"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colección de sesenta e dúas odas breves editadas en 1554 polo francés H. Estienne e atribuídas erroneamente a Anacreonte. Tiveron grande influencia durante o Renacemento e foron escritas no período comprendido entre a época alexandrina e os primeiros séculos despois de Cristo.
-
-
-
Ó xeito de Anacreonte.
-
Na poesía grega e latina, dise de diversos metros, usados por Anacreonte, especialmente o dímetro iámbico cataléctico e o dímetro xónico con anaclase.
-
-
Composición poética de metro curto, polo xeral heptasílabo, de extensión breve na que o poeta canta con ton enxeñoso e irónico aos praceres da vida e dos sentidos cunha simboloxía literaria de orixe pastoral. As obras deste autor influíron en autores como Teócrito, Catulo e Horacio. O xénero foi representado no Renacemento e coa publicación das Anacreónticas (1554) iniciou unha tradición que callou especialmente na literatura románica. O momento culminante do xénero produciuse no s XVIII con Cadalso, Juan Pablo Forner, e Meléndez Valdés, entre outros.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non ten alantoides.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Músculo triangular da parte posterior da articulación do cóbado que participa na extensión do antebrazo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
č (Or’ol, Rusia 1871 - Mustamäki, Finlandia 1919) Novelista e dramaturgo ruso. Entrou como folletinista no Correo de Moscova e obtivo un éxito inmediato. Ao fracasar a revolución de 1905 pasou a residir en Finlandia, onde escribiu: Judes Iscariot (‘Xudas Iscariote’, 1907) e Rasskaz o semi povešennykh (‘A narración dos sete aforcados’, 1908), baseada nos acontecementos de 1905. Como dramaturgo escribiu entre outras: K zv’ozdam (‘Camiño das estrelas’, 1905) e Car’ golod (‘O rei fame’, 1908), pezas que o converteron no representante máis salientable do Simbolismo ruso. Co triunfo da Revolución rexeitou o recoñecemento oficial e retirouse a Finlandia, dende onde atacou duramente os bolxeviques con SOS (1919). Exerceu unha grande influencia en Europa, sobre todo no Expresionismo alemán.
-
PERSOEIRO
Político demócrata cristián italiano. Foi deputado dende 1945 e ocupou diversos ministerios e cargos parlamentarios, ademais de presidir os gobernos dos anos 1972, 1972-1973, 1976, 1977, 1979-1988 e 1989-1993. Dimitiu, en 1993, polo descubrimento de casos que o relacionaban directamente coa corrupción.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor valenciano. Foi discípulo de Joaquín Sorolla e membro da Academia de San Fernando. Pintou escenas típicas da Comunitat Valenciana e de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto dos órganos masculinos dunha flor: os estames, funcionais, e os estaminodios, estériles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fillo de Minos, rei de Creta. Morto nos xogos de Atenas, Minos, para vingalo, impuxo aos atenienses o tributo anual de sete mozos e sete doncelas destinados a ser devorados polo Minotauro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Nicea 1258 - Constantinopla 1332) Emperador de Bizancio (1282-1328). Fillo de Miguel VIII. Asociado ao imperio polo seu pai, tomou ao seu servizo a Compañía Catalana de Roger de Flor contra os turcos ( almogáver). Anexionou a rexión de Valaquia (1318) e protexeu a colonia xenovesa contra Venecia. Desfixo a unión con Roma (Lión 1274) e depuxo ao seu partidario, o Patriarca de Constantinopla Xoán XI. Despois da guerra civil que mantivo co seu neto Andrónico III, foi vencido e deposto (1328).
-
PERSOEIRO
Emperador de Bizancio (1328-1341). Fillo de Miguel IX, morto no 1320. Deposto do seu dereito á sucesión pola morte do seu irmán Miguel, orixinouse unha guerra civil (1321) que rematou coa abdicación do seu avó Andrónico II (1328). Entregou o goberno a Xoán VI Cantacuceno. Durante o seu reinado proseguiu o avance dos turcos e serbios, pero logrou restablecer a autoridade bizantina sobre Quíos e Lesbos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Bizancio (1376-1379). Destituíu ao seu pai Xoán V e gobernou ata que este recuperou o trono (1379).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Cartelle baixo a advocación de santa Baia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fanzine nado na Coruña e Vigo en 1990 e subtitulado “No recomendado para menores de 18 centímetros”. Este cómic presentaba guións de Armando Teijeiro López con debuxos de Xavier Rico Ascariz e Iñaki Velasco Martínez. Incluía ademais poesía e prosas poéticas. Tocaba tamén temas anticlericais e sexuais.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico grego. Estudou literatura e cine en París. Ao seu regreso a Grecia, foi crítico cinematográfico e emprendeu unha filmografía politicamente comprometida e dotada dun particular estilo visual, ademais das propias pretensións didácticas. Precisamente as súas propias contradicións, xunto coa forma que adoptan as súas películas, crean confusión entre o gran público. Dos seus filmes destacan Anaparastassi (Reconstrución, 1970), Topio stin omihli (Paisaxe na néboa, 1989), premiado en Venecia, Le pas suspendu de la cygogne (O paso detido da cigoña, 1991) e To Vlemma Tou Odyssea (Un ollar para cada día, 1995).
VER O DETALLE DO TERMO
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xoán Manuel Novegil González-Anleo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista bimensual francesa de xeografía. Creada por P. Vidal de la Blache (1891), recolle reseñas, notas bibliográficas, crónicas e artigos especializados en todos os terreos da xeografía.
-
PERSOEIRO
Creador de vestiarios e decorados para o cine, de orixe rusa. Chegou a Francia con Chagall e Jean Pougny, despois de dirixir na URSS a popular pantomima A prisión do Palacio de Inverno. Traballou especialmente para Max Ophüls.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Programa internacional de investigacións xeofísicas que durou 18 meses, do 1 de xullo de 1957 ao 31 de decembro de 1958. O programa conduciu a progresos considerables en diversos campos: estrutura da codia terrestre, cartografía do zócolo rochoso da Antártida, cartografía das correntes mariñas e dos fondos submarinos, exploración do espacio, etc. Durante o AXI púxose en órbita o primeiro satélite artificial (Sputnik I, 4 de outubro de 1957).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Membro do sector máis extremista do arianismo. Os anomeos ou aecianos defendían que entre o Pai e o Fillo había unha disimilitude completa. Os seus representantes máis notables foron Aecio e Eunomio.