"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Relixioso, bibliotecario e arquiveiro. Membro do Consello Superior de Investigación Científicas (CSIC), impartiu clases no Seminario Conciliar de Madrid (1941-1943). En 1951 incorporouse á Academy of American Franciscan History, na que traballou na procura de documentación sobre o cardeal Cisneros, a colonización española en Hispanoamérica e a historia da súa orde. Escribiu, entre outras obras, Los Archivos de la Historia de América. Período colonial español (1960-1961), Los gallegos en América: entre el descubrimiento y la emancipación (1983) e Los gallegos en la cultura, las letras y el comercio de América (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora cubana. De tendencia romántica, colaborou na revista La Aureola baixo o pseudónimo de La Peregrina e dirixiu a revista Álbum cubano de lo bueno y de lo bello. Da súa produción destacan Leoncia (1840), Poesías (1841 e 1850), Alfonso Munio (1844), Baltasar (1858), El artista barquero o Los cuatro cinco de junio (1861) e Devocionario nuevo y completísimo en prosa y verso (1867).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e xornalista. En Montevideo fundou Revista Española e colaborou con outros medios informativos. Ademais, foi consultor honorario da legación española e fundou o Club Ibérico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Empregou o pseudónimo de Johan Carballeira e foi membro da Xeración de 1925. Colaborou en diversas publicacións como El Pueblo Gallego, Faro de Vigo, Céltiga, Resol, Cristal, Nós e Vida Gallega. Militante do Partido Galeguista, en 1935 foi elixido secretario local da Agrupación do Partido Galeguista de Bueu e conselleiro por Pontevedra, e en 1936 elixido alcalde de Bueu pola candidatura da Frente Popular. Co alzamento militar do 18 de xullo de 1936, foi obrigado a deixar o seu cargo de alcalde, detido en setembro e condenado a morte o 29 de decembro. Logo de ingresar no cárcere da illa de San Simón (1937), foi fusilado. En 1996 publicouse unha escolma de poemas da súa autoría titulado Cartafol de Poesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. O seu estilo foi monumental e severo. Das súas obras destacan o convento da Encarnación de Madrid (1611-1616), a Clerecía de Salamanca, a igrexa das Bernardas en Alcalá de Henares (1618), a praza maior de Madrid, o cárcere da Corte (1629-1934) e a casa do concello de Madrid (1640). Ademais, trazou o Panteón Real de El Escorial (1619) e reconstruíu a fachada sur do desaparecido Alcázar de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Valido de Filipe III (1598-1618), quinto marqués de Dénia, conde e duque de Lerma, conde de Ampudia (1602-1625), grande de España e cardeal (1618-1625), fillo do cuarto marqués de Dénia. Xentilhome da cámara de Filipe II, foi nomeado vicerrei de València (1595-1597). Trala morte do monarca (1598), Filipe III confioulle todos os asuntos de Estado, co que se iniciou o réxime de validos dos Austrias. A súa política interior estivo dirixida ao enriquecemento e engrandecemento persoal, para o que creou unha importante rede de clientelismo mediante a venda de títulos e favores. Foi tamén o artífice da expulsión dos mouriscos (1609-1610) e da política pacifista do monarca, que levou a Castela a asinar a paz con Francia (1601), Inglaterra (1605) e os Países Baixos (Tregua dos Doce Anos). Os escándalos financeiros e a crecente oposición dentro da corte, liderada polo seu fillo, a Raíña Margarida e o confesor real, Luis de Aliaga, precipitou a súa caída (1618). Tras abandonar a corte foi elixido...