"Ove" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 360.
-
CIDADES
Cidade da provincia do Brabante Setentrional, Países Baixos, situada á beira do canal Zuid Willemsvaart (199.877 h [1999]). Fundouse no 1232 pero tivo un escaso desenvolvemento ata a fundación da Philips Electrical Company (1891). No s XX experimentou unha rápida expansión polo crecemento desta multinacional, dedicada aos produtos electrónicos. Nos últimos dez anos produciuse un espectacular avance demográfico, debido á concentracción industrial que comprende os sectores téxtil, a construción mecánica, a metalurxia e, especialmente, o gran complexo da multinacional Philips.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fisiólogo e médico neerlandés. Estudiou medicina na Universidade de Utrech, onde acadou o grao de doutor en 1885, e foi profesor de fisioloxía na Universidade de Leiden, na que ocupou a cátedra da mesma especialidade. Investigou os fenómenos eléctricos que presenta o corazón. En 1903 deseñou e construíu un instrumento que permitiu rexistrar, por primeira vez, electrocardiogramas con precisión e claridade. En 1924 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía polos estudios realizados sobre as propiedades eléctricas do corazón, a través do electrocardiograma que el mesmo construíu.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ou Enobólico Deus prerromano dos bosques, protector da saúde. Recóllese en numerosas inscricións da Lusitania. No período romano identificouse con Esculapio. Acostuma aparecer representado por un porco bravo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao interior da vea.
-
PERSOEIRO
Rei de Hannover (1837-1851), fillo de Xurxo III de Inglaterra e de Hannover. Á morte do seu irmán Guillerme IV de Inglaterra e de Hannover, herdou este último reino. Hostil ás ideas liberais, aboliu a Constitución de 1833 e promulgou outra moito máis autoritaria. Por temor á expansión revolucionaria, en 1848 consentiu algunhas reformas que anulou pouco despois.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado de Europa suroriental que limita ao N con Austria, ao NL con Hungría, ao S e SL con Croacia, ao O con Italia e ao SO co Mar Adriático (20.273 km2; 1.990.154 h [2000]). Esténdese entre os 47° e 45° de latitude N e os 13° e 17° de lonxitude L. A capital é Ljubljana.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O seu relevo é moi montañoso, con macizos e altiplanos separados por fosas tectónicas, cunha estéril meseta calcaria no sector oriental, atravesada por amplos vales. Ao NO, nos Alpes Xulianos, está o cumio máis elevado, o monte Trigla, que acada os 2.863 m de altitude. A fronteira setentrional fórmaa a cadea montañosa de Karawanken, que se estende en dirección NO-SL. A rede hidrográfica articúlase na súa maior parte a partir da conca do Danubio; destacan os ríos Drava, Sava e Mur. O seu clima é continental con veráns cálidos e temperados e invernos fríos, máis moderados na meseta. Na estreita franxa costeira o clima presenta características mediterráneas. A flora... -
SERRAS
Conxunto de montañas do extremo sudoriental dos Alpes, que marca o paso da serra alpina á chaira danubiana. Está formado polo grupo dos Karawanken, do que se desprenden o macizo de Pohorje e os Alpes Xulianos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Eslovenia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Eslovenia.
-
-
Individuo do pobo esloveno.
-
Pobo eslavo procedente dos Cárpatos, establecido dende a segunda metade do s VI na actual Eslovenia, e nas rexións de Istria, Carniola e Carintia.
