"PS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 561.

  • Silicato de magnesio e calcio, de fórmula CaMg(Si2O6). Cristaliza no sistema monoclínico, con cristais prismáticos ou en masas granulares. A súa cor vai do branco ao verde claro e nas variedades ricas en ferro é verde intenso. Ten unha dureza de 5 a 6 segundo a escala de Mohs e unha densidade de 3,3 g/cm3, que aumenta co contido en ferro (substitutivo do magnesio). Forma coa hedenberxita unha serie completa de solucións sólidas. En Galicia hai xacementos na serra da Capelada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás dipsacáceas.

    2. Planta da familia das dipsacáceas.

    3. Familia de plantas, da orde das dipsacais, que comprende unhas 350 especies propias da zona euroasiática e sudafricana. En Galicia está representada polos xéneros Dipsacus, Knautia, Pterocephalus, Scabiosa e Sucisa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás dipsacais.

    2. Planta da orde das dipsacais.

    3. Orde de plantas, da subclase das lámidas, á que pertencen as familias adoxáceas, caprifoliáceas, dipsacáceas, sambucáceas e valerianáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas, da familia das dipsacáceas, ao que pertence a especie D. fullonum, denominada cardo peiteador ou cardencha, de capítulos formados por pequenas flores bilabiadas con catro estames. É unha planta bienal, de ata 200 cm de altura, de follas opostas, enteiras e cubertas de aguillóns. As inflorescencias rosáceas e espiñentas teñen forma oval e un tamaño de ata 8 cm.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘sede’, ‘necesidade de beber’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos dipsocóridos.

    2. Percebellas da familia dos dipsocóridos.

    3. Familia de percebellas semiacuáticas, de ata 3 mm de longo, de cor castaña, con antenas de catro segmentos (os dous primeiros máis curtos ca os dous segundos). Son propias das praias fluvias, onde viven entre as gravas. Na Península Ibérica están presentes as especies Cryptostemma maroccana e Pachycoleus pusillimus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Impulso morboso e irresistible polas bebidas alcohólicas de alta graduación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen padece dipsomanía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • dipsomaníaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao axente ou ao produto que provoca sede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno da percepción cromática que consiste nunha cegueira parcial para as cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dificultade na deglutición dos líquidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dixestión difícil e laboriosa de carácter crónico. Non expresa unha enfermidade, senón a percepción, no medio do ventre, de trastornos relacionados coa dixestión. As dispepsias son primitivas, comprenden os trastornos dixestivos altos de causas imprecisas, e secundarias, refírense aos trastornos da función gástrica orixinados na patoloxía dun órgano dixestivo ou en alteracións non dixestivas. Fanse dous grandes grupos: as hiperesténicas, en que o malestar non aparece ata que transcorreron unhas cantas horas desde a inxestión de alimentos, e as hipoesténicas, en que o malestar se manifesta cando o estómago está cheo de alimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Durancamps, foi discípulo de Joaquín Mir. Viaxou a Italia (1923) e instalouse en París (1926-1938), onde coñeceu a Picasso e Utrillo. A súa pintura evolucionou dende o impresionismo ao realismo. Cun debuxo sólido, as súas obras destacan polos contrastes de luces e sombras. Cultivou o bodegón, onde se achegou ao hiperrealismo, as paisaxes ao óleo e o tema taurino. Participou en diversas exposicións, entre outros lugares, en Barcelona, Madrid, Londres, Philadelphia e Bos Aires. A súa obra está presente, entre outras coleccións, na Galería Pitti de Florencia e na Colección Caixanova. En 1920 gañou a Medalla de Honra no concurso de Marsiera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rafael Duran i Camps.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo xeral dado por Hipócrates para designar a enfermidade que se caracteriza por ataques convulsivos, aumento da presión arterial, edema e perda do coñecemento, e que aparece xeralmente en nenos e mulleres preñadas.

    2. Afección propia das xestantes que se caracteriza por ataques convulsivos, inicialmente tónicos, nos que se produce unha diminución da frecuencia respiratoria e contraccións dos músculos da caluga, dos brazos e do tronco, que pode producir a morte por asfixia, seguidos de convulsións clónicas, con convulsións violentas dos membros. Na última fase, as convulsións cesan e a muller entra nun estado de coma. Outros síntomas da enfermidade son transtornos visuais, urinarios, cardíacos, dixestivos e respiratorios. A eclampsia aparece ao final do embarazo, durante o parto ou no puerperio. Vai precedida dun cadro chamado preeclampsia, que se caracteriza por diversos graos de albuminuria, hipotensión arterial, edemas, oliguria e transtornos como vertixe, diplopía, vómitos e cefalea, que aumentan progresivamente ata que se desencadea a crise. A eclampsia é máis frecuente nos embarazos de xemelgos e nas mulleres obesas, diabéticas ou de idade avanzada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de eclipsar ou eclipsarse.

    2. Aplícase ao astro do que só é visible unha metade que xorde dunha división ou dunha peza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Causar un astro a eclipse doutro.

    2. Facer que unha persoa ou unha cousa perda importancia ao interpoñerse outra que sobresae polas súas características ou calidades.

    3. olverse invisible un astro ao producirse unha eclipse.

    4. Sufrir alguén ou algunha cousa a perda do valor das súas calidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Escurecemento total ou parcial da luz que un observador recibe dun astro; sucede cando un segundo astro se interpón entre o astro en cuestión e o observador, ou cando o astro entra na sombra ou na penumbra doutro. As eclipses máis coñecidas popularmente son as do Sol e as da Lúa. As eclipses solares ou lunares son posibles grazas a dous motivos. Por unha parte, os diámetros aparentes do Sol e da Lúa son comparables, xa que os dous presentan un tamaño angular de medio grao aproximadamente, polo que é posible que a Lúa oculte total ou parcialmente o Sol. Por outra parte, o plano da órbita da Lúa ao redor da Terra está inclinado uns cinco graos respecto do plano da eclíptica, e, como consecuencia, só hai dous puntos, chamados nodos, en que a órbita da Lúa atravesa o plano da eclíptica. Deste xeito, cando a Lúa está preto dun destes nodos e o Sol está en conxunción con ela, acontece unha eclipse de Sol, isto é, unha ocultación do Sol pola Lúa; e cando a Lúa está preto dun nodo e o Sol está...

    2. Nasalización que afecta ao primeiro fonema dunha palabra nas linguas célticas.

    3. Desaparición total ou parcial de alguén ou de algo ou diminución da súa notoriedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desaparición dunha consoante, especialmente a central dun grupo de tres. Por exemplo, o latín PUNCTA dá lugar a punta, coa caída da consoante c.

    2. Figura retórica de dicción que consiste na fusión das consoantes final e inicial, cando son idénticas, de dúas palabras contiguas. Trátase dun correlato da sinalefa ou fusión de vocais no plano dos fonemas consonánticos.

    VER O DETALLE DO TERMO