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Valido de Filipe III (1618-1621), primeiro duque de Uceda (1609) e marqués e duque de La Cea, fillo do duque de Lerma. Trala caída do seu pai (1618) ascendeu ao cargo de valido. Durante o seu goberno, influenciado por Luis de Aliaga e Baltasar de Zúñiga, reanudou a política bélica exterior, coa participación de Castela na primeira fase da Guerra dos Trinta Anos, e apoiou os intereses da nobreza latifundista. Á morte de Filipe III (1621), foi procesado e desterrado da corte polo novo monarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e poeta. Iniciouse no eido xornalístico durante a súa estadía en América, onde se caracterizou pola publicación de artigos de loita polos dereitos humanos. No seu regreso a Galicia, colaborou en La Zarpa, La Región e Escuela de Trabajo. Publicou os poemas Me puse a tirar piedras al Sol (1929) e Manifiesto pastoril de los niños pobres del mundo (1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario, mestre e político. Mestre en Castrelo de Miño, foi nomeado concelleiro (1954) e alcalde. Impulsor do cooperativismo agrario ourensán, en 1945 foi xerente da Unión Territorial de Cooperativas Orensanas (UTECO), desde a que creou as Cooperativas Orensanas (COREN). Como apoio financeiro, fundou a Caja Rural (1961). Foi procurador pola representación familiar de Ourense durante a IX e X lexislaturas (1967-1977) e deputado por Ourense no Congreso nas lexislaturas constituíntes, I e II (1977-1986), pola UCD. En 1983 colaborou no nacemento de Coalición Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Coñecida como Maruja Mallo, viviu en diferentes vilas por mor da profesión do seu pai, administrador de aduanas. En Avilés comezou a súa formación artística e aprendeu, entre outras técnicas, o dominio do debuxo ao lapis. En 1922 trasladouse a Madrid e ingresou na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando. Alí coñeceu a Salvador Dalí que a introduciu no círculo artístico da Residencia de Estudiantes, onde se relacionou con F. García Lorca e L. Buñuel, cos que participou na Cofradía de la Perdiz. Xunto coa poetisa Concha Méndez introduciuse na vida cultural madrileña, asistiu a parladoiros e coñeceu, da man do seu irmán Xusto, a Benjamín Palencia. Durante a súa etapa de aprendizaxe realizou retratos tradicionais e participou en diversos certames colectivos. Completou a súa formación coas clases de debuxo de Julio Moisés. Na Exposición de Arte Galega de Santiago participou coas obras Retrato, Montserrat e Cabeza (en 1924) e con paisaxes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, escultor e escritor. Realizou obras de temática relacionada con Galicia. Colaborou en El Progreso e La Voz de Galicia. Ilustrou, entre outros libros, Viudas de vivos, de Otilia Seijas, e Pequena historia dun gran café, de Eduardo Seijas Vázquez. Das súas obras destaca a escultura O cego de Roimil. Publicou os debuxos A arte inigualable das chamineas de Lugo (1990) e escribiu Los animales (1938) e Chantada, corazón de Galicia (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. De formación autodidacta, iniciou a súa carreira profesional coa compañía O Facho e logo participou en espectáculos de Teatro do Atlántico (Liberdade Brenana), Espello Cóncavo (Bailando en verán e As troianas) ou Teatro Galileo (A esperar por Godot e Caprichos de Cervantes).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e político. Membro da Federación Republicana Gallega (FRG), foi elixido deputado en 1931. Ministro de Industria e Comercio (12.9.1933-8.10.1933), foi detido e encarcerado tras iniciarse a Guerra Civil. Emigrou a Bos Aires en 1951, aínda que regresou en 1952. Foi membro das Irmandades da Fala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Exerceu como director e administrador do periódico Montevideo Noticioso, e colaborou en El Correo Español, La Aurora de Buenos Aires e La Unión Gallega. Foi presidente do Centro Galego e da Sociedad Española de Socorros Mutuos, e fundou a agrupación Circo d’as Monteiras (1886).