Amílcar

Amílcar
[ONOM]

Nome procedente da forma púnica Himelqarth ‘amigo do Melqar, deus da cidade fenicia de Tiro’ que chegou a nós a través do latín Hamilcar. Un personaxe histórico que levou este nome foi o xefe cartaxinés Amílcar Barca (s III a C), que loitou contra os romanos polo control do Mediterráneo, das costas da Península Ibérica e África do Norte. Non hai ningún santo con este nome. Outra variante gráfica deste nome é Hamílcar.

Palabras veciñas

amiláceo -a | amilasa | amilasuria | Amílcar | Amílcar Barca | amileno | amílico -ca