"ORGA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 205.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de asociacións de confesión católica e maioritariamente laicas que se caracteriza por un obxectivo apostólico, realizado a nivel internacional en tanto que institucións específicas e que, como tales, son recoñecidas e inscritas pola Santa Sé, que intervén tamén na aprobación de estatutos e nomeamentos de presidentes e conselleiros. Moitas gozan dun estatuto consultivo ante a ONU, a UNESCO, a FAO ou o Consello de Europa.
-
-
de organizar ou organizarse.
-
Que presenta orde ou organización.
-
Que está formado por órganos.
-
Que ten o carácter ou a estrutura propia dun organismo.
-
-
-
Que ou quen organiza.
-
-
Parte dun embrión capaz de exercer unha influencia química que no decurso do desenvolvemento embrionario orixina procesos de diferenciación dos tecidos. Inicialmente Spemann extirpou o beizo dorsal da gástrula do limpafontes e, transplantándoo á rexión ventral doutra gástrula, obtivo un novo embrión. Concluíu que o organizador debía ser polo menos tan grande como a rexión que máis tarde se converte en notocorda e metámero, se ben o poder organizador é máis grande no centro desta rexión. En 1938 demostrou que diferentes zonas do organizador presentan diferentes propiedades, que inducen á formación de órganos diferentes.
-
centro organizador
centro organizador.
-
-
Recurso didáctico que ten como función establecer unha relación entre os coñecementos previos dun alumno e os novos coñecementos que se queren facer adquirir. Os organizadores previos constitúen un dos elementos integrantes da teoría da aprendizaxe de David Ausubel.
-
-
-
Preparar a realización de algo.
-
Pór algo de maneira ordenada.
-
Crear ou formar algo.
-
Adoptar un método de traballo ou distribuír o tempo dunha determinada maneira para realizar unha actividade.
-
Crearse ou formarse algo.
-
Constituírse de determinada maneira, sobre todo en grupo, para alcanzar un obxectivo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten capacidade para organizar.
-
-
-
Agrupación de diversos tecidos que forman unha unidade estrutural encargada do cumprimento dunha función determinada nun vexetal ou nun animal. O conxunto de órganos con orixe embrionaria común e cunha función relacionada constitúen un aparato.
-
Parte do corpo que, a pesar de estar constituído por elementos que proveñen de sistemas diversos, constitúe unha unidade para a función ou as funcións determinadas que exerce. Así fálase, entre outros, de órgano acústico ou de Corti, do gusto (papilas da mucosa lingual), do olfacto (rexión superior da pituitaria onde están as ramificacións do nervio olfactorio) ou da visión (nervio óptico, globo ocular ou pálpebras).
-
órgano de fonación /
Cada un dos órganos do corpo humano que participan na produción de emisións fónicas. Recoñécense tres sistemas: o aparato xerador de corrente aérea (pulmóns, traquea), o aparato fonador (larinxe), que pon en vibración aquela corrente, e o aparato articulatorio (lingua, labios), que matiza e amplifica certos trazos acústicos da onda.
-
-
Peza, dispositivo ou mecanismo dunha máquina que serve para producir, absorber, transmitir ou guiar un esforzo, un momento ou un movemento. Fálase de órganos ou elementos de unión (remaches, chavetas, parafusos), órganos para movementos de rotación (chumaceiras, eixes), órganos para a transmisión de potencia entre eixes (rodas dentadas, correas, cadeas), órganos de construción de máquinas motrices (pistóns, cegoñais, bielas) e órganos de canalización (tubos, manguitos, válvulas)
-
-
Instrumento ou medio que serve para levar a cabo unha acción.
-
Medio de difusión voceiro das ideas dun grupo, partido, entidade ou sociedade.
-
Unidade administrativa integrada por unha esfera de atribucións e competencias e unha serie de medios materiais, que son exercidos e utilizados por unha ou máis persoas adscritas á unidade indicada.
