"SS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1221.
-
PERSOEIRO
Actriz. Graduouse na escola de drama da Universidade de Yale. Traballou en Broadway e en numerosas teleseries americanas. Foi nominada ao Oscar pola súa interpretación en What’s love got to do with it (Tina, 1993). Rodou tamén as películas F/X (F/X: efectos mortais, 1986), City of hope (A cidade da esperanza, 1991), Malcolm X (1992) e Contact (Contacto, 1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do estado de San Cristovo e Nevis, no SL da illa de San Cristovo, no arquipélago das Pequenas Antillas (18.000 h [1995]). Os franceses establecéronse alí en 1627. Polo tratado de Versailles de 1783, pasou a dominio británico. Dende o 19 de setembro de 1983, data da independencia de San Cristovo e Nevis, é a capital do estado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Naturalista italiano. Demostrou por primeira vez en 1835 que as enfermidades se contaxian pola presenza de microorganismos no ser humano ou noutros animais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Física italiana. Formada na Universidade de Boloña. Despois de recibir o doutorado en Filosofía en 1733, continuou estudiando Mecánica, Hidraúlica, Anatomía e Historia Natural. Foi a primeira muller en ocupar a cátedra de Física na universidade e deu clases de Física experimental dende 1745 ata 1778.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico italiano. Foi introdutor dunha técnica clásica de tratamento das hernias inguinais coñecida como operación de Bassini.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
tutsi.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en Múnic en 1759 como Kurfürstliche Bayerische Akademie (Academia dos Príncipes de Baviera). Está dividida en dúas clases ou seccións e comprende trinta e cinco comisións científicas e institutos de investigación.
-
PERSOEIRO
Crítico, ensaísta e filósofo finlandés. Estudiou na Universidade de Moscova. Integrado nos ambientes revolucionarios, dedicouse á creación literaria e á actividade crítica. Logo dunha época hegeliana, converteuse nun apaixonado materialista que fundou a estética e a crítica realistas. Contrario á arte pola arte e ao intimismo romántico, defendeu a explicación sociolóxica da evolución da arte, o condicionamento do home polas súas circunstancias, o compromiso da literatura e a atención ao espírito do pobo e ás súas fontes literarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Estableceuse desde moi novo en Barcelona, onde estudiou na Escola de Belas Artes. En 1916 trasladouse a París. Traballou tamén nos EE UU, Bélxica, Italia e na India. A súa pintura é dun aristocratismo sensual e decadente, como se amosa na súa obra La maja marquesa. Foi tamén un retratista de prestixio (Retrato de Rodolfo Valentino).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político alxeriano. En 1946 foi elixido secretario xeral do Mouvement pour le Triomphe des Libertés Démocratiques (MTLD) e en 1955 adheriuse á Front de Libération Nationale (FLN). Foi ministro de Asuntos Sociais do goberno da República Alxeriana no exilio entre 1958 e 1960 e, en 1961, substituíu a Ferhat Abbas como xefe do goberno provisional. Arrestado en 1964, Ben Bella obrigouno a exiliarse e non volveu a Alxeria ata 1976. Debido á súa oposición ao socialismo crecente do réxime de Boumedienne, foi encarcerado de novo ata 1979.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora sueca que asinaba baixo o pseudónimo Ernst Ahlgren. Autora de novelas realistas como O diñeiro (1885) e A señora Mariana (1887), escribiu tamén un Diario e algunhas novelas curtas onde destacaba a narración de costumes, tituladas Fran Skåne (Páxinas de Escania, 1884) e Folkliv (Vida popular, 1887).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta islandés. Publicou os poemas patrióticos Sögur og Kvaedi (Narracións e poemas, 1897). Evolucionou cara a unha visión máis filosófica en oposición ao realismo na súa obra Hafblik (Luz de mar, 1906).