"Fer" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2007.

  • GALICIA

    Maxistrado e escritor. Licenciouse en Dereito na Universidad Central de Madrid. Foi presidente do Tribunal de Revisión de Penas en Oviedo durante a Guerra Civil Española e, posteriormente, maxistrado e presidente da Audiencia Provincial da Coruña (1961). Colaborou en diversas publicacións, como El Universal, La Esfera, El Mundo, El Noroeste, La Voz de Galicia e Vida Gallega. Publicou La vieja y memorable Marineda (1951) e Semblanzas del banquillo. Crónicas de Audiencia Pública (1957). Foi membro correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. En 1812 obtivo o Premio de Roma. Dedicouse principalmente á opera cómica. Tamén escribiu ballets, música sinfónica e de cámara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manto de auga que envolve o globo terráqueo e que cobre, aproximadamente, dous tercios da superficie do planeta. Comprende a auga dos océanos, dos mares, dos lagos e dos ríos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subtracción ou desaparición dun épsilon (ε), en certos dialectos gregos, para romper un hiato (etolio βο ã θοέω, ático βοηθ ῶ ).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e político alemán. Adscrito ao austromarxismo, foi ministro de Finanzas (1923 e 1928-1929) e deputado do Reichstag. Na súa obra Das Finazkapital (O capital financeiro, 1910) explicou como os bancos se apropian do capital necesario para o funcionamento da industria e favorecen a concentración empresarial e a estabilidade do sistema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bóla de O4 ou a súa fronteira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de linfoma, o máis frecuente de todos, caracterizado pola presenza de linfocitos atípicos de gran volume con diversos núcleos e nucleolos prominentes (células de Reed-Sternberg). As formas con predominio linfocitario ou ben esclerose nodular danse máis a miúdo na xente nova e teñen bo prognóstico. As variedades que cursan con celularidade mixta ou ben deplección linfocitaria son propias de idades avanzadas e o seu prognóstico é peor. Foi descrita polo médico inglés Thomas Hodgkin (1798-1866).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor suízo. Cultivou o simbolismo, ata que asumiu un estilo monumental con figuras humanas arquitectónicas que se relacionan entre si polo movemento e simbolizan a humanidade. Destacan as súas obras O sono, A primavera, A noite, O día e os frescos de Marignano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor alemán. Residiu en Roma, onde pintou Dúas mulleres (1907), e en París, interesado por Cézanne, realizou unha adaptación dos Xogadores de cartas (1924).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Zona da atmosfera máis próxima á terra que comprende a troposfera, a estratosfera e a mesosfera, e que se caracteriza pola homoxeneidade da mestura dos principais constituíntes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Tui. En 1856 foi ordenado sacerdote e en 1881 foi promovido á diocese de Tui. Fundador da Asociación de Salvamento de Náufragos para socorrer os mariñeiros, foi un activo carlista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor inglés. Coñecido como John Ford Madox, adheriuse ao imaxinismo. Fundou a English Review (1908) e, en París, a Trasatlantic Review. Elegante estilista, estivo influído por Henry James e Joseph Conrad, sobre os que escribiu ensaios en 1914 e 1924. Escribiu a novela The Good Soldier (1915), Collected Poems (1928), o ensaio The English Novel (1930) e unha triloxía sobre Katherin Howard.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que que produce hulla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é rico en humus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e musicólogo. Colaborador de El Progreso no tema do ferrocarril, asinaba os seus artigos como Xan da Fouce. Autor de diversas pezas teatrais, como Viaxe perdido (1949), Chacuecadas (1961) e Andrómenas (1961), publicou un Dicionario galego da rima e galego-castelán (1950), que constituíu o primeiro dicionario específico galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor teatral e cinematográfico. Coñecido como Tacholas, desenvolveu a súa traxectoria en Arxentina, país ao que emigrou cando tiña vinte anos. Alí participou en diversos espectáculos realizados por agrupacións escénicas afeccionadas. En 1935 uniuse á compañía de Maruxa Villanueva, e participou en diversos espectáculos creados e dirixidos por Manuel Daniel Varela Buxán e na estrea de Os vellos non deben de namorarse (1941), baixo a supervisión do propio Castelao. Posteriormente, creou as compañías Boga-Tacholas, coa súa muller Maruxa Boga, e a Compañía de Arte Folclórico Galego, coas que presentou diversos espectáculos de tipo enxebre e costumista. En 1975 visitou Galicia e participou en diversos traballos, entre eles na versión que de Os vellos non deben de namorarse realizara o grupo Teatro Circo. Participou en máis de cincuenta películas, algunhas cos mellores directores de cine arxentinos, entre as que destacan Mariñeiros (1938), Chiruca...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante de cómics. Coñecido como Kohell, nos seus inicios colaborou co grupo ourensán Frente Comixario. Realizou, entre outros, os debuxos de Impresiones de la Isla e Gorka e colaborou na antoloxía Comix 2000.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   Que produce ou bota lume.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de indiferente.

    2. Actitude indiferente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non se pode diferenciar.

    VER O DETALLE DO TERMO