-
-
Arte desenvolvida en Eslovenia. Durante as idades Media e Moderna desenvolveuse unha arte fundamentalmente relixiosa. No eido da arquitectura, o estilo gótico estendeuse dende a segunda metade do s XIII ata o s XVII. Entre outras obras cómpre destacar as igrexas de Kostanjevica (s XIII), de Crngrob (ss XIV-XV) e de Kranj (s XV). En Ljubljana destaca o castelo, reconstruído no s XVI. O barroco chegou ao país da man dos arquitectos italianos; no s XVII construíuse, entre outras, a catedral de San Nicolao, trazada por A. Pozzo. En Piran cómpre destacar as murallas do s XVI que conservan sete torres. No eido da escultura salientou F. Robba, de orixe italiana. No s XIX cómpre subliñar, na arquitectura, a obra de J. Plečnik (1872-1957) e os seus discípulos Ivan Vurnik, Edvard Ravnikar e Boris Prodecca. A pintura asumiu as tendencias de Austria e Alemaña; destacaron Anton Ažbe (1862-1905), retratista, e Ivana Kobilca (1861-1926). No s XX sobresaíron os impresonistas Ivan Grohar, Matija Jama,...
-
A cultura eslovena, antes da aparición da literatura escrita, era rica en tradicións poéticas orais. Nos ss X e XI apareceron os primeiros documentos literarios escritos, de carácter relixioso. As orixes da formación da literatura eslovena están ligadas ao movemento relixioso protestante do s XVI, no que destacaron as obras didácticas de Primož Trubar e a tradución da Biblia á lingua vulgar por J. Dalmatiu. A literatura profana xurdiu no s XVIII, coincidindo co renacemento cultural esloveno, con figuras como Valentin Vodnik (1758-1819), autor dunha gramática. Co romanticismo, que tivo o seu representante máis destacado no poeta France Prešeren (1800-1849), consolidouse definitivamente a tradición literaria eslovena. Entre os románticos, cómpre mencionar tamén o contista Fran Levstik (1831-1887), os poetas Simon Gregorčic e Simon Jenko (1835-1869), e Josip Jurčic (1836-1932), autor da primeira novela en esloveno, publicada en 1866. A finais do s XIX, o romanticismo foi...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de teatro independente creado en Vigo en 1969. Realizou numerosos espectáculos, entre os que destacan Milagro en el mercado viejo e Historias para ser contadas, de Osvaldo Dragún; Historias del zoo, de Edward Albee; Burul, de Italo Ricardi; La orgía, de Enrique Buenaventura; El vendedor, de Xosé Antonio Perozo; El vendedor del pez, de Miguel Cobaleda e La taberna y las tinajas, de José María Rodríguez Méndez. Con algúns destes títulos realizaron durante algún tempo unhas campañas denominadas mesón teatro, que se realizaban todos os sábados no Mesón Pepe, como resposta ao café teatro, de tipo máis comercial. En 1972 e 1973 organizaron as I e II Jornadas de Teatro de Vigo, respectivamente, e promoveron a organización das III Jornadas de Teatro de Vigo en 1973. Estes eventos supuxeron a presenza en Vigo de importantes compañías nacionais como Els Comediants, o TEI de Madrid ou a Compañía de Danza Contemporánea...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización estudantil creada en Santiago de Compostela en 1990. Ten como obxectivos, ademais do labor reivindicativo, a formación de asociacións xuvenís, a divulgación dos dereitos e deberes dos alumnos nos centros educativos, a organización de asembleas, conferencias e congresos (política educativa, política lingüística, etc) e a defensa dos alumnos galegos diante das diferentes administracións educativas. Foi a primeira forza estudantil de ensino secundario en Galicia con preto de 350 conselleiros escolares adscritos. Membro activo do Consello Escolar de Galicia e do Consello da Xuventude de Galicia, foi pioneira na celebración de encontros sobre política lingüística entre asociacións estudiantís, en colaboración co Colectivo de Estudiantes Vascos (CEV-EIK) e coa Associació de Joves Estudiants de Catalunya (AJEC). Integrouse na Unión de Estudiantes de España (UDE), e posteriormente no Colectivo de Asociaciones de Estudiantes Progresistas (CAEP), e no ámbito internacional pertence á...
