"Soči" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 360.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación en castelán que apareceu a finais de 1967 na Coruña. A dirección e redacción estaba a cargo do doutor Alonso Fernández. A periodicidade era irregular. Foi editada pola Sociedad Española de Psiquiatría da Facultad de Medicina-Cátedra de Psiquiatría da Ciudad Universitaria de Madrid. Tratábase dunha revista profesional na que os temas principais eran as actas da xunta xeral ordinaria, conferencias, datos informativos, relatorios, xornadas, congresos, reunións, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación trimestral aparecida no ano 1921 en Bos Aires. Contaba coas colaboracións de José Leiras, Alfredo Baltar, Segundo Pampillón e José Domínguez, entre outros. Inclúe novas referidas aos galegos na emigración, á propia Sociedade e artigos varios relacionados con Porriño e o seu contorno. Aínda que se editaba en castelán, recóllense algunhas contribucións en galego, concretamente unha poesía de Celso Emilio Ferreiro (nº206/209-abril 1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bilingüe que apareceu no ano 1904 en Negreira. Estaba subtitulada como “Órgano de la Sociedad y de la Cámara Agrícola Negreiresa”. Tiña periodicidade mensual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín bilingüe editado cada semestre en La Habana, dende 1946 ata 1958. Gabriel Míguez Deus foi o director e redactor, aínda que ás veces contou coa colaboración do asociado Manuel Roldán. Esta publicación realizaba a función de órgano da Unión Mugardesa de La Habana e, como tal, estaba centrada nas actividades desta entidade: festas, vodas, falecementos, notas históricas de Mugardos, crónicas dos pescadores, relatos en castelán con intercalacións en galego, cantigas da comarca, etc. Á marxe destas composicións populares descoñécese a existencia doutras colaboracións literarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na Guarda no ano 1979. Estaba editado pola sociedade Pro-Monte de Santa Tegra. Creouse cunha finalidade turística, polo que serviu para promocionar e conservar as tradicións vinculadas ao monte Santa Tecla, ao tempo que fomentaba as solemnidades relixiosas no Santuario, a repoboación forestal ou a construción dun camiño de acceso ao cume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Bos Aires no mes de xullo de 1929, desaparecida en xullo de 1930, cando chegaba ao número trece. De periodicidade mensual, foi dirixida por Antonio Losada. Entre os seus contidos figura información sobre Galicia, novas sobre as actividades do centro, reproducións de textos de Noriega Varela e Ramón Cabanillas, amais de poemas en galego con textos de Vetroles (Fortunato Cruces) e Matías Escariz e Méndez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico quincenal, de tendencia socialista, aparecido en Mondoñedo o 1 de xullo de 1931. Foi voceiro da Agrupación Socialista da vila nos primeiros tempos da Segunda República, dirixido por Manuel Rivas Seivane e administrado por Ignacio Picaña Rodríguez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación inglesa, creada no 1831, que ten por obxectivo impulsar e sistematizar a investigación científica e divulgar os coñecementos científicos entre o gran público.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade industrial constituída en Madrid en 1897 que iniciou a súa actividade coa produción e venda de carburos de calcio na fábrica de Berga (Catalunya). En 1903 instalou en Brens (Cee) unha fábrica de ferroaliaxe e un laboratorio de investigación. Despois dun proceso de expansión xeográfica (ten delegacións e fábricas por toda España) e industrial, estruturouse ao redor de catro divisións: gases comprimidos (gases do aire, anhídrido carbónico, acetileno, etc), gases licuados (gases do aire, anhídrido carbónico, dióxido de carbono, dióxido de xofre, etc), soldadura ou ferroaliaxes e médica. En 1982, Air Produts adquiriu o 15% do capital de Carburos Metálicos polo que se converteu no principal accionista e trasladou a súa sede central a Barcelona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Declaración programática aprobada en 1989 pola Comunidade Europea (agás o Reino Unido), que comprende diversos apartados relativos aos dereitos dos traballadores. Estes apartados son: liberdade de circulación e de acceso, condicións de vida e de traballo, seguridade social, asociación e negociación colectivas, formación profesional, igualdade do home e da muller, información, consulta e participación, e seguridade e hixiene no lugar de traballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en 1902 froito da confluencia entre os ideais dos medios libertarios coruñeses e os do republicanismo local, particularmente os de ideario federal. Entre os seus animadores cómpre salientar, ademais dos membros do grupo anarquista Ni Dios ni Amo, como Xosé Sanjurjo ou Marcial Lores, a futuros edís republicanos, como Eduardo Corral, ou federalistas, como Eduardo López Budén. Aínda que a Germinal sempre