"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Escultor. Foi escultor oficial de Luís XIV e dirixiu a decoración escultórica de Versailles trala morte de C. Le Brun. Entre as súas obras destacan Apollon servit par les nymphes, Le bain des nymphes, L’enlèvement de Proserpine e a tumba de Richelieu na Sorbonne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. En 1954 debutou na Comédie Française e ao ano seguinte no cine. Da súa filmografía cómpre destacar Rocco e i suoi fratelli (1960), Vivre pour vivre (1967) e Merci la Vie (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. A súa obra mostra unha orientación clasicista que se reflicte nunha construción dramática perfecta, nunha linguaxe poética moi escollida e na recreación dos vellos mitos clásicos. Destacan Siegfried (1928), Intermezzo (1933), L’Apollon de Bellac (1942), La Folle de Chaillot (1945) ou La Guerre de Troie N’Aura Pas Lieu (1935), traducida para o galego por X. L. Franco Grande e Xosé Manuel Beiras (Non haberá guerra de Troia, 1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Coñecido como Girodet-Trioson, foi discípulo de J. L. David. Pintou temas mitolóxicos e de inspiración literaria. Das súas obras destaca Les ombres des héros morts pour la patrie reçues par Ossian dans le paradis d’Odin (1801) e Atala au tombeau (1808).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Participou na fundación das JONS e, trala Guerra Civil, foi nomeado por F. Franco conselleiro nacional da FET y de las JONS e delegado da Confederación Nacional de Ex-combatientes. Ocupou a carteira de Traballo (1941-1957), desde a que puxo en marcha unha ampla lexislación social de carácter nacional-sindicalista: leis sobre o seguro de enfermidade, a hixiene e seguridade no traballo, e a introdución das pagas extraordinarias. En 1978 opúxose á instauración da democracia en España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, segundo duque de Ahumada e cuarto marqués de las Amarillas, fillo de Pedro Agustín Girón. Ascendeu a tenente coronel, coronel e mariscal de Campo, e foi nomeado Inspector do Segundo e Cuarto distritos militares (1843). Organizou e dirixiu o corpo da Garda Civil (1844-1854) e foi designado inspector xeral do corpo (1856-1858). Dende 1858 foi comandante xeneral do corpo de alabardeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Pertenceu á xeración de pintores que marcaron a transición entre o romanticismo e o realismo, e que cultivaron a pintura de historia. Con motivo da caída de Isabel II, dirixiu o Museo del Prado e foi pintor de cámara de Amadeo I. Das súas obras destacan Salida de Colón de Palos e Fusilamiento de Torrijos y sus compañeros (1888). Cultivou tamén o retrato e a pintura de xénero, como El prestidigitador e El minué.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lillian Diana de Guiche.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático italiano, duque de Giovenazzo e príncipe de Cellamare. Partidario de Filipe V durante a Guerra de Sucesión, o cardeal G. Alberoni nomeouno embaixador en París, onde conspirou contra o duque de Orléans. Descuberta a conspiración, volveu á Península Ibérica, onde foi nomeado vicerrei de Navarra (1718).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Nápoles, na Campania, Italia (91.265 h [2001]). Situada nos contrafortes setentrionais dos Campi Flegrei, cultívanse de forma intensiva hortalizas, froiteiras e viña. É unha área residencial para os traballadores de Nápoles. Do seu patrimonio cultural destacan o foro de Liternum, os restos romanos de Casacelle, as igrexas de San Nicola (ss XIII-XIV) e de Santa Sofia (s XVII) e o palacio Pinelli Duchi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e entallador italiano, irmán de Benedetto da Maiano. Coñecido como Giuliano da Maiano, traballou como entallador na catedral de Pisa, onde fixo o cadeirado do coro, e na catedral de Florencia, onde realizou os armarios da sancristía nova. En 1477 nomeárono arquitecto da catedral de Florencia. Contribuíu a difundir as primeiras formas renacentistas de Brunelleschi. Das súas obras destacan a capela de Santa Fina na colexiata de San Gimignano, o Palazzo Spannochi en Siena, a porta Capuana de Nápoles e a catedral de Faenza. Atribúenselle, entre outras obras, o Palazzo Venezia de Roma e o Palazzo Cuomo en Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bandoleiro. En 1943 formou unha partida de bandoleiros na Sicilia occidental co obxectivo de separar Sicilia de Italia. Aliouse cos sectores dereitistas demócrata-cristiáns e axudou a reprimir as actividades dos militantes comunistas (matanza de Portella della Ginestra, 1947). Morreu asasinado. F. Rosi realizou un filme sobre a súa vida, titulado Salvatore Giuliano (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Giulio Pippi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie superior e época do Carbonífero superior mariño de Rusia, que se sitúa enriba do Kasimoviano e debaixo do Permiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Gjeliano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome inglés de Morgannwg.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Extremo do pene cuberto polo prepucio e formado pola ampliación do corpo esponxoso, no que desemboca a uretra no seu extremo anterior.

      2. Porción de tecido eréctil que se localiza na punta do clítoris.

    1. Proxectil de pequeno tamaño, normalmente de chumbo e en forma de améndoa, que empregaban os romanos para lanzalo coa fonda, coa man ou con calquera outro instrumento. Algunhas veces levaban inscricións despectivas contra o inimigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á planta que produce landras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de landra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se alimenta de landras.

    VER O DETALLE DO TERMO