"rei" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1485.
-
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido polo pseudónimo Baccio della Porta. Formouse á beira de Cosimo Roselli. No ano 1494 montou o seu obradoiro con Mariotto Albertinelli. Influído por Savoranola, ingresou na orde de San Domingos (1500) e, tralo seu retiro a San Marco de Florencia, puxo a súa obra ao servizo da relixión. A súa arte adoitou unha forma clásica, influída polo sfumato de Leonardo e a harmonía de Rafael. Contribuíu a fixar a tipoloxía da Virxe e entre as súas obras salientan: Aparición de Deus a santa Caterina e santa Margarida e Os desposorios místicos de santa Catarina.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Canle que separa Tasmania de Australia, limitado ao L polas illas King e Hunter, e ao O polo arquipélago das illas Furneaux. Foi descuberto en 1798 por George Bass.
-
PERSOEIRO
Escritor e crítico literario alemán. É autor de ensaios como Literatur für Zitgenossen (Literatura para contemporáneos, 1966), Aussichten des Romans (Perspectivas da novela, 1968) e Die Verdrängte Phantasie (A imaxinación reprimida, 1972). Escribiu, así mesmo, as novelas Der Löwengarten (O xardín dos leóns, 1961), Hausmusik: ein deutsches Familienalbum (Veladas musicais: un álbum alemán de familia, 1962) e Panzer-Lreuzer Potjomkim (O acoirazado Potemkin, 1967). As dúas últimas obras reflicten de forma crítica a actual sociedade alemá en relación co seu pasado fascista. Tamén escribiu teatro, dándose a coñecer con Jettchen Geberts Geschichte (A historia de Queta Gebert, 1978) e Wahlverwandtschaften (As afinidades electivas, 1981), obra baseada na novela homónima de Goethe.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que compra e vende becerros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Canle que separa as costas de Alasca (América) das de Siberia (Asia), comunicando o mar dos Chukchi co mar de Bering. O treito máis estreito está entre o cabo Príncipe de Gales (Alasca) e o cabo de Dežnev (Siberia). O estreito recibe o nome do navegante danés Vitus Bering, que o atravesou no ano 1728.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de figueira que produce froitos en dúas tempadas; os primeiros son as béveras, en xuño ou xullo, e os segundos son os figos propiamente ditos, no outono.
-
PRAIAS
Praia do litoral setentrional da ría de Muros e Noia, na parroquia de Outeiro (concello de Outes).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo. Logo de estudar Filosofía e Letras en Santiago de Compostela e Madrid, onde tamén se licenciou en Filoloxía Clásica, especializouse en Arqueoloxía Clásica con Antonio García y Bellido, completando a súa formación nas universidades de Oxford e Heidelberg. Traballou no Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e foi catedrático de Arqueoloxía, Epigrafía e Numismática na Universidad de Sevilla e de Arqueoloxía na Universidad Complutense de Madrid. Dirixiu as escavacións de Ceal e La Guardia (Jaén). Escribiu as obras: Musa Alemá (1961), con Celso E. Ferreiro, Excavaciones en el Cerro Salomón (1970) e Historia de Sevilla: la ciudad antigua, de la prehistoria a los visigodos (1984). Ademais colaborou na prensa especializada con numerosos artigos, algúns deles en Cuadernos de Estudios Gallegos. É membro da Real Academia de Historia, da de Bellas Artes de San Fernando e da Real Academia Galega. En 1983 obtivo o Premio Nacional Fray Luis...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor. Iniciou a súa andaina co grupo Candea, participando nos espectáculos Noite de lobos (1975) e O mestre (1978). Foi cofundador do grupo Maiolongo, en Culleredo, para o que escribiu as pezas Camiñar a cegas, estreada en 1976 e publicada en 1990 nos Cadernos da Escola Dramática Galega, e O día que o sol alumeou pola noite, estreada en 1977. Deixou o borrador dunha terceira peza titulada A cinza, ultimada por Carlos Pereira Martínez. A primeira destas pezas analiza o impacto do alcoholismo na sociedade galega tradicional, a segunda os efectos da emigración e na terceira o autor inicia unha segunda etapa, atenta a escritas máis contemporáneas e actuais, recuperando técnicas no tratamento da materia dramática propias do teatro do absurdo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de artistas expresionistas establecidos en Múnic que se separaron, en decembro de 1911, da Neue Künstlervereinigung. Estaba formado por Vasili Kandinskij, Franz Marc, Alfred Kubin e Gabriele Münter. Posteriormente, sumóuselles Paul Klee e August Macke. Marc exerceu como director, pero foi Kandinskij quen lle imprimiu un espírito especial coa súa concepción nova da arte, expresada en Über das Geistige in der Kunst (Sobre a espiritualidade na arte, 1912) e en Rückblicke (Ollada ao pasado, 1913). A principios de 1912, Marc e Kandinskij publicaron o almanaque Der Blaue Reiter, na súa cuberta aparecía o cadro de Kandinskij que dera nome ao grupo. Promoveron unha arte innovadora que fuxía dos convencionalismos e que abría as posibilidades para o informalismo. Triunfou nos anos posteriores á Primeira Guerra Mundial. Esta dispersou o grupo e motivou a desaparición dalgúns dos seus compoñentes, ao mesmo tempo que clarificou a liña iniciada por Kandinskij e Klee....
-
MONTES
Monte de 1.351 m de altitude, preto da aldea de Reigosa, no concello de Samos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Canle situada entre a punta de Pertusato (Córsega) e as de Testa e Falcona (Sardeña).
-
GALICIA
Técnico de sistemas e deseñador. Traballou no Diario 16 de Galicia (1991-1998). Deseñou a publicación Metrópolis de Vigo (1991-1993) e foi editor e deseñador da revista comarcal El Valle (1993-1995). É director de Edicións e Sistemas de Ir Indo e da EGU.
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia e punta do litoral occidental da península do Grove, na parroquia de San Vicente do Grove (concello do Grove), situada no S da enseada de Castiñeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria do Ferrol. As súas armas levan, en campo de azul, un conxunto de abellas.
-
-
-
Persoa que comercia con cera crúa.
-
Persoa que se dedica a castrar colmeas.
-
-
-
Burato situado na parte inferior dos toneis ou pipotes do viño onde vai colocada a billa.
-
Burato que hai no fondo das caldeiras do alambique por onde se tiran os restos e as borras.
-
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Gondomar baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
REINOS
Reino greco-escita creado na fin do s V a C (438 a C) ao redor de Panticapeon, colonia grega de orixe milesia na península de Crimea. Dominaba as dúas ribeiras do estreito de Kerč’ o de Yenicalé, pero a área de influencia chegaba ata o Cáucaso. Agrupaba as cidades gregas de Panticapeon, Fanagoria, Nimfeon xunto con diversas tribos escitas. A fins do s II a C pasou a formar parte dos estados de Mitrídates Eupator ou o Grande, cedida polo seu monarca incapaz de enfrontarse aos ataques dos escitas. Pompeio reconstituíu o reino e deullo a Farnaces, fillo de Mitrídates pola axuda que prestara os romanos contra seu pai. Caeu baixo o dominio de Roma en tempos de César e formou parte do Imperio como Reino dependente ata o s IV d C, cando foi definitivamente invadido polos bárbaros.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Adega coa Denominación de Orixe Rías Baixas, situada en Ribadumia e fundada en 1983. Produce uns 400.000 litros de viño ao ano (1999) que comercializa con marcas como Bouza do Rei ou Castelo da Bouza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequeno cordel de cánabo que se emprega para atar paquetes.