se identificou co ideario libertario, tamén formaron parte das súas directivas sindicalistas da CNT, como Xoán No, Benito Couceiro, Manuel Montes ou Xacinto Méndez, e progresistas, como Luís Huici, que presidiu o Centro no ano 1932. Dende 1906 intelectuais como Uxío Carré e Anxo del Castillo fixeron posible a colaboración do Centro coa Universidade Popular; así xurdiu a posibilidade da transmisión de coñecementos ás clases populares coruñesas. Germinal, caracterizada pola convivencia de persoas con diferentes idearios, defendía o respecto aos principios do laicismo, a xustiza,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo autónomo, adscrito ao ministerio da Presidencia, que realiza estudios de medición dos estados de opinión da sociedade española, principalmente a través de enquisas. Ten como antecedente o Instituto de la Opinión Pública (IOP), fundado en 1963, e a súa denominación oficial data de 1977.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada en 1905 na que se reagruparon as cinco sociedades obreiras definidas como “apolíticas” xurdidas da entrada da Federación de Trabajadores de Vigo na UGT co reforzo da súa dirección por parte do PSOE local. Alentado polas Sociedades de Pintores y Albañiles, de Carpinteros y Ebanistas, e de Canteiros, duplicou con posterioridade o número de entidades federadas e acadou 1.500 socios no ano 1909. Ao mesmo tempo, iniciou un achegamento ao anarcosindicalismo da man de militantes anarquistas, como Luís Plaza ou Federico Sánchez. Como consecuencia, as Sociedades de Carpinteros e de Mecánicos estiveron representadas por Plaza no Congreso fundacional da CNT de 1910. En marzo de 1911, o Centro impulsou a creación da Federación Sindical Solidaridad Obrera de Galicia, á imaxe da Solidaridad Obrera catalana, xunto coa totalidade do anarcosindicalismo coruñés. Para refrendar a influencia libertaria no societarismo vigués apolítico, esta institución delegou a súa presenza no I Congreso...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político español de centro creado en 1982 por Adolfo Suárez tras abandonar UCD. Nas eleccións xerais de 1982 obtivo dous escanos no Congreso dos Deputados; nas de 1986, dezanove; nas de 1989, catorce; e nas de 1993, non obtivo ningún escano, feito que provocou a disolución do partido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido socialdemócrata checo, o máis antigo da República, pertencente á Internacional Socialista. Fundouse en 1878, cando o territorio checo formaba parte do Imperio Austro-Húngaro. Dende 1918 tivo representantes no goberno ata 1938. Co réxime comunista de 1948 foi obrigado a fusionarse co Partido Comunista, o que determinou o exilio de moitos dos seus membros. O restablecemento do CSSD produciuse en 1989 coa Revolución de Veludo. Durante a década dos noventa acadou progresivamente máis representación ata que en 1998, co 32,3% dos votos, puido formar un goberno minoritario no país. Os seus principais obxectivos foron acadar unha estabilidade económica que permitira cumprir os límites de converxencia económica coa Unión Europea, conseguir unha afluencia de capital estranxeiro, desenvolver medidas de política social, reformar o sistema bancario e exhibir unha campaña de “mans limpas”. O desgaste do goberno de Milos Zeman fixo que o partido comezase a perder apoios, como sucedeu nas eleccións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedad Deportiva Chapela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    Antiga república autónoma da República Socialista Federativa Soviética Rusa (RSFSR), URSS, situada ao N do Cáucaso. Constituída en 1936, disolveuse por orde de Stalin en 1944, cando os seus habitantes foron acusados polas autoridades soviéticas de colaboración co nazismo, e restableceuse en 1957, trala rehabilitación promovida por Khruščov. Despois da disolución da URSS en 1991, Chechenia proclamou a súa independencia, polo que os inguxos solicitaron a creación dunha república federal separada da dos chechenos, aprobada polo goberno ruso en marzo de 1992, feito que motivou numerosos conflitos para delimitar as fronteiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación política nacida en 1977 no seo do Partido Socialista Galego (PSG). Os seus integrantes, entre os que figuraban Xosé Luís Rodríguez Pardo, Ceferino Díaz e Fernando González Laxe, postulaban un achegamento entre os socialistas galegos e españois para, deste xeito, acadar a unidade da esquerda en Galicia. Como consecuencia desa proposta, foron expulsados do PSG e moitos deles ingresaron no PSOE galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo rexional da ONU creado o día 9 de agosto de 1973, como sucesor da Oficina Económica e Social das Nacións Unidas en Beirut e refundado o 26 de xullo de 1985. O seu programa de traballo caracterízase pola dimensión rexional das súas actividades, específicas para cada país e centradas no ámbito social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: Sociedade Deportiva Compostela, SAD.

    VER O DETALLE DO TERMO