"Santa María" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 234.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Vilar de Santos. De estilo románico na súa orixe, da fábrica primitiva só conserva as portadas románicas das fachadas principal e meridional. A porta principal ten arco apuntado con catro arquivoltas e a porta sur é de medio punto con dobre arquivolta. Sufriu reformas e foi agrandada no s XX. Nas súas proximidades celébrase a romaría de San Bieito.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro dúplice situado en Coles. Documéntase nunha doazón que don Munio e a súa dona Elvira fixeron ao mosteiro o 8 de marzo de 986. O 24 de marzo de 1003 foi doado a Celanova polos seus donos.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Val do Dubra. Realizada en granito durante o s XIII, ten unha nave e ábsida rectangulares. Destaca a ventá da cabeceira, de estilo románico e enmarcada por un arco de medio punto, cunha arquivolta axadrezada, e dúas columnas con capiteis vexetais. A sancristía, pegada ao muro meridional, é da época da restauración da igrexa (1646).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Monforte de Lemos. Ten unha soa nave e ábsida rectangular. No interior destacan os arcos de medio punto e un retablo con imaxes do s XVIII. Mantén a portada orixinal románica con dúas arquivoltas; unha apoiada nunha xamba e a outra, nunha columna. A espadana é de dous corpos con dous vans.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro situado en Rascafría (Madrid). Fundado en 1390 por Xoán I, foi incorporado á orde cartuxa e contribuíu coas súas fundacións á difusión desta en Castela e Andalucía. Doado aos monxes de Valvanera (Logroño) en 1954 e 1957, chegou a ser priorado beneditino independente. Desde entón tivo unha relación intensa con Montserrat. Foi declarado BIC en 1876.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Pazos de Borbén. Ten planta basilical e ábsida con bóveda de canón, liña de imposta e arco triunfal de medio punto. A nave, composta de catro tramos, cóbrese con bóveda de canón e arcos faixóns de medio punto, que descansan sobre ménsulas. A fachada ten unha porta arquitrabada cun frontón triangular e espadana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro cisterciense situado en Penamaior (Becerreá). A súa orixe, discutida, pode remontarse ao s XI ou ben a mediados do s XII. En 1188 dependía do mosteiro leonés de Carracedo e en 1225 era abadía da orde do Císter. Desde entón e ata 1506 ampliou o seu patrimonio. Integrouse na Congregación de Castela en 1506 como unha pequena comunidade ata a súa desaparición. Está situado nunha vía secundaria do Camiño de Peregrinación a Santiago. Consérvase a igrexa, construída no s XII, en estilo románico. Ten planta basilical con tres naves divididas en catro tramos e rematadas en ábsidas, semicirculares as laterais e poligonal a central. Estas, cóbrense con bóvedas de medio canón rematadas en casca. As naves laterais sepáranse da central por piares cruciformes con capiteis decorados con motivos vexetais. A fachada, reformada no s XVII, conserva a portada primitiva, composta por dúas arquivoltas semicirculares, que arrancan das columnas acobadeladas nas xambas e que teñen o seu interior...
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Monforte de Lemos. Construída en estilo románico, realizouse con muros de cantaría, e a portada principal leva un arco de medio punto. A torre do campanario está separada do templo e presenta planta cadrada e muros de cachotaría.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Merca. Orixinalmente foi unha capela do s XVII, que se ampliou durante o s XX. No seu interior conserva o retablo maior do s XVIII coas imaxes de san Bertomeu e da Virxe co neno, de comezos do s XVII. Na fachada destaca a espadana, datada en 1861.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Chantada. Pertenceu a un mosteiro de monxas beneditinas do que só se ten noticias da súa anexión a San Paio de Antealtares (s XV). De estilo románico, segundo diversas inscricións foi remodelada en 1121. Ten planta rectangular con ábsida semicircular, con tramo recto e bóveda de canón e arco faixón. A nave cóbrese con madeira. No interior destacan as pinturas murais da cabeceira (s XVI) con imaxes da Anunciación, a Resurrección e o Xuízo Final. Foi declarada BIC en 1950.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Vila de Cruces. Construída no s XV, ten planta basilical cunha nave e dúas ábsidas, cuberta toda ela con bóveda de canón. O arco triunfal apóiase sobre columnas cuadrangulares, integradas nos muros. No exterior destaca a torre campanario dividida en tres corpos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Vila de Cruces. Foi un dos beneficiados polo reparto das salinas de 956, realizado a consecuencia do litixio sostido polo conde Pelaxio González e a súa irmá contra uns usurpadores de territorios situados en Salnés.