-
-
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de que se emprega na formación de palabras co significado de ‘orgánico’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos compostos que resultan da combinación de hidrocarburos con boro. Coñécense, por exemplo, os trialquiboranos, como o trimetilborano B(CH3)3 e o trietilborano B(C2H5)3.
-
-
Aplícase ao composto orgánico que contén cloro dentro da súa molécula, e especialmente aos praguicidas orgánicos clorados.
-
Nome xenérico dun grupo de compostos orgánicos que teñen cloro como constituínte. Teñen unha grande actividade biolóxica e a súa acción perdura moito no tempo. En moitas ocasións os organoclorados utilizados como insecticidas son substituídos por organofosforados, menos persistentes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico de diferentes fosfatos de alcohois polihidroxílicos, como o glicerol, o etilenglicol, o sorbitol, o manitol e outros, que se empregan como fertilizantes. Presentan unha excelente solubilidade, que lles permite penetrar ata as capas profundas do solo e actuar sobre as raíces das plantas.
-
-
Aplícase ao composto orgánico que contén fósforo dentro da súa molécula, e especialmente aos praguicidas que actúan inhibindo a colinesterase, enzima que hidroliza a acetilcolina.
-
Nome xenérico dos compostos orgánicos que teñen fósforo como constituínte. Son empregados como plastificantes, fertilizantes e insecticidas. A súa vida media é moito máis curta ca a dos organoclorados.
-
-
-
-
Descrición dos órganos dun organismo, limitada á forma externa ou tamén á súa estrutura anatómica.
-
organografía vexetal
Parte da botánica que describe externamente e estruturalmente os órganos vexetais.
-
-
Descrición, con datos históricos, dos instrumentos musicais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á organografía.
-
-
Que produce un efecto ou impresión ao tacto, gusto ou olfacto.
-
Aplícase aos caracteres dos alimentos (cor, olor, aroma, sabor, textura) que perciben os órganos dos sentidos (vista, olfacto, gusto, tacto e oído).
-
Aplícase ás propiedades dun medicamento que afectan ás impresións sensoriais, principalmente as relativas ás características do sabor e olor, e tamén en menor extensión ao aspecto visual (cor, brillo) e táctil (lisura, rugosidade).
-
-
-
Estudo dos órganos dos animais ou das plantas, tanto dos aspectos estruturais como dos funcionais.
-
Disciplina da musicoloxía que estuda as características dos instrumentos desde o aspecto acústico e mecánico. A organoloxía clasifica os instrumentos en aerófonos, cordófonos, idiófonos, membranófonos e electrófonos, coas correspondentes subdivisións.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
composto organometálico.
-
-
Relativo ou pertencente aos compostos organometálicos.
-
Cada un dos compostos que conteñen un ou máis átomos de carbono enlazados directamente a un átomo metálico. Existen dous tipos: os organometálicos puros, que conteñen exclusivamente radicais orgánicos unidos ao metal; e os mixtos, que conteñen ao mesmo tempo radicais orgánicos e inorgánicos unidos ao metal. Desde o punto de vista do tipo de enlace, poden clasificarse en iónicos, formados unicamente polos metais máis electropositivos; e covalentes, entre os que están os que presentan enlaces σ e os que presentan enlaces π. Dos métodos de preparación máis xerais para elementos dos grupos principais destacan a reacción de derivados haloxenados con metais, a reacción dos compostos formados polo método anterior cun metal ou haloxenuro metálico para intercambiar o metal e a adición de hidruros metálicos sobre dobres enlaces. Polo que respecta ás reaccións químicas, a presenza dun metal unido ao carbono pode inducir neste un comportamento aniónico, como nos reactivos de Grignard, ou...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto da obra lóxica de Aristóteles, coñecida con este nome a partir dos comentaristas neoplatónicos do s VI. O nome déuselle polo feito de que Aristóteles consideraba a lóxica como un instrumento (órganon) do pensamento para o recto procedemento científico. Constitúe a obra máis destacada da lóxica tradicional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lesión ou enfermidade nalgún órgano do corpo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á produción e ao desenvolvemento dos órganos.