"Neira" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 212.

  • MONTES

    Monte que está situado entre as parroquias de Santo André de Paradela e Biville (Sarria). O seu cumio acada os 613 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Farmacéutico. Estudou farmacia na Universidade de Santiago de Compostela. Especializado en sanidade ambiental e saúde pública, recibiu numerosos premios de investigación. Escribiu Salud ambiental (1989), Una política ambiental para Galicia (1993), Residuos ganaderos y medio ambiente (1996), Manual de saúde ambiental (1997) ou Medio ambiente y salud (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no L da parroquia de Lamas (Leiro). O seu cumio acada os 667 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento circular formado por un aro de madeira que ten de fondo unha rede, malla ou tea moi fina que serve para separar as partículas de diferente tamaño de fariña e doutras substancias en forma de po.

    2. Molusco gasterópodo mariño de ata 8 cm de lonxitude que ten a cuncha oval cuberta de nácar na parte interna, en forma de orella, e é de cor parda. Presenta unha liña de orificios respiratorios que se localizan ao longo da marxe esquerda da cuncha e, a medida que o animal crece, os orificios antigos vanse pechando de forma sucesiva. Habita en rochedos da zona infralitoral e presenta hábitos nocturnos. Distribúese polo Atlántico e Mediterráneo, e está presente nas costas galegas. OBS: Tamén se denomina criba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quincenario publicado en Ponteareas a partir de febreiro de 1984. Subtitulado “Xornal galego de información comarcal”, estivo dirixido por Xosé M. Currás e, a partir de 1997, por Guillermo Rodríguez. Editado por EGASUR, distribuíuse nas terras do Condado, O Baixo Miño, Redondela e O Porriño. Definido como medio independente, constituíuse como un proxecto alternativo fronte aos grandes medios da prensa provincial. Inclúe información xeral da comarca, de Vigo e de Galicia, con especial atención aos temas socioeconómicos, ao patrimonio e á ecoloxía, ademais de suplementos, como A Peneira Deportiva ou A Peneira na Escola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantidade de algo que se peneira dunha vez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Zarracós e Olás de Vilariño, ambas no concello da Merca. O seu cumio acada os 621 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pasar algunha materia poeirenta pola peneira.

    2. Quitar as tachas ou as impurezas a determinadas cousas inmateriais.

    3. Someter a selección algo ou a alguén.

    4. Camiñar movendo moito as cadeiras ou os ombros.

    5. Manterse queda unha ave no aire, asexando e sen apenas mover as ás.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das dúas partes do pantalón que cobre unha perna.

    2. Enfermidade do gando vacún que lle afecta ás pernas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, que corresponde ás voces ‘agulla e costureira’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baralla baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Fonsagrada baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Monforte de Lemos baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ribadeo baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ribas de Sil baixo a advocación de san Cristovo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sarria baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Taboada baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe galega que trae como armas en campo de goles, cinco piñas de ouro colocadas en aspa. Outra variante trae escudo partido, primeira partición en campo de ouro, unha aguia de sable, e segunda partición, en campo de azul, unha cruz floreteada de sinople.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sandiás baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO