"Nan" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1411.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico arxentino. É autor de numerosas curtametraxes como Selinunte (1951) e Buenos Días, Buenos Aires (1960). Tamén dirixiu algunhas longametraxes nas que denuncia fundamentalmente a realidade e os problemas sociais. Estivo exiliado en Italia durante algúns anos por motivos políticos. Entre os seus filmes destacan: Los inundados (1961), Rafael Alberti, un retrato del poeta (1983), Mi hijo el Che (1985) e Un señor muy viejo con unas alas enormes (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Industrial e filántropo. Emigrou a La Habana onde se dedicou á industria e ás finanzas. No seu testamento dispuxo a creación dun colexio de primeiro e segundo ensino en Cee, que foi inaugurado o 1 de outubro de 1886 co nome de Colexio Fernando Blanco.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico. Ingresou aos oito anos como neno de coro da basílica luguesa, onde recibiu as primeiras leccións de solfexo de mans do mestre de capela Francisco Reyero e do organista Francisco Mariano Mogrovejo. Por mor dunha trasnada perdeu o posto de neno do coro (infantiño). Abandonou a catedral e continuou estudiando música, entrando como frautista na Banda da Milicia Nacional. Viaxou a Madrid e ingresou no Real Conservatorio, onde foi discípulo de Pedro Albéniz (Piano), Antonio Aguado (Harmonía) e Ramón Carnicer (Composición). Simultaneou os estudios do conservatorio cos de órgano co compositor e organista Román Jimeno. En Écija foi profesor de música das fillas do marqués de Peñaflor; alí dirixiu zarzuela e gañou a praza de organista da igrexa de Santa Bárbara, onde permaneceu uns cinco anos ata que volveu a Lugo e acadou a praza de organista da Catedral. Deu concertos de órgano no Casino e no Teatro, e actuou como cantante. Presidiu a sección de música do Liceo Artístico e Literario...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Formado en Madrid e Barcelona, é profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. A súa obra non se adscribe a ningunha tendencia, segue fielmente as súas vivencias e foxe de toda convención ao utilizar a súa liberdade creativa como motor da súa produción artística. Entre as súas obras máis salientables destacan o Pub Irán de Ourense (1983), a vivenda da Abarcala (O Grove, 1991) e intervencións no patrimonio construído, como as Adegas de San Clodio (Ourense, 1991). Así mesmo, realiza esculturas, pinturas, murais, labores de deseño e instalacións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e gravador holandés. Influído por Rembrandt, decantouse despois cara á arte de van der Helst. Foi un bo retratista e entre as súas obras figuran Os catro rexentes do hospicio de leprosos de Amsterdam (1668) e un retrato de Elisabeth Bas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín dirixido aos centros estatais de ensino primario, que apareceu posiblemente no ano 1954 na cidade da Coruña. Utilizaba a lingua castelá e non tivo unha periodicidade regular; normalmente editábase un número ao comezo do curso escolar e outro ao final. Entre as seccións figuraban títulos como “Sección oficial”, “Exposiciones y concursos”, “Ponencias” ou “Cáritas escolares”. Presentaba datos estatísticos, un almanaque escolar, comentarios, informes de inspección, etc. A sección “Cáritas escolares” ofrecía unha visión do maxisterio dende unha óptica relixioso-caritativa.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu o 15 de xaneiro do 1899 en Ourense e que cesou o 15 de decembro dese mesmo ano. Dirixida por Xosé Álvarez y Álvarez, como redactores figuraban Emilio Amor Rolán e Pío Ramón Ogea, e entre os colaboradores Salvador Padilla, Xoán Rodríguez Quesada, Xosé Fernández López, Pilar Pereira, Marcial Quesada, etc. As súas seccións eran: “Sección pedagógica” (unha tribuna libre para os mestres), “Sección de noticias”, “Quejas y reclamaciones”, “Sección legislativa” (disposicións oficiais), “Sección científico-recreativa” e “Correspondencia particular”. A periodicidade era mensual, entregábase os días 15 de cada mes. A temática era a propia dunha publicación profesional na que se combinan artigos científicos con colaboracións literarias; ás veces, recollía tamén artigos doutras revistas pedagóxicas do Estado. A publicación foi fundada pola Asociación Provincial de Primera Enseñanza e figuraba como director o secretario da Asociación. Dende xaneiro de 1900 a liña desta revista...