"URA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1529.

  • Acción e efecto de tornear.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de inflixir deliberadamente a unha persoa dor ou un sufrimento agudo, físico ou psíquico, co fin de arrincarlle unha confesión ou de castigar un acto. Foi aplicada, na Idade Media, polos tribunais como castigo ou como medio para obter a declaración dun acusado, e especialmente pola Inquisición. A Ilustración reaccionou contra estas prácticas, que comezaron a ser abolidas en Europa cara a finais do s XVIII. En España foi abolida polas Cortes de Cádiz (1812) e, desde 1995, o Código Penal incluíuna como delito contra a integridade moral. Non obstante, seguiuse empregando nos réximes totalitarios e policíacos. Considerada unha aldraxe á dignidade da persoa humana, foi condenada na Declaración Universal dos Dereitos Humanos (1948) e en posteriores ocasións, pola ONU.

      1. Sufrimento físico ou moral insoportable.

      2. Persoa ou cousa que tortura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que manifesta un sufrimento psíquico ou moral intenso e continuado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen tortura.

      1. Xuíz que ordenaba a tortura física.

      2. Verdugo que aplicaba a tortura física.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Someter a alguén a un sufrimento físico ou moral.

    2. Padecer dor física ou psíquica por teimar en algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á vaca nova que nunca empreñou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociólogo francés. Especializado en temas de socioloxía industrial, deu importancia ao proceso de traballo. Escribiu, entre outras obras, Sociologie de l’action (1965), La conscience ouvrière (1965), La société postindustrielle (1969), Prodution de la société (1973), Pour la sociologie (1974), L’après-socialisme (1980), Le Mouvement ouvrier (1894) e Critique de la modernité (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar onde venden touros.

    2. Lugar onde se celebra a feira do gando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar e capital do concello de Vilaboa situada na parroquia homónima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • transfigurable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode transfigurar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de transfigurar ou transfigurarse.

    2. Episodio narrado polos Sinópticos no que Xesús Cristo lles manifestou a súa gloria aos apóstolos Pedro, Santiago e Xoán, sobre unha montaña, identificada na tradición como a de Tabor. A escena foi representada nas artes plásticas desde a Antigüidade e o episodio foi celebrado no calendario litúrxico, impoñendo Calisto III a súa celebración en toda a Igrexa Católica o día 6 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cambiar algo ou a alguén de aspecto, figura ou carácter, principalmente para mellor.

    2. Cambiar algo ou alguén de aspecto, figura ou carácter, principalmente para mellor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao núclido cuxo número atómico é superior a 92, que é o que lle corresponde ao uranio. Todos os núclidos transuránicos son radioactivos, con períodos de desintegración pequenos, e non se atopan na natureza, senón que son creados artificialmente por bombardeo de núclidos pesados con neutróns ou núclidos lixeiros. Os transuránidos forman parte do grupo dos actínidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de traveso.

    2. Acto propio dunha persoa inquieta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ariedade de uva branca, con acios grandes e bagos alongados, duros e moi doces.

    2. Viño que se elabora con esta uva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación de gaiteiros xurdida en Redondela en 1990 e composta por Toniño e Xoán López, Xaquín Xesteira, Paulo Nogueira (1995) e César Longa (1998). Tras a súa presentación oficial (1992) publicaron o seu primeiro disco en 1996, Obrigado, ao que seguiron Unha noite no muíño (1999) ou Unha noite non é nada (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tribunal supremo eclesiástico de casación constituído por seis cardeais elixidos polo papa, que xulga normalmente cuestións sobre violación do segredo por parte de auditores da Rota ou sospeitas sobre a súa actuación, nulidade das súas sentenzas, conflitos de competencia entre tribunais eclesiásticos menores e outras causas. A súa denominación provén da sinatura que estampaba o papa nos documentos de resposta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tribunal eclesiástico colexiado, ordinario, con sede en Madrid, constituído principalmente para recibir as apelacións contra as sentenzas eclesiásticas pronunciadas en España. Tivo a súa orixe no Tribunal del Nuncio que,a instancia de Carlos V, o Papa Clemente VII concedeu a España en 1529 como tribunal de apelación onde, amodo de privilexio, puideran terminarse as causas españolas sen necesidade de acudir a Roma. Este tribunal reformouno Clemente XIV en 1771 mediante a constitución Administrandae iustitia zelus e concedeulle unha organización similar ao da Rota Romana, polo que a partir de entón se denominou Rota de la Nunciatura Apostólica ou Tribunal de la Rota de la Nunciatura Apostólica. No s XIX suspendeuse en 5 ocasións, a causa das persecucións políticas contra a igrexa española. Pío XI suprimiuno o 21 de xuño de 1932, debido ás circunstancias particularmente antieclesiais creadas durante a Segunda República. Pío XII restableceuno o 7 de abril de 1947 mediante o motu...

    VER O DETALLE DO TERMO