"Santiago" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 262.

  • GALICIA

    Gravador, pintor e debuxante. Tratou temáticas variadas arredor do home e dos seus problemas co mundo actual cun humor amargo. Evolucionou desde unhas composicións xeométricas cara a unha nova figuración. Membro da Asociación de Creadores Plásticos Compostelanos, recibiu o segundo premio e a medalla de prata na I Bienal de San Carlos (València) en 1974 e o primeiro premio e a medalla de ouro da II Trienal de Arte de Santiago de Compostela en 1979.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Lugo. Construída en estilo románico rural durante a segunda metade do s XII, foi reformada nos ss XVII e XVIII. Ten planta rectangular, con muros de cantería de granito e ábsida cuberta con bóvedas de canón e cuarto de esfera. Destaca a súa torre-campanario de dobre corpo, cuberta con cúpula en forma de esfera, os canzorros dos muros no exterior e o cruceiro da entrada, realizado en cantería. A fachada principal, con portada arquitrabada e frontón historiado cunha imaxe do Apóstolo Santiago, reformouse durante o Barroco (comezos s XVII). No interior destacan os retablos barrocos e as esculturas de Santiago Peregrino, san Xosé, san Pedro e da Inmaculada. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1982.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Malpica de Bergantiños. Pertenceu a un antigo mosteiro bieito homónimo (s X), e desde 1499 dependeu do mosteiro de San Paio de Antealtares, aínda que tamén estivo vinculada a Santa María de Cambre, San Martiño Pinario e á colexiata da Coruña. Orixinaria do s XII, na súa construción diferéncianse tres fases: unha primeira prerrománica, da que se conservan as tres naves separadas por pilastras; unha románica, na que se construíron as tres ábsidas -semicirculares as laterais e pentagonal a central- e unha terceira barroca, que afectou á remodelación da   fachada (s XIX), na que se destacou o corpo central sobre os laterais. Destaca especialmente o seu campanario. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1979.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Chile (15.349 km2; 6.189.964 h [estim 2001]). A súa capital é Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Guia de Peregrinos

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Castro de Rei. Foi reconstruída no s XVIII polos donos da casa señorial do Pacio, inmediata ao templo. De planta rectangular, está realizada en cantaría e cachotaría con cuberta de lousa. No seu interior destaca o arco triunfal de medio punto que dá acceso á capela maior de planta rectangular. O retablo maior é neoclásico, igual ca os dous laterais. Na fachada principal destaca a porta con molduras e na parte alta o frontón con tres escudos. A espadana é barroca con dous vans e remate.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor e director teatral. Foi un dos membros fundadores de Artello, onde desenvolveu a súa traxectoria profesional no campo da interpretación, a produción e a dirección de escena, realizando os espectáculos Gulliver FM, Gran Venta 10º Aniversario, Batea e A matanza dos Seixas. Tamén dirixiu Almas perdidas, coprodución do Centro Dramático Galego e Artello; After Shave, de A. R. Reixa; e Mangantes, da compañía de teatro infantil TBO. Desde 1994 traballou como actor e director na compañia Teatro Alla Scala 1:15, centrada no teatro de monicreques e obxectos, con espectáculos como A de libro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Centrou os seus estudos na Antigüidade e interesouse especialmente pola Historia da Filosofía Antiga, a Historia das Relixións e o mundo oriental clásico. Publicou Sobre la ciencia española (1931), Alejandro Magno (1944) e Diego Gelmírez: Historia de una fama (1965). Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e recibiu a medalla de ouro da Universidad Complutense de Madrid (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. De formación autodidacta, cultivou o debuxo e a pintura de paisaxes, bodegóns, nus e retratos nun estilo impresionista. Entre 1978 e 1985 a súa obra calificouse de construtivista e desde entón achegouse ao expresionismo abstracto para orientarse despois cara á abstracción pura. O seu trazo é amplo e enérxico e o cromatismo sobrio. Destaca o seu libro de debuxos Calles y rincones de Vigo (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Ecuador (33.930 km2; 113.300 h [2001]). A súa capital é Macas (18.459 h [1995]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo da catedral de Santiago de Compostela, fundado en 1943. Creado para mostrar os achados atopados na basílica, está situado no claustro, na Sala Capitular, na Biblioteca, na sala do Tesouro e na cripta baixo o pórtico da Gloria. Entre os seus fondos conta con mostras arqueolóxicas, pintura, escultura, ourivaría, tapices, alfombras, roupa litúrxica, cerámica e mobiliario. Entre outras pezas destacan o coro pétreo do mestre Mateo, o Santiago peregrino de Xosé Gambino e os botafumeiros do s XIX. Na Biblioteca consérvanse o Codex Calixtinus ou Liber Sancti Iacobi, os tombos, a Historia Compostelana e documentos de grande importancia para a historia de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade municipal situado no antigo convento de San Domingos de Bonaval en Santiago de Compostela. Inaugurado en 1963, a súa colección acolle restos arqueolóxicos, obxectos e roupa litúrxica, mobiliario e pinturas e esculturas galegas, doadas, na maioría dos casos, polas familias dos seus autores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ofrenda que realiza o xefe do estado de España, ou unha persoa en que delegue, ao Apóstolo Santiago o día da súa festividade, o 25 de xullo. Foi instituída en 1643 por Filipe IV, realízase durante a celebración da Eucaristía e a ofrenda é respostada polo arcebispo compostelán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Presbítero e escritor ascético. Foi capelán do mosteiro da Visitación en Madrid. Publicou   Complemento a La vida feliz, El reinado de Jesucristo (1890), Tesoros del Corazón de Jesús e La vida feliz (1895), onde trata as virtudes cristiás e os seus vicios opostos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • orde de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Biólogo. Profesor titular na Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela e especialista en botánica, escribiu as obras A Alameda: Xardín pacego de Santiago (1986), Estudio fitosociológico de los jarales de Cistus ladanifer L. de las cuencas de los ríos Bibei y Casaio (1982) e Catálogo da flora vascular do Concello de Carnota (A Coruña) (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Cesuras. Datada no s XVII, ten planta rectangular cunha soa nave e ábsida rectangular. Entre a nave e o presbiterio hai dous arcos de medio punto. No interior destaca un retablo barroco de madeira policromada dedicado ao Apóstolo Santiago. Ten o campanario illado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Padroado fundado para a defensa da imaxe do Apóstolo Santiago como patrón de España. A súa orixe vinculouse ao s IX e desde o s XII desenvolveu un perfil militar, como consecuencia da fundación da orde militar de Santiago. Tradicionalmente, a súa defensa vinculouse aos grupos sociais máis conservadores, mentres que os liberais optaban por un padroado estatal encabezado por santa Tareixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Padrón. Edificouse sobre un antigo templo románico do s XII construído polo bispo Xelmírez, e con posterioridade substituíuse por outra igrexa de estilo gótico, en tempos do bispo Lope de Mendoza, que tampouco se corresponde co edificio actual. No s XIX reedificouse en estilo neoclásico. Do templo románico consérvase unha inscrición do Evanxeo situada nun dos muros da nave, e un púlpito gótico. Ten planta única de cruz latina. Na fachada destacan catro pilastras xónicas que sosteñen o frontón. No seu interior, debaixo do altar maior, destaca o pedrón no que a lenda conta que os discípulos de Santiago ataron a barca cos restos do Apóstolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Observador meteorolóxico. Foi instrutor de voo de Aviación Civil e instrutor e inspector de Mercancías Perigosas da Federal Aviation Administration en EE UU. Desde 1986 realiza as predicións meteorolóxicas na TVG. Escribiu Guía meteorológica del Camino de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO