"Uri" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 983.

  • Presencia de bacilos nos ouriños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pigmento de cor vermella lilosa que se encontra en certas bacterias e que está constituído pola unión dunha fracción do tipo carotinoide con outra proteica (globulínica).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eliminación, en gran cantidade, de bacterias polos ouriños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lugo baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria fundada no ano 1974 con domicilio social en Oviedo e que antigamente se denominaba Banco de Langreo. Pertence ao grupo Banca Sabadell.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao radical químico malonilurea, base de numerosos hipnóticos e sedantes do sistema nervioso.

      2. ácido barbitúrico

        Ureido cíclico do ácido malónico. A substitución dos dous átomos de hidróxeno en posición 5 por diversos grupos dá lugar a toda unha gama de produtos farmacéuticos. Emprégase tamén como catalizador de polimerización e na industria de colorantes.

    1. Calquera derivado do ácido barbitúrico, especialmente os que teñen uso clínico ou farmacéutico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intoxicación aguda ou crónica polo hábito ou abuso de barbitúricos. O barbiturismo agudo prodúcese por doses moi fortes de barbitúricos en tentativas de suicidio ou por accidente; pode conducir ao coma e á morte. O barbiturismo crónico, chamado tamén toxicomanía barbitúrica, prodúcese pola inxestión de pequenas doses diarias durante anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista inglés, fillo de lord Revelstoke. Estudiou en Eton e no Trinity College. Ingresou no corpo diplomático (1898). Escribiu poesía, novela, ensaio e crítica. Foi un narrador sensible e suxerinte a través de episodios sinxelos. Entre as súas obras como novelista destacan: Passign by (Aves de paso, 1921), Daphne adeane (1926), Comfortless memory (Recordos inquedantes, 1928) e The lonely lady of Dulwich (A solitaria señora de Dulwich, 1934).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político francés. Individualista refinado, interesado polo subsconsciente e o instinto, integrada polas novelas Culte du moi (Culto do eu): Sous l’oeil des Barbares (Baixo a mirada dos bárbaros, 1888), Un homme libre (Un home libre, 1889) e Le jardin de Bèrenice (O xardín de Bèrenice, 1891). Fundou en 1894 o xornal nacionalista La Cocarde. Participou nas loitas políticas da época; elixido deputado por París (1906), evoluíu cara a un nacionalismo sentimental. Publicou a triloxía Le Roman de l’energie nationale (A novela da enerxía nacional): Les déracinés (Os desterrados, 1897); L’appel au soldat (A chamada ao soldado, 1900); Leurs figures (As súas figuras, 1902). Outras obras da súa autoría son: Au service de l’Allemagne (Ó servizo de Alemaña, 1905), Colette Baudoche (1909) e La colline inspirée (O outeiro inspirado, 1913). Sobre a Primeira Guerra Mundial publicou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio do territorio de Bizkaia, Euskadi, drenado polo río Nerbión (48.490 h [1996]). Situado ao S de Bilbao, pertence á súa área metropolitana. No seu termo localízanse moitas empresas industriais, especialmente siderúrxicas e metalúrxicas, pero tamén fábricas de pneumáticos (Firestone) e de materiais de construción. O proceso industrializador principiou en 1892 coa instalación da empresa Basconia S A, dedicada á metalurxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Nas súas novelas móstrase observador atento, cun gran sentido da ironía. Entre as súas obras destacan: Jérôme, 60° latitude Nord (Jérôme, 60° latitude Norte, Premio Goncourt 1927), e Le voyage de Jérôme aux États Units (A viaxe de Jérôme aos Estados Unidos, 1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aviador francés. Xuntamente con Dieudonné Costes fixo a primeira conexión aérea París-Nova York, os días 1 e 2 de setembro de 1930.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • David Gruen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pos azuis, solubles en auga, en hidróxido sódico acuoso, en ácido sulfúrico e en cellosolve, pouco solubles en alcohol e nada solubles noutros solventes orgánicos. Emprégase como colorante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pos acastañados, solubles en auga, hidróxido sódico, ácido sulfúrico, etanol, acetona e cellosolve e practicamente insolubles nos outros solventes orgánicos. Emprégase para tinxir fibras téxtiles e como colorante biolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín e coreógrafo coñecido co nome de Maurice Béjart. Foi director dos Ballets de l’Etoile (1954-1957), posteriormente nomeados Ballete Théâtre de Maurice Béjart (1957-1959) e Ballets du XXème Siècle (1959) e do Théâtre Royal de la Monnaie, de Bruxelas (1960). En 1970 fundou en Bruxelas a escola Mudra de danza e acción corporal. En 1987 creou e dirixiu o Béjar Ballet Lausanne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Landro pola dereita. Nace a 780 m de altitude, na aba setentrional da serra do Xistral, no lugar da Pasada de Lamoso, na parroquia de Miñotos (concello de Ourol). Atravesa esta parroquia seguindo o seu curso unha dirección SL-NO, ata a súa desembocadura preto do lugar da Caseira, logo dun percorrido duns 8 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación dada na época romana ao territorio de Bética entre os ríos Anas (Guadiana) e Betis (Guadalquivir).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás dúas aurículas.

    2. Que ten dúas aurículas.

    3. Que une dous puntos auriculares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia de bilirrubina nos ouriños.

    VER O DETALLE DO TERMO