"endo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 257.

  • Produción de células vexetativas ou reprodutoras no interior doutra célula ou dun órgano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se desenvolve dende dentro para fóra ou que se forma ou se enxendra no interior dalgunha cousa.

    2. Aplícase ao transtorno ou á enfermidade que se orixina por factores internos do organismo, independentemente dos factores externos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo que vive no solo a unha certa profundidade, entre 1 e 2 m, como é o caso de gran número de bacterias e fungos e de animais, como algúns coleópteros e anélidos. Estes últimos aliméntanse da materia orgánica arrastrada polo lavado das chuvias, teñen taxas de reprodución moito máis baixas ca outras miñocas, non desenvolven pigmentos protectores e, en vez de curtos túneles verticais, fan galerías horizontais que superan o centenar de   metros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao organismo que vive no interior dun animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo que vive no interior dun animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a aqueles vexetais que teñen diásporas que se diseminan mediante a intervención de animais, que as transportan no seu tubo dixestivo e as depositan xunto cos excrementos. É o caso da maioría das plantas que teñen froitos carnosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sacar o pendón ao millo.

    2. Florecer os cereais, especialmente botar o pendón o millo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Brillo ou luz intensa.

    2. Calidade do que é grande, luxoso ou magnífico.

    3. Situación ou punto álxido que alcanza algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten ou mostra esplendor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que causa admiración porque é moi fermoso, sorprendente ou marabilloso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á glándula que ten secreción externa e interna, como é o caso do ovario. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen ten ou amosa fachenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Novelista romántica, da súa produción destaca El Avia y el Miño, Las once mil vírgenes, El antifaz de terciopelo e La víctima de su vanidad.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín editado a partir de maio de 1977 en Santiago de Compostela polo Movemento de Estudantes Cristiáns Galegos (MECG). O seu obxectivo fundamental era ofrecer información sobre a historia do grupo e achegarse á sociedade nun intento por limitar todas as estruturas de poder. Ademais dos contidos propiamente relixiosos, incluíu información sobre convivencias (Taizé, Ávila, Valladolid, etc), encontros con outros grupos cristiáns, bibliografía, poemas, referencias a diversos literatos galegos e artigos relacionados coa historia e a cultura de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor, político e pintor. Na súa mocidade relacionouse co marxismo revolucionario e con R. Dieste, Manuel Antonio, Xosé Otero Espasandín e outros. En 1928 trasladouse a Madrid, onde comezou a carreira de comercio e participou nos parladoiros, entre outros, de La Granja. Pertenceu a Izquierda Comunista de España (ICE) e converteuse, co pseudónimo de L. Fersen, no principal teórico do seu voceiro, Comunismo. Colaborou na fundación da revista PAN (1935), onde facía referencias ás artes plásticas, á pedagoxía e á política. Tralo estalido da Guerra Civil foi detido en Alacant e internado nun campo de concentración ata 1940. Volveu a Ribeira e utilizou o pseudónimo de A. Martín. Colaborou en revistas e periódicos, entre outros, Nueva España, El Soviet, Leviatán e Renovación, encargándose da economía e de política internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que se emprega na exploración clínica para auscultar os sons que producen as diversas vísceras e os aparatos do organismo, especialmente o cardiocirculatorio, o respiratorio e o dixestivo. Consiste nunha pequena campá, unida a dous tubos que transmiten o son ata os auriculares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia oriúnda de Pontevedra. Patróns da capela da Anunciación na igrexa conventual de San Francisco, como portadores do morgado de Raxoo por seren descendentes do fundador, Antonio García de Raxoo, e da capela das Candeas no templo de Santa María a Grande. Posuían numerosos bens inmobles en Pontevedra e os seus arredores, así como nas provincias de Ourense e da Coruña, e en Ponferrada e Astorga. A súa orixe remóntase ao s XVI con Sancho Gago e o seu neto Domingos Agulla Gago de Figueroa que, por matrimonio, posuíu o morgado dos Raxoo, e fundou o morgado dos Gago en 1581. Entre os seus membros destacaron Xoana Gago Figueroa, Antonio Gago de Cervela e Novoa, Antonio Bieito Gago de Mendoza e Soutomaior, Mariana Xosefa Gago Mendoza de Oca, Bieito Gago Tavares e Telmo Gago Agulla Montenegro. Unha das súas ramas emparentou cos Caamaño e no s XVIII acadaron por sucesivos matrimonios o marquesado de Leis. Na Guerra da Independencia destacou un dos seus membros, Xoán Gago. Xosé María Montenegro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Owain Glyndŵr.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cardeal e político, fillo de Íñigo López de Mendoza. Formado en leis nas universidades de Toledo e Salamanca (1446-1452), foi bispo de Calahorra (1454), Sigüenza (1467) e Sevilla (1473). Conselleiro de Enrique IV de Castela, procurou o achegamento con Portugal, a alianza cos ingleses fronte a Francia e o recoñecemento da lexitimidade de Xoana a Beltranexa como herdeira fronte á princesa Isabel. Tralo casamento de Fernando e Isabel (1469) e a obtención do capelo cardenalicio (1472) abandonou o partido da Beltranexa. Nomeado chanceler maior do selo (1473-1495), iniciou o saneamento da facenda real, apoiou as propostas de C. Colón e negociou o Tratado de Tordesillas (1494). Arcebispo de Toledo desde 1492, fundou en Valladolid o colexio de Santa Cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino de orixe gaélica procedente de Guenddoleu, nome composto a partir do adxectivo gwen (feminino de gwyn) ‘branca’, ‘pura’. Santa Güendolina (s VI) foi abadesa nun mosteiro do País de Gales.

    VER O DETALLE DO TERMO