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Tarragona, Catalunya (1.669 h [2001]). Os cultivos principais son os cereais, a viña e as amendoeiras. Destacan as industrias dos plásticos, cosméticos, mobles e metalurxia.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Pontevedra. Datada na segunda metade do s XII, ten unha soa nave e ábsida rectangular con dous arcos faixóns de estilo románico tardío e cuberta cunha bóveda de canón. Conserva elementos románicos en dúas portas laterais.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Vedra. Construíuse ou reedificouse no s VIII por orde de Odoario, bispo de Lugo. De estilo románico, ten planta rectangular cunha ábsida semicircular cuberta con bóveda de canón rematada nun cuarto de esfera. O arco triunfal é lixeiramente apuntado. No muro sur engadiuse unha capela con bóveda oxival de cinco claves, posiblemente do s XVI. No interior destacan os frescos do s XVI do arco central que representan a Anunciación. No exterior destaca a espadana con remate triangular.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada nas Pontes de García Rodríguez. Datada entre os ss XVI-XVIII, ten planta rectangular e tres naves cunha sancristía engadida no lado sur. As capelas laterais cóbrense con bóveda de cruzaría e a central cunha bóveda estrelada. A fachada ten unha porta arquitrabada con ventás rectangulares e circulares, e está enmarcada baixo un frontón partido coa imaxe da Virxe. Destaca a torre-campanario (1759) formada por dous corpos e rematada nunha cúpula.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada en Pontevedra. Foi edificada co patrocinio do Gremio de Mareantes. A primeira etapa de construción corresponde aos anos 1520-1540, período en que foi o seu responsable Diego Gil, que fixo a obra en estilo gótico renacentista. Continuaron a obra Cornielles de Holanda e Juan Noble, sobre todo na fachada. Posteriormente tomaron as obras Domingo Fernández, baixo dirección de Juan Pérez, e a partir de 1571 o arquitecto portugués Mateo López, que a finalizou. Ten planta basilical con tres naves de diferente altura e estilo, xa que as laterais son tardogóticas e a central ten predominio da linguaxe renacentista. Cóbrese con bóvedas de cruzaría. O retablo maior, realizado en madeira de castiñeiro e nogueira, é obra de Maximino Magariños. Destacan as capelas do Bon Xesús, da Concepción e do Corpo Santo. A fachada occidental é obra de Cornielles de Holanda e Juan Noble (1541), de estilo plateresco e con tres rúas, rosetón central e abundante decoración escultórica, da que destaca o...
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Porqueira. Construída no s XVIII en estilo barroco, era unha igrexa de padroado real. Conta cunha soa nave con cruceiro, e con tres capelas, e presbiterio, todo cuberto con bóveda de canón. No seu interior destacan o retablo maior e os colaterais, obras rococó datadas en 1798. A parede da cabeceira, que non encheu o retablo, cubriuse a finais do s XVIII con pinturas murais neoclásicas que representan grandes columnas de fuste liso para dar a sensación dunha arquitectura que sostiña o taboado sobre o que se continuaría o retablo con cinco fornelas coa representación de san Martiño e dos catro doutores da Igrexa. A fachada ten catro falsas faixas, porta arquitrabada e unha espadana de dous ocos e grandes molduras.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no Porriño. No seu terreo existiu un antigo edificio construído no s XVI baixo a advocación de san Xurxo. En 1778 tiña a advocación da Nosa Señora do O e en 1809 xa tiña a denominación de Santa María baixo a advocación da Purísima Concepción. En 1909 comezaron as obras de reedificación da nova igrexa, baixo un deseño de Manuel Felipe Quintana Ochaita, que se inaugurou en 1913. Construída en estilo neogótico, aproveitouse da antiga igrexa a fachada, na que se abriron inferiormente dúas estreitas fiestras e se substituíu a portada e a fornela por unha porta rematada nun arco apuntado que acubilla unha vidreira gótica. Substituíuse tamén a fiestra rectangular por un óculo e levantouse o corpo superior de remate en vertical. Aproveitouse o primeiro corpo da antiga torre e fíxose de novo o segundo. Ten planta de cruz latina cunha única nave, cruceiro e unha soa ábsida poligonal. Os tres tramos da nave, os laterais do cruceiro e o corpo que precede á ábsida, cóbrense...
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Portas. Datada no s XII, conta con engadidos posteriores. Conserva un retablo barroco do XVIII no centro do presbiterio. Da súa primeira etapa románica destacan uns vans flanqueados por columnas con capiteis historiados, unha serie de canzorros no aleiro e dúas figuras de san Pedro e san Pablo na entrada ao adro.
VER O DETALLE DO TERMO