"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Agrupación creada en 1985 dedicada ao estudio, defensa e divulgación dos valores naturais e etnográficos da comarca do Baixo Miño. Dende a súa fundación estivo presidida por Agustín Ferreira Lorenzo. No ano 1985 organizou as Primeiras Xornadas Ibéricas sobre a Protección de Zonas Húmidas. Entre os obxectivos acadados están: a declaración do último tramo do esteiro do Miño como Refuxio de Caza (1986); a instalación de observatorios (1987) e dunha Estación Ornitolóxica (1998) no mesmo esteiro; a paralización da extracción de áridos no esteiro e a retirada dos pararraios radioactivos (1989). En 1991 creou o Museo do Mar no Centro Cultural Guardés dedicado á recolección e conservación de aparellos e pezas tradicionais empregadas polos mariñeiros da Guarda. Dentro das actividades naturalistas que desenvolve, está a organización de campañas de investigación na comarca que logo son publicadas nos diversos atlas de vertebrados e na serie de monografías sobre a natureza do Baixo Miño que publica...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe da familia dos anabántidos.

    2. Familia de peixes da orde dos perciformes integrada por individuos de forma alongada, co corpo comprimido lateralmente e recuberto de grandes escamas. Son de cores rechamantes e moi vistosas. Teñen uns órganos especiais denominados labirintiformes que se localizan na cavidade branquial e que lles permiten respirar bastante tempo fóra da auga. Viven en augas doces de países cálidos de África tropical e ecuatorial e de Asia tropical. Pertence a esta familia o xénero Anabas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina profesada polos anabaptistas, que nega a eficacia do bautismo administrado aos nenos antes do uso da razón e esixe rebautizalos de adultos para que dean testemuño da súa fe. Herdeira dos movementos “espirituais” da Idade Media, a súa orixe histórica é complexa. Aparecen diferentes grupos ao comezo da Reforma Protestante, entre os que hai que destacar o de Thomas Münzer, o dos anabaptistas suízos e alemáns que fixeron a primeira profesión de fe en Schleitheim (1527) e os dos menonitas ou discípulos de Menno Simons, un frisio que restaurou a ortodoxia dos anabaptistas. Representaba un movemento espiritualista, de piedade e misticismo, máis que teolóxico ou propiamente doutrinal: comunidade de bens, predicións apocalípticas, pacifismo e, nalgúns casos, a poligamia. Estivo moi perseguido polos católicos e polos protestantes. En 1572, o sector máis tolerante adoptou o nome de baptistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Individuo que profesa o anabaptismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Converter en labradío un terreo que estaba a monte.

    2. Incharse o ubre da vaca.

    3. Estragarse o plantado, xeralmente tubérculos, por pasar moito tempo na tona da terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Siberia, en Rusia (897 km). Nace no altiplano central de Siberia e descende ata o mar de Laptev, onde desemboca formando un esteiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos anabántidos, de auga doce, duns 20 cm de lonxitude, capaces de sobrevivir fóra da auga grazas a unha disposición especial das branquias; poden camiñar e subir coa axuda dunhas espiñas anais e preopeculares que posúen. Son propios de África e Asia tropicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplicado ás pezas teatrais, a anábase designa o grao de elevación que conduce a acción cara ao clímax que supón o desenlace.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra histórica de Xenofonte sobre a expedición (literalmente, ‘marcha cara ao interior’) organizada por Ciro o Xove, coa axuda dun corpo de mercenarios gregos, contra o seu irmán Artaxerxes II, Rei dos persas. Malia o título, o autor describe, sobre todo, a retirada dos “dez mil” despois da morte de Ciro na batalla de Cunaxa (401 a C) e do asasinato dos seus xefes principais. Xenofonte chegou a ser estratega e conseguiu a retirada dos gregos en Trapezunt (Trabzon).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Período de aumento ou empeoramento dunha doenza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide isómero da nicotina presente na Nicotiana glauca e, sobre todo, na Anabasis aphylla (quenopodiácea do Turquestán e da rexión do mar Caspio), planta da que se extrae.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á anabasia.

    2. ento ascendente producido pola convección do aire quentado por contacto coa terra caldeada, por exemplo, a brisa que se produce á saída do sol cando se quenta a superficie dunha montaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo procedente do inglés Annabel, nome escocés anterior ao uso de Anne. Probablemente se formase a través dun proceso de disimilación de Amabel: Amabel < Amable < lat Amabilis. Anabel espallouse, sobre todo, polos países anglosaxóns grazas ao famoso poema de Edgar Allan Poe “Annabel Lee”. Adoito emprégase como contracción popular ou familiar de Ana Isabel. A súa festa celébrase: o 26 de xullo (Ana); e o 4 de xullo, 5 de novembro ou 17 de novembro (Isabel). Outra variante deste nome é Anabela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arseniato de níquel hidratado, Ni3(AsO4)2+8H2O. Cristaliza no sistema monoclínico e os cristais son prismáticos aplanados; de exfoliación clara e cor branca, gris, verde clara ou mazá. Ten dureza 2,5 e peso específico 3,07.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. olta á plena actividade vital despois dun período de suspensión aparente dos procesos metabólicos.

    2. Impropiamente empregado como sinónimo de abiose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á anabiose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos cirpinodontiformes, duns 30 cm de lonxitude, de forma alongada e cor amarela verdosa; teñen os ollos grandes cunha estrutura especial que lles permite ver ao mesmo tempo no aire e na auga mentres nadan a rentes da superficie coa metade de cada ollo mergullada e a outra metade fóra da auga. Viven nas augas doces de América tropical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • A partir de Homero, enténdese por anábole o preludio instrumental que introduce un canto. Máis tarde ampliouse o significado para designar calquera coral lírica non estrófica que avanza sen repeticións rítmicas ou métricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao anabolismo.

    VER O DETALLE DO TERMO