"Sar" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 930.

  • PERSOEIRO

    Duque de Savoia e rei de Sardeña (1730-1773). Fillo do Rei Víctor Amadeo II. Intentou defender os dereitos do estado fronte á Igrexa. En 1738, durante a Guerra de Sucesión de Polonia, aliouse xunto a Francia e España contra Austria. Na Guerra de Sucesión de Austria (1742-1748), sen embargo, aliouse con Austria fronte a España, polo que conseguiu os territorios de Novara, Tortona e algúns distritos do Milanesado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar. Organizador da Revolución do 25 de abril de 1974, foi xefe do Comando Operacional do Continente (COPCON), da rexión militar de Lisboa e membro do Conselho da Revolução. Participou en novembro de 1975 nun intento de golpe militar de esquerda e foi arrestado e apartado do exército. Candidato á presidencia da República (1976 e 1980), en 1984 foi acusado de ser o inspirador do grupo revolucionario Forças Populares-25 de Abril, polo que o condenaron a quince anos de cárcere en 1987. Conseguiu a liberdade en 1989 e indultárono en 1995. Publicou as obras: Cinco meses mudaram Portugal (1975), Alvorada em Abril (1977), O povo é quem mais ordena (1977), Projecto de unidade popular: a organização da força de unidade popular (1980) e Acusação e defesa em Monsanto (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unir dúas persoas en matrimonio. Na tradición oral recóllense ditos como: “Antes de casar ter casas en que morar, terras en que traballar e viñas que podar. Ben ou mal casarme han; mal ou ben, non sei con quén. Casar a moza co vello non é bo consello. Casar, bo é de facer, pero é malo de roer. Casar de mociños, e andar esfarrapadiños, i encher a casa de meniños. Casaron a Xan con Sabela; se ruín é el, pior é ela. Pra mal casar, val máis solteiro estar. Quen casa unha filla gana un fillo; quen casa un fillo perde o fillo”.

    2. Dispor un superior o casamento de alguén que está baixo a súa autoridade.

    3. Emparellar ou facer coincidir unha cousa con outra.

    4. Contraer matrimonio.

    5. Unirse dúas ou máis cousas de maneira que coincidan perfectamente ou que formen un conxunto harmónico.

    6. Estar en perfecta harmonía ou correspondencia dúas ou máis persoas ou cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anular unha sentenza mediante un recurso de casación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante do apelido Casal. Documéntase no s XV: “Juan de Casar” (doc ano 1481 en X. Ferro Couselo A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, vol I, 1967, p 179).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura (4.753 h [1996]), situado ao N da cidade de Cáceres, na conca do río Almonte. A súa economía baséase principalmente na agricultura, na gandería e nunha certa actividade industrial que abrangue construcións metálicas, madeira e industrias alimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Málaga, Andalucía (2.600 h [1996]). Sitúase na conca do río Guadalhorce e forma parte da serra de Tolox. A agricultura, sobre todo o cultivo de cereais, e a gandería bovina son as súas principais actividades económicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Celanova baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ramirás baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Casa pequena e algo desfeita ou en ruínas.

    2. Aldea pequena onde as casas están construídas con materiais de baixa calidade e algunhas medio arruinadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cerdido baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Málaga, Andalucía (3.206 h [1996]), accidentado pola Sierra Bermeja e drenado polos ríos Manilva e Guadiaro. A economía é agrícola e gandeira, aínda que tamén explotan canteiras de mármore. Existen restos dun castelo e dos baños romanos de La Hedionda e Fuente Santa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma plural correspondente ao apelido Casar. Documéntase no s XV: “Rodrigo dos Casares” (doc ano 1425 en J. I. Fenández de Viana y Vieites Colección diplomática del monasterio de Santa María de Ferreira de Pantón, 1994, p 185).

