"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • Construción situada en Lourizán (Pontevedra). Ergueuse a comenzos do s XIX, en estilo modernista. Ten cuberta de lousa, cunha combinación de pequenas cúpulas e mansardas de estilo francés, e destacan os enormes ventanais e a ornamentación. Foi propiedade de Uxío Montero Ríos e da súa familia, e converteuse posteriormente en sede do Centro de Investigacións Forestais e Ambientais de Lourizán, dependente da Consellería de Medio Ambiente. Os seus terreos dedicaronse á plantación e mostraxe de especies forestais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa. Iniciouse no intimismo posmodernista con Versos 1920-1938 (1938) e, posteriormente, evolucionou a unha escrita onde domina a serenidade contemplativa con Juegos de agua (1947). Das súas obras destacan Poemas sin nombre (1953), Obra lírica (1965), La novia de Lázaro (1991) e a novela Jardín (1951). Recibiu o Premio Nacional de Literatura (1986) e o Premio Cervantes (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Foi redactor de El Pueblo Gallego e ABC, e realizou tarefas radiofónicas en Radio Madrid. Pertenceu tamén ao Central Office of Information (COI) de Londres e foi correspondente en Galicia de Cuadernos para el diálogo. Posteriormente, foi xefe de sección en La Voz de Galicia e director de Hoja del lunes de Vigo. Ademais da tradución de A pantasma de Canterville (1983), de Oscar Wilde, escribiu Lengua, cultura y periodismo (1970) e Noticias de América (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo, predicador e escritor. Organizou o grupo dos irmáns bohemios. Apoiou a reforma luterana, pero achegouse ideoloxicamente a Zwingli e coincidiu coa doutrina católica na cuestión dos sacramentos, o sacerdocio e o celibato eclesiástico. Escribiu himnos (1505) e un catecismo (1522).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. En 1841 expuxo na Academia de San Fernando e, en 1850, colaborou na decoración do Teatro Real de Madrid. Foi tenente da Milicia Nacional en 1856. Romántico, foi un bo retratista e destacou polas súas escenas populares, nas que se aprecia o influxo de Goya. O seu fillo Eugenio Lucas Villaamil (Madrid 1858-1918) tamén foi pintor. Continuou a obra do seu pai, cun estilo moi semellante pero de menor calidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (986-987), fillo de Lotario III. Derradeiro monarca da dinastía carolinxia, sucedeuno no trono Hugo Capeto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sultán gaznévida (998-1030), fillo de Sebüktigin. Someteu os gúridas e anexionou Panjab, unha parte do Sind, o N do Baluchistán, Afganistán, Sīstān, Corasmia e unha parte da Transoxiana. Urbanizou Ghaznī e converteuna nun centro científico e cultural, onde acolleu a al-Bīrūnī e Firdawsi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra e violinista francés. Foi director da Sinfónica da Radio de Berlín, da Sinfónica de Cleveland, da Nacional de Francia e da Sinfónica da Radio de Baviera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Crendes (Abegondo). Realizado en cachotería de granito recebada e encalada, os esquinais, vans e as liñas dos forxados están encintados en cantería. Ten planta rectangular alongada, co corpo central máis elevado, ao xeito de torre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe dado ou recibido cunha machada ou cun machado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Químico. Catedrático de Edafoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e Presidente da Sociedad Española de la Ciencia de Suelo, foi director da ETSI Agrónomos de Lugo e director da Axencia de Calidade Ambiental da Consellería de Ordenación do Territorio. Publicou numerosos traballos de investigación e monografías tanto en revistas nacionais coma estranxeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Madarnás (O Carballiño). Datado probablemente no s XVI, está composto por dous corpos de planta rectangular e conta cunha garita montada sobre ménsulas. Posúe os escudos das familias que alí habitaron, os Ulloa, os Salgado, os Temes e os Mosquera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de pintores do s XIX. José de Madrazo Agudo (Santander 1781-Madrid 1859), foi discípulo de Ferro y Acuña en Madrid, de J. L. David en París e de A. Canova en Roma. Foi pintor de cámara de Carlos IV, Fernando VII e Isabel II, director da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1838) e do Museo Nacional del Prado (1839). Pintor neoclásico, cultivou o tema histórico, como na obra La Muerte de Viriato. O seu fillo Federico de Madrazo Kuntz (Roma 1815-Madrid 1894) foi discípulo seu en Madrid, de J. A. D. Ingres en París e de J. F. Overbeck en Roma, e pintor de cámara da Raíña Isabel II. O goberno francés encargoulle Godofredo de Boulogne para Versailles. Foi director da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1865) e do Museo Nacional del Prado (1860-1881). Luis de Madrazo Kuntz (Madrid 1825-1897), colaborou co seu irmán Federico e foi director da Escuela Superior de Bellas Artes de Madrid. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Taquígrafo e escritor. Foi taquígrafo do Congreso (1846-1853) e de diversos diarios de Madrid. Publicou Historia militar y política de Zumalacárregui (1844), Glorias de la taquigrafía. Excelencias de la de Martí (1857) e   Impresiones de un viaje a Barcelona (1858).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Revista de divulgación, xeralmente ilustrada.

    2. Programa periódico de radio ou de televisión sobre un tema determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Viveiro baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Couso (A Estrada). Con planta rectangular e dous andares, erixiuse dentro dun recinto amurallado, con dúas portas de acceso, unha con arco de medio punto e outra con arco apuntado. Pertenceu ao conde de Ximonde. Conserva o escudo con data de 1530, aínda que a construción é anterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1973), doutor desde 1984. Realizou guións para a TVE-Galicia e escribiu as monografías Galicia na Segunda República e baixo o franquismo (1930-1976) (1988), Memoria-Catálogo das publicacións galegas antifranquistas (1990), Galegos en Euskadi. Galicia no corazón (1992), Nautilus (1994), As embarcacións de pasaxe das rías galegas (1573-2000) (2001), Resistencia, guerrilla e represión. Causas e consellos de guerra. Ferrol (1936-1955) (2003) e Historia do sindicalismo nacionalista galego (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa e crítica literaria árabe. Foi unha das precursoras na utilización do verso libre na literatura árabe. Da súa produción destacan Ašiqat al-Layl (O amante da noite, 1949), de Palatino; ḫ ams aģānī li-l-alam (Cinco cantos pola dor, 1957), Youghiyar Alouanah Al-Bahr (O mar cambia as súas cores, 1999), e ensaios sobre poesía contemporánea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Ribela (Coles). Ten planta en forma de U, de dúas alturas, construída en cantería de granito e o acceso faise por un portalón con arco de medio punto. Conserva un escudo na fachada, e na finca, hórreo, forno, fonte e pombal.

    VER O DETALLE DO TERMO