"car" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3676.
-
GALICIA
Economista e catedrático. Profesor mercantil desde 1964, en 1970 licenciouse en Ciencias Económicas e Empresariais e entrou a impartir clases na Escola de Empresariais de Vigo. En 1981 acadou o doutorado e pasou de profesor asociado a agregado, converténdose pouco despois (1983) no primeiro catedrático que tivo este centro como Escola Universitaria. Da súa experiencia profesional ao marxe da docencia destaca a súa etapa en Caixavigo, primeiro como director da área de empresas (1981-1986) e logo como director xeral da Escola de Negocios (1987-2000). Fundou tamén dúas empresas, Estrategia y Organización, S.A. (EOSA, 1993-2005) e DPI Consultores (2007-). Ten publicados oito libros de temas empresariais, entre os que destacan La PYME-competitividad: Gestión e Implantación (Alta dirección, Barcelona 1996) e Dirección por Implicación: El cambio estratégico (Pirámide, Madrid 2006), e máis dunha ducia de artigos publicados en revistas como Economía y Empresa ou Actualidad Financiera....
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor de Ensino Medio, actor e director. A súa traxectoria teatral está ligada á compañía Máscara 17, coa que realiza espectáculos como Por Dios Eros (1984), Ahl Kharallo Light (1986), Fajanjastoafjanistanirán (1987), Ñeñeñé-Ukaká (1989), Labio leporino (1990) e É perigoso asomarse ao interior (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político arxentino. Na loita pola independencia do seu país presidiu (1813) a Asemblea Constituínte. En 1815 fíxose cargo da dirección do goberno, pero foi derrocado ao cabo de tres meses. Máis tarde foi embaixador nos EE UU (1823); interveu na loita contra o Brasil (1826-1827) e foi Ministro de Guerra (1828-1829), e novamente embaixador nos EE UU (1838-1852).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Naceu no seo dunha familia que xa dera ilustres escritores como Luís de la Riega, Xoaquín Pesqueira ou Xoán Manuel Pintos Villar. Fixo os seus primeiros estudos no Colexio Balmes e despois no Instituto Xeral e Técnico da súa cidade natal. Estudante menos que regular, o seu paso polas universidades de Santiago e Madrid para cursar Filosofía e Letras e Dereito foi un fracaso. A súa vocación literaria posúe un primeiro punto de referencia en Madrid, en 1920, cando vivindo cunha certa bohemia contactou con Evaristo Correa Calderón e Ramón Gómez de la Serna, comezou a publicar artigos e poemas en medios de prensa como La Tribuna ou España. Enviou tamén colaboracións ao Diario de Pontevedra e Parábola (Burgos). Retornado a Pontevedra en 1922 foi cofundador, xunto con Xoán Vidal Martínez, da revista Alborada (1922) e nela...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador, probablemente catalán, do que se conservan dúas longas composicións en versos de seis sílabas, Ensenhament del scudier e Ensenhament de la donzela, nos que dá consellos interesantes para a coñecer a vida cotiá da época.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto portugués. Autor do Santuario do Bom Jesús do Monte, preto de Braga.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Tornar marica.
-
Tornarse marica ou efeminado.
-
-
PERSOEIRO
Escritor e médico. Afeccionado á música, escribiu o primeiro tratado de guitarra: Guitarra española y vandola, en dos maneras de guitarra castellana y catalá de cinco órdenes. A fama veulle de Quatre-cents aforismes catalans (1636), reimpreso en moitos lugares de Catalunya durante os ss XVII, XVIII e XIX e usado como libro de lectura nas escolas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bailarina de familia xitana que debutou xunto co seu pai en 1917. No ano 1929, formando parte do Trío Amaya, actuou en París. Tamén realizou algunhas películas: La hija de Juan Simón (1934) e Los Tarantos (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Mazar o liño.
-
Conseguir que algo se volva máis compacto, duro ou pegañento, especialmente a masa do millo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ausencia ou diminución extrema de megacariocitos na médula ósea hematopoética. É un sinal determinante da trombopenia conxénita.
-
GALICIA
Cineasta. Iniciou a súa relación co cine a finais dos anos sesenta ao se integrar no grupo Imaxe. En 1982 comezou a traballar en VídeoTrama en diversas funcións técnicas. Traballou tamén para Vídeo Voz dende mediados dos oitenta, realizando diversos programas culturais para a TVG. É profesor na Escola de Imaxe e Son da Coruña. A súa primeira longametraxe titúlase Blanca Madison.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome procedente da forma púnica Himelqarth ‘amigo do Melqar, deus da cidade fenicia de Tiro’ que chegou a nós a través do latín Hamilcar. Un personaxe histórico que levou este nome foi o xefe cartaxinés Amílcar Barca (s III a C), que loitou contra os romanos polo control do Mediterráneo, das costas da Península Ibérica e África do Norte. Non hai ningún santo con este nome. Outra variante gráfica deste nome é Hamílcar.
-
PERSOEIRO
Xeneral cartaxinés, pai do célebre Aníbal (ou Haníbal). Participou na Primeira Guerra Púnica e dirixiu a represión dos mercenarios que se sublevaron contra Cartago. Levou a cabo a conquista do sector meridional da Península Ibérica que foi organizada por Cartago co fin de compensar a perda de Sicilia. Fundou a base de Akra Leuké. Morreu durante o asedio á cidade de Eliké, tradicionalmente identificada con Elx a mans do xefe íbero Orisón. Foi substituído polo seu xenro Asdrúbal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Causarlle unha molestia a alguén.
-
GALICIA
Ingresou na Compañía de Xesús en 1762 e, cando se produciu a expulsión desta orde de España en 1767, marchou xunto a eles a Boloña. Publicou o poema latino Carmen patrium sive Pontevedra (1787). Xoán Manuel Pintos reproduciu este poema na foliada cuarta de A gaita gallega (1853) e fixo do mesmo unha tradución libre en lingua galega que, co título Canto á miña terra ou sea Pontevedra, reproduciu na foliada sexta do mesmo libro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Realizar nas castañas un pequeno corte para que ao asalas non salten e estoupen.
-
Apertar un anaco de pel ou carne entre dous dedos e con forza, facendo dano.
-
Apertar cos dentes lixeira e repetidamente algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carles Boloç.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fuxir o gando a causa das moscas e a calor.
-
-
Estar triste e sen ánimos a causa dunha enfermidade, dunha desgracia, falto de enerxías e cun aspecto triste e apagado.
-
Sentirse sen forzas e sen ánimo a causa dun problema, para derivar nunha actitude triste e apagada.
-
Tornarse nun aspecto gris e triste o ceo, cubríndose de nubes.
-