-
PERSOEIRO
Raíña de Grecia, filla de Ernesto Augusto de Hannover e de Victoria Luísa de Prusia. Casou en 1938 co príncipe Paulo (despois Paulo I) de Grecia. Tralo golpe de estado de 1967 houbo de exiliarse.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor holandés. Axudante de Rembrandt, imitou o estilo do seu mestre nos retratos e nas pinturas relixiosas ata que na década de 1640 adoptou un estilo propio e se converteu no retratista da alta burguesía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Novela ou conto ilustrados que constan dunha serie de fotografías xustapostas cos textos dos diálogos e os comentarios correspondentes.
-
-
Cavidade pequena nun órgano.
-
Depresión central da mancha amarela ou mácula lútea da retina que se caracteriza por ser a zona coa máxima agudeza visual.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de variedades lingüísticas galorrománicas que se falan nunha rexión extensa ao redor de Lyon, Roanne, Saint-Étienne, Bourg, Pontarlier, Grenoble, Chambéry, Val de Aosta, Xenebra, Lausanne e Neuchâtel. A denominación de francoprovenzal foille dada por G. I. Ascoli en 1873. Entre os seus trazos lingüísticos cómpre dicir que o vocalismo é moi afín ao provenzal e o consonantismo máis acorde co francés. Así, no vocalismo destaca que o a tónico se conserva coma no provenzal, pero convértese en ie por influencia de palatal (pra ‘prado’ < lat PRATU); e o -u e -o finais permanecen como -o (desiro ‘quero’). No consonantismo son características as palatalizacións. Con respecto á morfoloxía cómpre destacar os posesivos (notron, votron) e a desinencia de copretérito (purt?avo ‘eu levaba’, mẽdøzivo ‘eu comía’). O léxico é moi conservador e mesmo se poden atopar voces...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada en Pontevedra a partir de abril de 1993. Exerceu como voceiro informativo da devandita entidade e contaba co apoio da Consellería de Cultura. No seu consello editorial figuraban Guillermo Campos, Xosé Mª García, Ramón Latas e Xosé Castro, quen se encargaba da coordinación e deseño. Ademais de datos culturais, centraba os seus artigos en aspectos biográficos do político ourensán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de carácter vangardista editada en Santiago de Compostela a partir de 1986. Coordinada por José A. Alonso, Suso Iglesias, Pepe Barro e Lois Rodríguez, recibiu o apoio da Xunta de Galicia e da Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP). Prestaba unha especial atención á fotografía e á pintura, e incluíu artigos relacionados co vídeo e a música.
-
CIDADES
Cidade do estado de California, EE UU, ao L de Long Beach (143.050 h [1990]). Forma parte da área metropolitana de Los Angeles, da que se converteu nun centro residencial.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (2.314 h [1996]). Dedicado maioritariamente aos cítricos. No secaño cultívanse oliveiras e ervellas de ceratonia. As actividades industriais son as derivadas da agricultura; aquí é tradicional a fábrica de alpargatas. Casal musulmán nas súas orixes, foi o señorío dos condes de Olocau e de Fenollet. Do patrimonio cultural destacan a igrexa barroca e o palacio dos Olocau.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Antropólogo. Investigador titular da Universidad Nacional Autónoma de México (UNAM) dende 1956, foi vicepresidente da Academia da Investigación Científica (1963-1964). Participou nas expedicións Ra I e II (1969-1970) e no 1973 organizou e dirixiu a expedición Acalli. Centrou as súas investigacións nos estudios de xénero e na análise da violencia e do racismo. Das súas obras destacan: El hombre entre la guerra y la paz (1968), Comportamiento y violencia (1976) e La Violencia en el país Vasco y sus relaciones con España (1986). Recibiu, entre outros galardóns, o Premio de Investigación de la Academia Mexicana de Ciencias (1961), o Premio Internacional da Paz (1968). Membro, entre outras, da American Anthropological Association, da Royal Anthropological Institute of Great Britain and Ireland e da Societé d’Anthropologie de Paris.
VER O DETALLE DO TERMO