"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
GALICIA
Mestre e poeta. Influenciado pola obra de Rosalía, Curros e Pondal, formou parte da segunda xeración provincialista de poetas. Exerceu como mestre na Escola Práctica anexa á Normal da Coruña e, desde 1865, na Escola Normal de mestras. Fundador e director de El Diario de Galicia (1856), o 1 de outubro de 1860 fundou, en colaboración co seu irmán Antonio, a revista Galicia. Ademais, colaborou cos seus artigos e composicións poéticas en numerosas publicacións da época. Creador da sociedade Folk-lore Gallego, fundou en 1891 a Asociación Regionalista da Coruña. Da súa obra cómpre destacar o poema Galicia (1861), co que conseguiu o primeiro premio dos Xogos Florais da Coruña; o primeiro drama escrito en galego, titulado A fonte do xuramento (1882); e unha recompilación póstuma de poesías Do mar e da terra (1930), realizada por Gumersindo Placer.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Coñecido como Alex de la Iglesia, foi director artístico de Todo por la pasta (1991) de Enrique Urbizu. Realizou Mirindas Asesinas (1991), o seu primeiro corto e co que acaparou diversos premios en numerosos festivais, e os filmes Acción Mutante (1992), galardoada no Festival de Cine Fantástico de Montréal e gañadora de tres Premios Goya, El día de la Bestia (1995), que obtivo seis premios Goya e foi galardoada nos festivais de Géradmar e Bruxelas, La Comunidad (2000), que recibiu tres premios Goya, 800 Balas (2002), pola que tamén obtivo un Premio Goya, e Crimen Ferpecto (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Alejandro de la Iglesia Mendoza.
-
GALICIA
Xornalista. Doutor en Ciencias da Información pola Universidad de Navarra, é profesor de xornalismo na Universidad Complutense de Madrid. Colaborador de numerosas revistas e xornais, publicou Historia de una empresa periodística (1980), La televisión dominada (1990) e Una semana sin televisión (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Franciscano. Doutorouse en Teoloxía (1808) en Salamanca. Catedrático en Santiago de Compostela, foi nomeado arquiveiro extraordinario do Arquivo e Biblioteca da Universidade (1812).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino de orixe incerta, probablemente relacionado co termo eúscaro inda ‘forza’. Santo Indalecio (s I), bispo de Almería e un dos primeiros evanxelizadores de España, celébrase o 15 de maio.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que xurdiu en 1991 nunha terceira etapa como continuadora do Boletín de Información Teatral da Escola Dramática Galega e do Boletín de Información Teatral. Conta con novos colaboradores, como Roberto Salgueiro, Mª Xosé Queizán, Maite Rodal ou Euloxio R. Ruibal. Nesta etapa introduciu un caderniño central de textos dramáticos tanto de autores estranxeiros coma galegos, ademais dunha nova sección “Opinión desde a butaca”. Os seus últimos números eran monográficos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade creada en 1985 en València por iniciativa da Generalitat Valenciana (1985) para a investigación e difusión da arte do s XX. Conta co Centre Julio González, inaugurado en 1989, e a Sala de la Muralla, inaugurada en 1991. Ten unha colección permanente e realiza exposicións temporais, conferencias, cursos, talleres e edición de publicacións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corporación académica fundada en Santiago de Compostela en maio de 1971 ao abeiro da Lei Xeral de Educación (1970), que prevía o estudo das linguas vernáculas, e do artigo 2º dos Estatutos Provisorios da Universidade de Santiago de Compostela. Os seus antecedentes datan de 1966 cando o profesor Constantino García González tomou posesión da primeira cátedra de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago e posteriormente pasou a dirixir na facultade de Filosofía e Letras o departamento de Filoloxía Románica. Neste departamento comezaron as diversas investigacións sobre a lingua galega, especialmente, a recollida de material lingüístico en todo o territorio de fala galega. O ILG creouse principalmente para promover o estudo científico da lingua galega e promocionar e divulgar a súa proxección social. Constantino García dirixiuno desde xullo de 1971 ata outubro de 1990, ano en que foi nomeado director en funcións Antón Santamarina. Desde a súa fundación o seu persoal científico investigador...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade cultural constituída formalmente en 1944, aínda que se acordou a súa creación en 1943, en Santiago de Compostela. Adscrito ao Centro Superior de Investigaciones Científicas, naceu baixo o Franquismo en substitución do Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) e recolleu parte dos seus fondos, espoliados e depositados na Universidade de Santiago de Compostela. Desde a súa fundación acolleuse á patrocinio e maxisterio de frei Martín Sarmiento. Tivo a súa primeira sede na rúa Nova e en 1946 trasladouse á antiga librería do Colexio Fonseca para, posteriormente, instalarse no Hospital de San Roque. O seu primeiro director foi Francisco Javier Sánchez Cantón e desde 1994 diríxeo Eduardo Pardo de Guevara y Valdés. No momento da súa creación estaba constituído en dez seccións: Xeografía, Prehistoria, Historia, Arqueoloxía, Arte, Filoloxía, Literatura, Etnografía e Folclore, Estudios compostelanos e Peregrinacións, e Bibliografía e Publicacións. Despois de diversas modificacións organízase...