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, ao S da cidade de València, formando parte da súa conurbación (13.961 h [1996]). O termo esténdese ao O do antigo camiño real de València a Alacant. A maior parte da poboación activa (o 49%) ocúpase no sector servicios. A industria acolle ao 44%: é un sector moi diversificado, con empresas das ramas da madeira, alimentaria, metalurxia, calzado, téxtil e confección, maquinaria, coiro, papel, caucho e química. Seguindo a tendencia das vilas que rodean València, a poboación incrementouse considerablemente pola chegada de inmigrantes, dende os 1.216 h de 1910. Os momentos de maior incremento foron as décadas de 1940 e de 1960. Na vila atopáronse varios restos romanos, aínda que a súa orixe é musulmana. Despois de ser conquistada polos cristiáns no s XIII, foi doada aos cabaleiros de Montpellier, permanecendo baixo o seu señorío ata 1351, que pasou a Giner de Rabassa. Do seu patrimonio arquitectónico destaca a igrexa de La Mare de Déu...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor sueco. Destacou polos seus ensaios sobre figuras históricas como Karl XII: s levnad (A vida de Carlos XII, 1935-1936). É tamén autor de poesía, como a obra Legenden om Babel (Lendas de Babel, 1925).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Castelló de la Plana, na Comunitat Valenciana, situado na comarca da Plana (9.913 h [1996]). A súa costa ten dous sectores diferenciados: un areoso, ao S, e outro rochoso, ao N. O interior é un sector montañoso que culmina no pico Bartolo, de 736 m de altitude. O 50% da superficie do concello dedícase á explotación forestal. En canto á agricultura, os principais cultivos son hortalizas, cítricos, vide e oliveiras. As actividades industriais céntranse nos sectores téxtil, alimentario, madeireiro e papeleiro. As praias do seu litoral convertérono nun núcleo turístico no que proliferaron sobre todo as segundas residencias. Situado nun eixo natural de comunicación (a estrada de València a Barcelona pasa por alí), atopáronse restos romanos e dun casarío dos tempos da dominación islámica. En 1603 outorgóuselle a carta de poboamento. Entre o seu patrimonio monumental destaca a igrexa de Sant Tomàs de Villanueva (s XVIII) e as ruínas do castelo de Montornès.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana, no NL da comarca da Marina Alta (9.154 h [1996]). A súa situación, entre a serra de Bèrnia e o Mar Mediterráneo, produce un contraste natural cara ao turismo, a principal actividade económica da vila. Nos 4 km do seu litoral altérnanse os treitos de praia cos acantilados. Nas súas calas pódense tomar baños de mar e de sol ou practicar deportes acuáticos e náuticos (ten porto deportivo). No interior, pódense practicar deportes de natureza. Hai tamén clubs de hípica e de golf. A orixe da vila é musulmana. Trala expulsión dos mouriscos dos reinos da coroa de Aragón en 1609 foi repoboada con colonos cristiáns. Entre o seu patrimonio monumental destacan o antigo hospital (hoxe casa do concello) construído en 1790, a lonxa renacentista do s XV, onde se celebraban transaccións comerciais e as reunións do consello municipal, a igrexa de La Puríssima Xiqueta e de Sant Pere Apóstol, de estilo neomedieval (1902-1929), e o pazo señorial dos Torres-Orduña.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, na comarca do Camp de Túria (1.672 h [1996]). A agricultura é a base económica do concello; a expansión do regadío grazas á auga do Túria eliminou os cultivos tradicionais de secaño. Os cultivos máis estendidos son a laranxeira, a cebola e outras hortalizas. Tamén é importante a avicultura. A igrexa parroquial é gótica con artesoado mudéxar. O castelo señorial, da segunda metade do s XV, foi construído por Lluís de Vilarasa, gobernador xeral de València.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de escena e investigador teatral. É profesor universitario na Universidade de Columbia. Realizou numerosas traducións da obra de Bertolt Brecht. Tamén exerceu, como Kenneth Tynan, a crítica teatral durante un breve período de tempo, o suficiente para crear escola e sentar as bases do oficio. Posteriormente publicou diversos estudios, entre os que hai que destacar La vida del drama (1982) ou What is theatre? (Que é o teatro?, 1984), onde recolle unha boa parte da súa crítica teatral.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Navegante danés. Ao servizo de Rusia explorou a costa setentrional de Siberia (1725) e, nunha segunda expedición, atravesou o mar e o estreito (1728) que levan o seu nome. Tamén descubriu (1741) as illas Aleutianas, a illa de Kodiak e a península de Alasca. Naufragou preto da illa de Avača, co tempo chamada illa de Bering.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de dinosauros da orde dos crocodilianos, propios de principios do Cretácico. Estes crocodilos podían acadar ata 60 cm de lonxitude e presentaban dentes frontais longos e bicudos, e traseiros anchos e planos.