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Foi profesor de teoría e historia da arte, e de construción xeral e técnica industrial na Escola de Artes e Industriais de Vigo, onde acadou a cátedra de Álxebra Superior e Xeometría Analítica (1904). Foi arquitecto director das obras do Empréstito de Vigo (1900-1905) e realizou o Mercado-peixería da Laxe (1900), o Mercado da praza do Progreso (1901), a dársena do Berbés (1901) e o Mercado de Contratación do Peixe (1902). Aínda que mostra ás veces certos elementos modernistas, a súa obra inscríbese no historicismo e no eclecticismo. Centrouse fundamentalmente no debuxo. Realizou, entre outras obras, unha casa na rúa Carral, pertencente á súa familia, cunha fachada simétrica con planta baixa e tres andares, e a casa para María Francisca Alfaya na mesma rúa (1901), na que Xenaro de la Fuente Domínguez engadiu un terceiro andar. Asinou o proxecto do Edificio Simeón en 1906, aínda que quen o rematou foi o seu irmán Manuel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. En 1898 creou en Vigo unha academia de debuxo e comezou a realizar esculturas e os primeiros proxectos arquitectónicos, que asumiron as novas tendencias modernistas, lonxe do clasicisismo e historicismo. En 1913 viaxou a Bos Aires e, logo, trasladouse a Madrid, onde finalizou os seus estudios de arquitectura (1914-1916) e obtivo o título (1917). Nos comezos da súa carreira os seus proxectos, ao carecer de titulación, foron asinados por outros arquitectos. En 1906 o seu irmán Bieito, enfermo desde 1905, asinou o proxecto do Edificio Simeón de Vigo. As características construtivas e decorativas sinálano como o seu autor; os elementos decorativos e un amplo repertorio de formas animais e vexetais son modernistas, como tamén o é o emprego combinado de pedra e ferro. En 1910 realizou a casa para Enrique Mülder na avenida de Montero Ríos (1910), caracterizada pola cúpula en forma de ovo, revestida de placa cerámica, que ten como remate; e en 1912 Luís Vidal y Tuasón asinou o proxecto...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Licenciado e doutor en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi catedrático de Dereito Mercantil en Donostia e València, profesor na Universidad Carlos III de Madrid, vicerrector das universidades de València e Santiago de Compostela, secretario e decano da facultade de Dereito de Santiago de Compostela e director do Instituto de Dereito Industrial na universidade compostelá. Pertence á Comisión de Investigación da Oficina Europea de Patentes e ao Comité de Denominacións de Orixe da UE en Bruxelas. Foi un dos fundadores do Clube Nacionalista Alén Nós, do que foi vicepresidente e presidente. Membro do Seminario de Estudos Galegos, presidiu a sección de Ciencias Xurídicas e foi membro do Consello da Cultura Galega (1984-1986) e da Xunta Electoral de Galicia (1985-1990). Pertence ao padroado do Museo do Pobo Galego e ás fundacións Antonio Fraguas, Castelao e Pedrón de Ouro. Dirixiu as revistas Actas de Derecho Industrial e Cuadernos de Jurisprudencia sobre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Licenciouse en Ciencias da Información pola Universidad de Navarra. Editor e director xeral de España Exterior Publicaciones. Exerceu tamén como director xerente de La Región Internacional, delegado de Faro de Vigo, correspondente da BBC en diversos países do Leste, e de Europa Press en Londres, e director xeral do grupo de comunicación Galicia en el Mundo. Dirixiu o semanario Galicia en el Mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Emigrou á Arxentina e alí completou a súa formación literaria e cultural. Colaborou coa prensa galega de América e co periódico Umia y Lérez, onde reflectiu as súas impresións sobre aspectos socioeconómicos da comarca pontevedresa. Nas súas Impresiones de las ferias de Soutelo y Cachafeiro ofrecía datos etnográficos de grande interese. Publicou as novelas Terra Meiga (1924) e Céltiga (1924).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor galego. Coordinou o volume Relación de las Exequias que hiço la Real Audiencia del Reyno de Galiçia a la Magestad de la Reyna D. Margarita de Austria (1612) e escribiu un “Soneto con falda” en galego.

    VER O DETALLE DO TERMO