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo autónomo creado pola Xunta de Galicia (1988) encargado da execución da política da vivenda, solo residencial e empresarial, en coordinación coa Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Ten como finalidade controlar a utilización do solo en beneficio do interese xeral e garantir os dereitos constitucionais de residencia digna. Entre as súas funcións destacan a promoción e xestión de plans aprobados desde a Consellería, a realización de estudios sobre oferta e demanda de vivendas e solo, a promoción pública de vivendas de protección oficial e a fixación do réxime de uso, o fomento da mellora e rehabilitación de vivenda rural, a promoción de cooperativas para a construción ou o estudo de novas tecnoloxías e a inspección e control de calidade na edificación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo creado en 1989 pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia coa finalidade de potenciar manifestacións escénicas como o teatro, a danza e a música. Na súa estrutura organizativa conta cun Consello Rector no que están representadas as forzas políticas do Parlamento de Galicia e outras persoas de libre designación, amais dun xerente e un presidente. As súas actividades están moi diversificadas. Conta con estruturas permanentes, como o Centro Dramático Galego, o Ballet Galego Rei de Viana, o Centro de Documentación Teatral e a Escola de Altos Estudios Musicais. Organiza o Premio Álvaro Cunqueiro de textos dramáticos, patrocina a edición de varias coleccións de teatro, subvenciona a produción e distribución de espectáculos de teatro, música e danza e promove e coordina a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
INGABAD.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo autónomo creado en 1996 para a defensa dos dereitos dos consumidores. Está rexido por un consello de dirección no que están representadas as principais organizacións de consumidores de Galicia e posúe oficinas distribuídas polas catro provincias galegas. Pertence ao Instituto Europeo Interrexional de Consumo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución patrocinada pola Xunta de Galicia, as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, e o ICI, que ten por obxecto a intensificación dos intercambios culturais, científicos e empresariais entre Galicia e os países iberamericanos. Publica a Revista Galega de Cooperación Científica Iberoamericana. Foi declarado de interese galego en 1991.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo autónomo de carácter administrativo, adscrito á Consellería de Economía e Facenda, creado en 1988 como instrumento de ordenación e planificación da actividade estatística da Comunidade Autónoma de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
[IGAFA] Centro de formación situado na punta Niño do Corvo da Illa de Arousa, no centro da zona con maior número de establecementos de cultivos mariños de Galicia. Naceu co obxectivo de impartir cursos para a obtención dos certificados de mariscador, acuicultor e especialista en cultivos mariños. Actualmente imparte a formación profesional en acuicultura. Conta con instalacións específicas de criadeiro, cetárea, laboratorios, un parque flotante (que dispón dunha batea para cultivo de moluscos e de gaiolas para cultivo de peixes), un taller de ensino náutico-pesqueiro, unha aula de aplicacións informáticas e un parque intermareal instalado nunha praia cedida pola Confraría de Pescadores de Arousa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade pública autonómica creada en 1994 por Decreto e adscrita ao SERGAS. A súa finalidade é intentar mellorar o sistema sanitario e fornecer o S de Galicia de novas prestacións de alta tecnoloxía sanitaria. Empezou a funcionar en 1996, e realiza actividades asistenciais en tres hospitais do SERGAS, Hospital Meixoeiro, Xeral-Cíes (Vigo) e Hospital Santa Mª Nai (Ourense), nos campos da cirurxía cardíaca, cardioloxía intervencionista, diagnose por imaxe, medicina nuclear e oncoloxía radioterápica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
IGAPE.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo público do Estado español, dependente do Ministerio de Agricultura, creado en 1971 en substitución do Patrimonio Forestal do Estado, do Servicio Nacional de Pesca Fluvial e Caza, e dos Distritos Forestais. Desapareceu en 1995 por Real Decreto. As súas funcións, e máis as do IRYDA (Instituto Nacional de Reforma y Desarrollo Agrario), son asumidas polo Organismo Autónomo de Parques Nacionais, que realiza a xestión dos montes, terreos e bens patrimoniais de propiedade estatal.