María Álvarez Cáccamo (Vocabulario das orixes, 1999) e Román Raña Lama (Eloxio da desorde, 2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Impulsor dos estudos de arquitectura e deseño actuais, dirixiu a Revista Nacional de Arquitectura, coñecida posteriormente como Arquitectura. Das súas obras destacan o Instituto Laboral de La Carolina (Jaén) e a tribuna do campo de fútbol en San Mamés (Bilbao).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Polonia (1669-1673). Escollido como sucesor de Xoán II pola nobreza, non puido enfrontarse á aristocracia. Sucedeuno Xoán III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Portugal (1828-1834), terceiro fillo de Xoán VI. Exiliouse coa súa familia en Brasil a causa da invasión francesa (1808-1821). Á súa volta foi o xefe do partido absolutista. Ao morrer o seu pai, o seu irmán máis vello, Pedro I de Brasil, nomeouno rexente (1827) da súa filla María da Gloria. Convocou as Cortes tradicionais e fíxose proclamar rei absoluto (marzo de 1828). Pedro I de Brasil abdicou no seu fillo Pedro II e desembarcou en Portugal (xullo de 1832). A guerra civil subseguinte deu o triunfo aos liberais, e tivo que exiliarse (maio de 1834).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Romanía (1927-1930 e 1940-1947) e príncipe de Hohenzollern-Sigmaringen, fillo de Carlos II e de Helena de Grecia. Sucedeu a seu avó Fernando I, que desherdou o seu pai. Pero, en 1930, o seu pai derrocouno e proclamouse rei (Carlos II). Converteuse en príncipe herdeiro ata que foi proclamado rei en 1940 e tivo que aceptar a imposición dun goberno pro-nazi. Ocupado o país polos rusos, estes impuxéronlle un goberno comunista e tivo que abdicar en 1947 e exiliarse. Reside en Suíza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Trebisonda (1341-1342 e 1343-1349). Sucedeu á Emperatriz Ana Anakhutlu, pero o partido bizantinófilo depúxoo e colocou no trono ao seu fillo Xoán III. Tempo despois, foi restablecido pero tivo que abdicar e foi sucedido por Aleixo III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriarca xacobita de Antioquía. Escribiu unha Crónica, que chegou ata os anos 1194-1195.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (811-813), xenro de Nicéforo I. En 811 sucedeu a Estauracio coa axuda dos iconólatras. Este feito desagradou de tal maneira ao exército, iconoclasta na súa maior parte, que se rebelou e proclamou emperador ao estratego León V o Armenio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (820-829). De familia humilde, conseguiu o mando da garda palatina. Encarcerado e condenado a causa dun complot, á morte de León V foi liberado e proclamado emperador, e con el quedou instituída a dinastía amoriana ou frixia. Durante o seu reinado, os árabes procedentes da Península Ibérica ocuparon Creta (824), e outros, procedentes de África, iniciaron a conquista de Sicilia (827).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Déspota de Epiro (1214 e 1230-1271), fillo ilexítimo de Miguel I. Conquistou parte de Tesalia e da illa de Corfú, pero foi vencido polo Emperador Xoán III de Nicea e polo Emperador Miguel VIII Paleólogo de Bizancio en Paflagonia (1259), polo que perdeu as conquistas de Macedonia. Casou ás súas fillas Helena e Ana co Rei Manfredo I de Sicilia e co Príncipe Guillerme II de Acaia, respectivamente. Sucedeuno o seu fillo Nicéforo I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Voivoda de Valaquia (1593-1601), de Transilvania (1599-1601) e de Moldavia (1600). Reuniu, coa posesión de Transilvania e de Moldavia, toda Romanía. Morreu pola traizón do xeneral imperial Basta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tsar de Bulgaria (1246-1257), fillo de Iván II Asen, sucedeu a seu irmán Koloman I. En 1256 tentou, sen éxito, recuperar os territorios macedonios e tracios perdidos polo seu irmán. Foi asasinado e Mico usurpou o trono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (842-867), fillo e sucesor de Teófilo. Home famoso pola súa torpeza e luxuria, abandonou o poder nas mans do seu tío Bardas. Baixo o goberno deste, a Igrexa eludiu a autoridade de Roma e consumou o cisma (858). Unha vez establecida a guerra contra os árabes, quixo asumir o mando do exército e foi derrotado en Samosata (859).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tsar sismánida de Bulgaria (1323-1330), fillo de Iván Šišman, príncipe de Vidin (Bdyn). Sucedeu ao Tsar Xurxo II, derradeiro da dinastía Terter. Recuperou os territorios da Bulgaria meridional e foi derrotado polos serbios en 1330.

    VER O DETALLE DO TERMO