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano oficial da ILE (Institución Libre de Enseñanza) que saíu á luz o 7 de marzo de 1877, con catro páxinas a dúas columnas. Despois dalgúns cambios, en 1893 adquiriu o formato definitivo de 32 páxinas e periodicidade mensual. O artigo 15 dos Estatutos serve de introdución a todos os boletíns, onde indica os principios ideolóxicos da publicación. O primeiro director foi Francisco Giner de los Ríos (1877-1881), a quen sucederon Joaquín Costa (1881-1884), José de Caso (1884-1904), Ricardo Rubio (1904-1910), Adolfo Posada (1910-1917), outra vez Rubio (1917-1926), continuando posiblemente ata 1934, ano no que parece ser que se fixo cargo Ontañón. Ata 1889 constaba de trece seccións que se reduciron a tres: Pedagoxía, Enciclopedia e Institución. A sección máis favorecida por firmas relevantes foi a de Pedagoxía, na que tiveron cabida as novas correntes pedagóxicas. Destaca o gran número de colaboradores estranxeiros defensores da nova pedagoxía, Claparède, Coussinet, Decroly, Dewey,...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida probablemente no ano 1958 na Coruña. De periodicidade irregular, editábase en castelán. Constaba das seccións tituladas “Vida Profesional”, “Noticiario Escolar”, “Sección Legislativa” e outras. Desenvolve información referida a certificados de estudios primarios, calendario do curso escolar, entre outros temas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de obras e escultor románico italiano. En 1186 realizou as portas da catedral de Monreale (Sicilia) e, en 1180, os batentes da porta da capela de San Ranieri, na catedral de Pisa.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Estado de calma no mar ou no tempo que resulta propicio para a navegación.
-
Tempo meteorolóxico de temperatura suave, sereno e tranquilo.
-
Situación de prosperidade económica ou social.
-
Tranquilidade de espírito.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo sardo anterior á cultura nuráxica con presenza campaniforme, poboados temporais e armas de pedra e metal. Era unha sociedade de guerreiros pastores seminómades. A datación dos seus restos sitúa a actividade deste grupo ao redor do 1700-1550 a C.
-
PERSOEIRO
Actor teatral, licenciado en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, incorporouse en 1982 ao grupo de marionetas Tanxarina onde traballou como manipulador de bonecos, actor, coautor de textos, deseñador de espacios e vestiario ou director de escena, amais de participar como docente en diversos cursos de construción e manipulación de marionetas. Entre os espectáculos nos que participou cómpre subliñar Migallas e cirigaitas (1983), Rosalín no país do Sol (1984), Un, dous, catro..., 24. Mariquiña ten un gato (1985), Titiricircus (1988), Coca, a volta da besta (1989), O bebé (1991), Santiago, Santiago (1993), Ah, ah, ah, estamos monstros de risa (1995) ou Contaloucos (1998). En 1994 participou como actor no primeiro espectáculo de Producións Teatrais do Sur, Macbett. Colabora habitualmente na organización dos Encontros dos Titiriteiros Galegos e noutras actividades de promoción do teatro...