"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
PERSOEIRO
Matemático e lóxico inglés. Autodidacta, estudiou as obras de Lagrange e Laplace. Catedrático do Queen’s College de Corcaigh (Cork), realizou importantes traballos sobre a análise matemática e contribuíu á fixación do concepto de invariancia. No ano 1854 publicou a súa obra mestra, An Investigation into the Laws of Thought, on which are Founded the Mathematical Theories of Logic and Probabilities (Unha investigación sobre as leis do pensamento, nas que se fundamentan as teorías da lóxica matemática e as probabilidades). Estableceu a base para os fundadores do Loxicismo, e foi o iniciador da Lóxica simbólica. Formalizou un conxunto de regras alxebraicas para a transformación das proposicións lóxicas, ás que chamou leis do pensamento e que se coñecen ademais co nome de álxebra de Boole.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Retículo complementado e distributivo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Se as partes Ai dun conxunto E son as variables ou os argumentos dunha función de Boole, chámase variable de Boole ás súas funcións características f(Ai;x). Tamén se coñecen co nome de variables binarias.
-
-
Relativo ou pertencente a Georges Boole ou á súa álxebra.
-
Aplícase ao sistema de busca de textos nun ordenador ou nunha rede informática empregando unha aplicación na que se combinan termos como AND, OR e NOT, cos que se indican coa máxima precisión posible que é o que desexamos atopar, limitando os resultados a aqueles que teñan máis posibilidades de achegarse ao obxecto da busca.
-
-
-
Incremento ou prosperidade repentina e pouco estable.
-
Máximo dun ciclo económico, é dicir, culminación dunha fase expansiva na actividade económica, cando esta se atopa en situación de plena ocupación dos recursos producidos, manifestada nunha alza xeral dos índices económicos.
-
-
PERSOEIRO
Escritor flamengo. Da súa obra cómpre destacar: Mijn kleine oorlog (A miña pequena guerra), De Kapellekensbaan (A avenida da capeliña), Menuet (Minueto, 1955) e Het Geuzenboek (O libro dos pillabáns).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Colonizador e aventureiro. Explorou as rexións dos actuais estados de Kentucky, onde fundou a cidade de Boonesborough (1775), e Missouri. A súa figura foi exaltada pola literatura e o cine norteamericanos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes da familia dos espáridos ao que pertence a boga.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico inglés. Comezou como crítico de cine aos dezasete anos. Trasladouse aos EE UU, onde realizou algúns filmes de acción e de xénero fantástico. A súa primeira película foi Catch us if you can (Cóllenos se podes, 1965). Traballou tamén para a televisión realizando documentais. Excalibur (1981), o seu mellor filme, é unha compilación ampla e barroca das lendas arturianas, acompañado da impoñente obra titulada Carmina Burana de Carl Orff. Despois realizou, entre outras, The Emerald Forest (O bosque esmeralda, 1985), Where the Heart is? (Onde está o corazón?, 1991) e Beyond Rangoon (Moito máis alá de Rangún, 1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Motor-foguete auxiliar de gran potencia que serve para darlle a un foguete espacial pesado a velocidade inicial precisa para poder continuar a marcha do motor principal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boieiro.
-
FAMILIAS
Familia de actores angloamericanos. Junius Brutus Booth (1796 - 1852), especializado en personaxes shakespearianos, rivalizaba con Edmund Kean, e en 1821 trasladouse aos EE UU. Entre os seus fillos destacaron Edwin Thomas Booth (1833 - 1893), que fundou o Player’s Club de Nova York (1888), e John Wilkes Booth (1838 - 1865), tamén actor, que, ligado á causa sudista, asasinou o Presidente Lincoln.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Armador e sociólogo. Preocupado polos problemas dos traballadores e proletarios, estudiou os seus conflitos no clásico da sociografía Life and labour of the people of London (Vida e traballo da xente de Londres, 1891-1897). Elaborou un proxecto a prol das pensións de vellez.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Predicador inglés. Convertido ao Metodismo, foi predicador ambulante e promoveu un movemento de reviviscencia en Whitechapel chamado Christian Mission (1864), que en 1878 se converteu no Exército de Salvación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PENÍNSULAS
Península do Canadá, no Océano Ártico, pertencente administrativamente ao territorio do Noroeste. A máis setentrional das penínsulas canadenses, está separada da Terra de Baffin polo golfo de Boothia, e da Illa Victoria polo canal MacClintock. Foi descuberta en 1829 polo capitán John Ross, que lle deu o nome en honor de sir Felix Booth, quen financiara a expedición.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do condado de Merseyside, no NO de Inglaterra, Reino Unido (62.463 h [1981]). Inclúe o sector norte dos peiraos do esteiro de Mersey, onde traballa a maior parte da súa poboación. Destacan os seus estaleiros de reparación naval, as fábricas de maquinaria e de produción de fío de aceiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estilo de jazz orixinado en Nova York cara ao 1942, tamén coñecido como bebop ou rebop. Caracterízase polo abandono da continuidade rítmica e a prolongación das bases harmónicas. Entre os seus promotores destacan Dizzy Gillespie e Charlie Parker. Polo ano 1950 o bop deu nacemento ao movemento chamado cool.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo bantustán da República Sudafricana, constituído por seis territorios illados no interior da provincia de Transvaal, agás un que limita con Botswana (44.000 km2; 1.741.000 h [1985]). Establecida como bantustán autónomo dende 1972, o 6 de decembro de 1977, en virtude dunha decisión do goberno sudafricano, proclamou oficialmente a súa independencia, erixíndose en República de Bophuthatswana, aínda que non foi recoñecida oficialmente por ningún outro estado, nin polas Nacións Unidas, nin pola Organización para a Unidade Africana. A súa capital era Mmabatho. A declaración de independencia implicaba para os seus habitantes nativos a perda da cidadanía sudafricana. Con poboación maioritariamente tswana (68,8%), existían outras minorías de xhosas, sothos e zulús. O tswana, o inglés e o afrikaans tiñan carácter de linguas oficiais. A relixión principal era a cristiá (nas confesións católica, anglicana, metodista e luterana). O goberno estaba rexido por un Presidente elixido pola...
-
PERSOEIRO
Lingüista alemán. En 1816 publicou Uber das Conjugations-system der Sanskritsprache (Sobre o sistema de conxugacións do sánscrito), obra que constitúe o inicio da gramática comparativa do indoeuropeo, xuntamente cos traballos de Rasmus Kristian Rask. Con Vergleichende Gramatik des Sanskrit, Zend, Griechischen, Lateinischen, Litthauischen, Altslavischen, Gothischen und Deutschen (Gramática comparativa do sánscrito, grego, latín, lituano, eslavo antigo, gótico e alemán, 1832-1852) remontouse ata a orixe de todo o sistema flexional indoeuropeo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de abrir a boca para inspirar, especialmente a aspiración forte que precede á morte.
-
Abertura involuntaria da boca con inspiración profunda e seguida dunha prolongada expiración, xeralmente ruidosa.
-