    2. Liñaxe natural de Gipuzkoa moi enraizada nas terras galegas. As súas armas levan escudo acuartelado: primeiro e cuarto cuartel, de prata, cun xabaril pasante de sable; segundo e terceiro, de goles, cun castelo de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Botánico, fillo de Antonio Casares Rodríguez. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1894), ingresou posteriormente no Instituto de Higiene Militar onde ideou un novo método de tinxidura de cilios de bacterias. Foi a París, Berlín e Londres para estudar a vacina antitífica que aplicou nas campañas militares españolas en Marrocos. Traballou en distintos laboratorios botánicos europeos, principalmente en Alemaña e Inglaterra, e abordou o estudo dos briófitos peninsulares. En 1928, despois de acadar o grao de coronel médico, trasladouse á Coruña como director do Hospital Militar. Publicou o libro Flora Ibérica. Briófitos (1919), dedicada ás hepáticas, e en 1932 editouse, postumamente, o segundo volume desta obra dedicado aos mofos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Químico, fillo de Antonio Casares Rodríguez. En 1884 licenciouse, simultaneamente, en Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela e en Ciencias Químicas na de Salamanca. Doutorouse en Madrid en 1887 e, en 1888, obtivo a cátedra de Técnica Física e Análise Química na Universitat de Barcelona. Entre as súas publicacións destacan as dedicadas á análise do fluor, do bromo e de varias augas minerais de Galicia. Foi membro da Junta para Ampliación de Estudios e presidente dos institutos Alonso Barba e Santa Cruz do CSIC. Recibiu o premio de química da fundación Juan March e foi nomeado doutor honoris causa por diferentes universidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e crítico literario. Pasou a súa infancia en Xinzo de Limia por causa do traballo do seu pai, que era mestre. En 1952 trasladouse a Ourense para estudiar o bacharelato no Seminario Conciliar. Alí, por vez primeira, viviu represións, como a prohibición de falar galego, e descubriu a literatura galega e a propia vocación literaria. En 1959, dous anos despois de abandonar o seminario, gañou o primeiro premio do Concurso Provincial de Cuentos de Navidad, feito que lle deu a posibilidade de coñecer a Vicente Risco, quen o orientará cara ao galeguismo. En 1961 comezou os estudios de filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1967. Foi daquela cando empezou a relacionarse con núcleos estudiantís galeguistas e iniciou a súa amizade con Ramón Piñeiro. No ano 1967 detívoo a policía xunto co profesor José Luís Aranguren. Nos anos sesenta asistiu a algunhas xuntanzas do Consello da Mocidade e en 1964 integrouse na Asociación Democrática de Estudiantes....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico pediatra e político, irmán de Carlos Casares Mouriño. Parlamentario na V lexislatura (1997) no grupo socialista do Parlamento galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e político republicano. Estudiou dereito na Universidade de Santiago de Compostela para despois instalarse na Coruña, onde desenvolveu a súa carreira profesional e política. Foi avogado e administrador de propiedades da burguesía local coruñesa e profesor na Escola de Comercio. Desde 1888 exerceu como administrador-secretario da sociedade de Seguros Mutuos, cargo que alternou co seu fillo ata a súa renuncia (1916) en favor deste. Participou na vida política da cidade desde as filas do republicanismo como seguidor das ideas federalistas de Pi i Margall. Redactou, xunto con Moreno Barcia, o Proyecto de Constitución para el futuro Estado Galaico. O seu anticlericalismo manifestouse na expulsión das Hermanas de la Caridad da Coruña no ano 1901. Recoñecido masón, fundou, xunto co seu fillo e Matías Wirtz, a Loxa Gallaecia nº 408 no ano 1919. Elixido concelleiro desde as eleccións municipais de 1902, chegou a ser alcalde da Coruña entre o 19 e o 31 de decembro do 1917, trala situación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz, filla de Santiago Casares Quiroga. En 1939 exiliouse a Francia onde comezou a súa carreira de actriz. Foi considerada como un dos modelos máis destacados do mundo intelectual francés dos anos cincuenta e sesenta, sobre todo pola súa vinculación cos autores máis representativos do momento, en especial a súa relación con Albert Camus. Protagonizou, entre outros, os espectáculos teatrais Seis personaxes en busca de autor, de Pirandello; Yerma, de Federico G. Lorca, baixo a dirección de Margarita Xirgu; Os biombos, de Jean Genet; e Le diable et le bon Dieu (O diaño e o bo Deus, 1951), de J. P. Sartre. Colaborou con Albert Camus na tradución ao francés de pezas do teatro clásico español e estreou varias das súas obras. Traballou na Comédie Française (1952-1954) e posteriormente no Théâtre National Populaire. Despois de 1975 interpretou ocasionalmente algúns papeis en España. Participou tamén en diversos filmes, como Les enfants du paradis (Os nenos...

    VER O DETALLE DO TERMO