"Rin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1743.

  • Baile libre vasco que é interpretado co chistu e co tamboril, ou ben co acordeón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe antiga procedente de Muros, dende onde se espallou a Vigo e Gondomar. Membros desta caste emparentaron con outras familias nobres, como a dos Troncoso. As súas armas levan, en campo de prata, dez panelas de sinople, postas en tres paos, con catro o do centro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deusa solar hitita que aparece nos relevos rupestres de Yazilikaya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espacio rodeado con estacas situado no leito do río para pescar, e no que se recolle o peixe despois da subida da marea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cabo moi fino feito con nailon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Santiago de Compostela baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo da orde dos dominicos. Foi profesor de Ciencias Naturais (1886-1898) e de Teoloxía no convento dominico de San Estebán de Salamanca, e despois en Roma. Interesado primeiramente pola apoloxética (El diluvio universal, demostrado por la geología (1891) e La evolución y la filosofía cristiana), rematou por se dedicar á especulación mística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘carreiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Un dos principios fundamentais da estática de fluídos, polo que un corpo somerxido nun fluído é afectado por unha forza ascensional (impulso de Arquímedes) aplicada ao metacentro igual ao peso do fluído desaloxado. Se se supón que o corpo e o líquido son homoxéneos e de pesos específicos γ1 e γ2, chámaselle P ao peso do corpo, e F á forza ascensional, cúmprese que P = Vγ1 e F =Vγ2, onde V é o volume do corpo. Se P > F, o corpo afúndese. Se P = F, o corpo nada entre dúas augas, e se P < F, o corpo flota. En todos os casos o peso do corpo medido dentro do fluído é P - F.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • arrancadeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer nun curruncho, apartar a un lado.

    2. Perseguir a alguén ou algo ata un lugar de onde non vai poder saír.

    3. Non facer caso a unha persoa, cousa ou feito e relegala ao esquecemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: arranque.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro feminino situado na parroquia de Asadur, no actual concello de Maceda. Tivo como ilustre membro da súa comunidade á infanta dona Ximena, filla de Ordoño II e da Raíña Elvira. Sabemos da súa presenza no cenobio de Asadur por un documento de 935 conservado no tombo de Celanova. Este mosteiro conta cunha colección de pergameos, hoxe en día gardada no Arquivo da Catedral de Ourense, e composta de 31 documentos en lingua latina e romance datados entre os anos 1191 e 1542. Esta colección foi editada por Emilio Duro Peña en 1973.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido en Nápoles por Carlos V en 1532 a Antonio de Leiva y Hurtado de Mendoza, marqués de Atella e conde de Monza, que estaba casado con Castellana de Vilaragut. A grandeza de España xa lle fora outorgada no 1530. Coa morte do sexto titular o principado reverteu á Coroa. En 1679, Carlos II concedeulle o ducado de Áscoli aos Marulli.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor e investigador da literatura portuguesa e hispánica. Doutourouse na Universidad de Madrid en 1928 cunha tese sobre Francisco de Quevedo. Ampliou os seus estudios nas universidades da Sorbona e de Berlín e acudiu como profesor convidado a diversas universidades de Europa e EE UU (Cambridge e Lisboa). Foi académico honorario da Real Academia Española e en 1991 recibiu o Premio Príncipe de Viana. Os seus estudios literarios centráronse particularmente na época do Humanismo, na literatura do s XVII e na poesía medieval. Estreouse cun ensaio anovador sobre o Erasmismo que obrigou a reconsiderar a tese de Marcel Bataillon Erasmo y España. Non tivo menos repercusión no eido doutrinal o seu libro La España imaginada de Américo Castro. Entre as publicacións dedicadas á literatura portuguesa destaca a súa obra Estudios portugueses e a edición da Comédia Eufrosina de Jorge Ferreira de Vasconcellos. Ademais, abriu novos camiños no coñecemento de Gil Vicente,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oficialmente constituída en 1894, sendo o seu principal promotor e organizador Alfredo Brañas. A de Cambados foi a asociación pioneira dentro do societarismo mariñeiro propiamente dito, e o seu regulamento foi a base de organizacións posteriores. Dun marcado carácter confesional, agrupaba no seu seo a pequenos armadores e mariñeiros (sociedade mixta). Xorde como resposta á desaparición forzosa dos Gremios do Mar (1864); reclamando e continuando a función benéfica e a ordenación dos recursos que os Gremios viñan realizando. A sociedade mariñeira de Cambados inaugurou un novo tipo de sociedade, adoptando funcións que anteriormente eran dos Gremios, tales como os servicios mutualistas, de cooperativa e de sociedade de crédito (para a compra de aparellos e demais útiles para a pesca).

    VER O DETALLE DO TERMO