amílico -ca
(< amilo + -ico)
-
adx
[QUÍM]
Relativo ou pertencente aos grupos amilo.
-
alcol amílico
[QUÍM]
Nome trivial dos alcois isómeros de fórmula C 5 H 11 OH e das súas mesturas que se ofertan a nivel comercial. Existen 8 alcois amílicos, sen contar os isómeros ópticos. Os principais produtos comerciais constituídos por mesturas de alcois amílicos son o alcol amílico primario, o alcol amílico de fermentación e tamén o pentanol.
-
alcol amílico de fermentación
[QUÍM]
Mestura de 3-metil-1-butanol e 2-metil-1-butanol, obtida a partir da rectificación do aceite de fusel. Ten un cheiro desagradable. Emprégase sobre todo como disolvente para a preparación de ésteres amílicos, para a síntese de produtos farmacéuticos e como xelatinizante de explosivos.
-
alcol amílico primario
[QUÍM]
Mestura disolvente comercial de alcois amílicos primarios que contén, aproximadamente, 60% de 1-pentanol, 35% de 2-metil-1-butanol e 5% de 3-metil-1-butanol. Utilízase como disolvente.