"Sion" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 507.

  • Posesión de dereitos. Para a maior parte das teses, os dereitos susceptibles de posesión son os dereitos reais cando os devanditos dereitos recaen sobre cousas materiais. A cuasiposesión aparece cando non se posúe unha cousa senón un dereito, tal é o caso dos dereitos de usufruto e servidume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo internacional destinado a regular a navegación polo Danubio, creado en 1856 por Alemaña, Francia, Italia, Romanía e Turquía. Despois da Primeira Guerra Mundial, o Tratado de Versailles (1919) confirmou a súa existencia e creou unha nova Comisión Internacional encargada de controlar o curso do Danubio augas arriba do delta; a súa sede estableceuse en Viena (1921). Durante a Segunda Guerra Mundial, Alemaña aboliu as comisións. En 1948, os estados ribeiregos celebraron, por iniciativa soviética, a Conferencia do Danubio, na que se creou de novo a Comisión, con sede en Budapest. Austria incorporouse á Comisión en 1960 e a República Federal Alemana en 1963.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feito de preceder no tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de decidir ou decidirse.

      2. Aquilo que se decidiu.

    1. Calidade de decidido.

    2. Operación dun calculador que ten como obxecto comprobar se existe unha determinada relación entre dous termos e adoptar outras posibles alternativas de acción, segundo as instrucións do programa.

      1. Calquera resolución ou fallo dun xuíz ou do tribunal competente, en calquera controversia sometida á autoridade xudicial.

      2. Parte dispositiva dun acto que implica poder resolutorio nun expediente administrativo, nunha sentencia dun preito civil ou nunha causa criminal.

      3. Disposición comunitaria de dereito derivado, obrigatoria en todos os seus elementos. Non ten carácter xeral, pois é unha resposta á aplicación dunha determinada norma de dereito comunitario primario a casos particularizados, na que os destinatarios poden ser o Estado, unha empresa ou un particular. As decisións, para ser actos xurídicos vinculantes, deben emanar, do consello de ministros, da Comisión Europea, do Parlamento Europeo ou do Banco Central Europeo.

      4. Parte dispositiva dunha lei ou regulamento.

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ilusión enganosa que producen os sentidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sector da superficie da terra situado xeralmente no interior dos continentes e que está máis afundido respecto ao nivel das rexións circundantes. As depresións están limitadas por fallas ou por inflexións estruturais.

    2. Fase do ciclo económico na que a actividade se retrae cara a un estadio máis baixo do que lle corresponde á plena ocupación dos factores de produción.

    3. Estado emocional que se caracteriza por un debilitamento ou diminución das forzas anímicas, intelectuais e incluso físicas da persoa; a ansiedade, ou depresión ansiosa, o cansazo, o desánimo ou un certo sentido de impotencia, de inferioridade e de dependencia son tamén trazos característicos. Como un estado concreto e esporádico, que se ocasiona por situacións difíciles ou acontecementos de forte impacto emocional (depresión reactiva) ou por cambios psicosomáticos da persoa (depresión menopáusica ou climatérica), a depresión non supón nada patolóxico. Neste sentido cómpre distinguila da depresión como estado enfermizo, de carácter psicótico, que pode revestir en formas neuróticas.

    4. Baleiro producido polo pistón no movemento descendente e que produce a aspiración da mestura gasosa combustible nos motores de acendido por chispa, ou do aire nos motores de ciclo diesel.

    5. Núcleo de baixas presións cun diámetro que varía entre os 500 km e os 2.000 km. Poden ser de orixe térmica ou dinámica. Unha depresión térmica está provocada por un quentamento excesivo da masa de aire e o seu conseguinte descenso de presión; así ocorre coas que se forman na primavera e no verán sobre os continentes, e no outono sobre as superficies oceánicas. Unha depresión dinámica está orixinada por un mecanismo de ascensión provocada por unha ondulación da corrente en jet e chega a ter moita máis potencia vertical cás de orixe térmica. Tamén as hai que teñen unha orixe mixta, como é o caso da depresión de Islandia. As depresións atmosféricas da zona intertropical presentan características moi contrastadas; maniféstanse especialmente sobre o golfo de Bengala, sobre o mar de Arabia, sobre as Filipinas e sobre as Antillas. Son normalmente coñecidas como ciclóns tropicais, mentres que as da zona temperada denomínanse perturbacións norueguesas,...

    6. Ángulo determinado do plano ideal da superficie do mar e a tanxente a esta superficie que se traza dende un punto de observación cando este punto está nunha posición elevada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depresión Meridiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a unha depresión atmosférica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ausencia de preocupación moral por obrar de forma inxusta ou deshonrosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de descomprimir.

    2. Diminución ou cesamento do efecto da presión que exerce un líquido ou gas sobre un organismo. No caso de persoas que se someten durante algún tempo a moita presión, como os mergulladores, faise lentamente; é unha acción previa no caso dunha diminución brusca de presión, como a ascensión rápida dun aviador, para evitar os trastornos patolóxicos que se motivan polo paso dos gases ao sangue.

    3. Cámara que se emprega para o tratamento dos accidentes derivados da descompresión. Tamén se denomina cámara hiperbárica terapéutica.

    4. Síntomas que presenta un individuo que pasa dun medio de hiperpresión a outro de menor presión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Separar unha emulsión nas súas fases líquidas ou sólidas inmiscibles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Perda da ilusión que se tiña en algo ou en alguén.

    2. Estado do que non ten ilusión ou ilusións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de tendencia fascista aparecida na Coruña en 1990. Dirixida por J. L. Álvarez, subtitulábase “Nuevas élites”. Figuraba como redactor xefe C. Martínez e como administrador P. Castro. Como voceira de NN EE, incluíu artigos, poemas, fotografías, cómics e debuxos relativos ao militarismo e ás ideoloxías totalitarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de desilusionar ou desilusionarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quitar a ilusión a alguén.

    2. Causar desilusión a alguén.

    3. Perder a ilusión ou as ilusións.

    4. Sufrir unha desilusión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de desionizar ou desionizarse.

    2. desmineralización.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo deixe de estar ionizado.

    2. desmineralizar.

    3. Deixar de estar ionizado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de desposuír ou desposuírse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de limpar ou purificar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación regular das actas e do diario de sesións do Congreso de los Diputados e do Senado. En 1869 decidiuse editar as actas e os diarios existentes desde a Asemblea de Baiona (1808). A compilación non foi completa, pois das lexislaturas de 1813 e 1814 só existían as actas das sesións. A súa evolución vai parella á da evolución constitucional de España. Durante a Guerra Civil, publicouse no Diario de Barcelona, desde finais de 1937. Despois continuou durante as cortes franquistas e trala promulgación da Constitución de 1978.

    VER O DETALLE DO TERMO