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. Pertenceu ao grupo fundador da revista Távola redonda. A súa obra encádrase no Existencialismo. En 1960 obtivo o Premio Camilo Castelo Branco pola novela A gata e a fábula; en 1971 con Lourenço é nome de jogral obtivo o Premio Nacional de Literatura e en 1987 o Premio da Crítica con Esta noite sonhei com Brueghel. Escribiu tamén a colección de poesías As coordenadas líricas (1951), O engima de sete alíneas (1956), Terra sem música (1969) e Festa em casa de Flores (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escultor. Na súa obra destaca o tratamento irónico e satírico dos temas representados. Realiza tamén interpretacións de obras de mestres antigos. Con formas moi radicais e cunha forte carga sensual expresa unha visión pracenteira e vitalista do mundo. Actualmente vive entre París, Nova York e Medellín. En 1987 o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (Madrid) dedicoulle unha retrospectiva.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Doutor en Socioloxía da Educación pola Universidade Complutense de Madrid. Profesor na Universidade de Vigo, publicou as obras: Escola, cultura e vida comunitaria nun concello galego: Moaña (1988); A situación socio-cultural dos concellos galegos (1991); As necesidades no desenvolvemento social de Galicia (1994), en colaboración con Iago Santos Castroviejo. Ademais, ten colaborado en diversas publicacións como Grial, Luzes de Galiza ou Análise empresarial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador de arte. Especialista en Arte Contemporánea, realiza as súas investigacións dende unha perspectiva sociolóxica. Entre as súas publicacións destacan: El realismo plástico en España de 1900 a 1936 (1967), Historia del Arte en España (1972), El arte del siglo XX. La construción de la vanguardia (1978), La ilustración gráfica del XX en España (1979), Sátira y tragedia: las imágenes de Castelao (1987), Arte y ciudad en Galicia, s XIX (1990) e Arte del siglo XX en España (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e político portugués. Estudiou Dereito na Universidade de Coimbra na que se licenciou en 1867, e se doutorou un ano despois. Foi catedrático de Literaturas Modernas do Curso Superior de Letras da Universidade de Lisboa. De ideas republicanas, trala revolución de 1910, foi Presidente do goberno provisional (1910) e Presidente da República Portuguesa (1915). Publicou moitos libros e traballos, sobre todo de temas literarios e filosóficos, e foi un dos principais animadores da denominada “xeración dos 70”. Como poeta escribiu Folhas Verdes (1859),Visão dos Tempos (1864), Tempestades Sonoras (1864), Torrentes (1869) e Miragens seculares (1884). Foi, ademais, un gran coñecedor da literatura popular como o demostra Alma Portuguesa (1902-1904), inspirada nas tradicións e na poesía oral, ademais de investigacións folcloristas como Poesia do Direito (1865); História da Poesia Popular Portuguesa, Cancioneiro Popular...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Físico e inventor. Foi catedrático de Física e Química do Instituto de Oviedo (1903) e despois do da Coruña (1916). Acadou renome polos seus inventos, como un aparello para a inscrición mecánica automática das variacións do magnetismo terrestre e un receptor radiotelegráfico que permitiu rexistrar radiogramas a unha distancia de case dous mil quilómetros. En 1899 fundou e dirixiu na Coruña o primeiro gabinete radiográfico da cidade. Doutorouse coa memoria Estudio de las radiaciones hertzianas e publicou Registro de las señales hertzianas a grandes distancias (1916).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador francés. Profesor do Collège de France (1949), foi director da revista Annales, Sociétés, Économies, Civilisations (1946) e presidente da VI Sección de la École Pratique des Hautes Études ata 1972. Fundou nos anos sesenta a Maison des Sciences de l’Homme e dirixiuna ata 1985. En 1983 foi nomeado membro da Academie Française. Entre as súas obras cómpre salientar La Méditerranée et le monde méditerranéen à l’ époque de Philippe II (O Mediterráneo e o mundo mediterráneo na época de Filipe II, 1949 e 1973), Civilisation matérielle et capitalisme, XV-XVIII siècles (Civilización material e capitalismo, 1967, 1977 e 1983) e La Méditerranée (O Mediterráneo, 1949). Os seus artigos foron recollidos en La Historia y las ciencias sociales (1968).
VER O DETALLE DO TERMO