"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de crismar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de crispar ou crisparse.
-
-
Acción de cristalizar.
-
Cambio de estado dunha substancia disolta, fundida ou en estado gasoso, a estado sólido cristalino. A formación de cristais a partir dunha solución obtense por evaporación do solvente, sen chegar ao punto de saturación, e deixándoo arrefriar. O proceso comeza cando se forman os primeiros núcleos de cristais, xa de xeito espontáneo, xa inducidos pola presenza doutras partículas propias ou alleas á substancia a separar. Un arrefriamento lento da solución saturada produce cristais grandes e ben formados, pero impuros. Para obter cristais máis puros e pequenos, cómpre que se efectúe un arrefriamento brusco e con axitación da solución. Todos os compostos cristalinos poden purificarse por recristalización da súa solución nun solvente apropiado. Cando unha solución contén diversos solutos pódese acadar a formación gradual dos cristais de cada soluto independentemente, por cristalización fraccionada, mediante unha regulación moi fina das condicións físicas, especialmente da temperatura....
-
Momento no que os átomos dos corpos se agrupan dun xeito regular formando cristais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revolución Cristera.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de cristianizar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Difusión do cromo na zona superficial dun metal base, que pode ser ferro, aceiro, níquel, cobalto ou molibdeno, para mellorar a súa resistencia á calor e á corrosión.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Pontevedra en agosto de 1894 como voceiro das asembleas pedagóxicas que se estaban a celebrar na cidade. Editáronse un total de dez números. Dirixida por Xosé Durán Alonso, contaba cun consello de redacción formado por E. Lorenzana, E. Couto Salcedo, Xosé López Otero e Xosé Juncal Berdulla. Pertenceu á Asociación de Maestros de Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica electroanalítica baseada na determinación da variación, en función do tempo, do potencial dun electrodo activo durante a electrólise, cunha corrente constante, da solución problema. Este potencial, que depende da natureza da substancia que reacciona, varía suavemente durante o transcurso da electrólise. Cando a concentración de especie electroactiva que chega ao electrodo tende a cero, hai unha variación brusca de potencial ata acadar un novo valor que indica o inicio dunha nova reacción con outra especie. O tempo de transición ata que ten lugar esta variación brusca depende da concentración inicial da especie electroactiva. O potencial do electrodo, ao cabo dun tempo igual a 1/4 do tempo de transición, é, ademais, característico de cada substancia. Así, a cronopotenciometría serve ao mesmo tempo para a análise cualitativa e cuantitativa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de condensación, con deshidratación, dun aldehido ou dunha cetona con outro aldehido ou outra cetona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización internacional non gobernamental de carácter humanitario fundada en 1863 para auxiliar os militares feridos nas contendas bélicas. Co paso do tempo ampliou o seu ámbito de actuación á asistencia dos prisioneiros de guerra, ás víctimas das guerras civís ou desastres naturais, á atención sanitaria e á axuda a persoas incapacitadas. A súa fundación produciuse na Convención de Xenebra de 1863 baixo a iniciativa de Henry Dunant. Entendeuse como unha organización neutral encargada do coidado dos feridos nos campos de batalla. Os principios da Convención sobre o seu funcionamento aínda seguen en vigor: humanidade, imparcialidade, neutralidade, independencia, carácter voluntario, unidade e universalidade. A creación da Media Lúa Vermella tivo lugar en 1929 como consecuencia da aversión que se tiña nos países islámicos á cruz latina vermella dende os tempos das cruzadas e que nalgúns casos, como na guerra que en 1876 enfrontou a Montenegro, Serbia, Romanía e Turquía, orixinou dramáticas...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter nacionalista das Edicións Terra e Tempo que apareceu a principios dos anos setenta do s XX. Á parte da información política xeral, este voceiro da UPG desenvolveu algúns dos principios que caracterizan esta formación política, como o dereito á autodeterminación de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de cuadricular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de cuadruplicar.
-
-
Acción de cualificar.
-
Nivel de coñecementos e aptitudes que se lle recoñece a unha persoa para realizar un traballo ou para desempeñar un cargo.
-
Expresión cuantitativa ou cualitativa coa que se valora o nivel de rendemento escolar dos alumnos. Pódese falar, xa que logo, de cualificación como dun recurso formal de estimación da calidade e mesmo como dun medio empregado para expresar mediante símbolos numéricos ou léxicos os resultados acadados nunha avaliación escolar, ou a medida de conduta en termos de rendemento, comportamento, actitudes, capacidades ou procedementos. Tradicionalmente, os modelos de cualificación escolar eran unicamente cuantitativos; facían referencia, polo tanto, a un modelo de avaliación sumativa que atopaba nas expresións numéricas sobre a aprendizaxe a súa xustificación. O fundamento e mesmo a finalidade da avaliación é cuádruple: persoal, familiar, social e administrativa. De aí que avaliar rendementos escolares, sexan da natureza que sexan, resulta sempre unha tarefa sumamente difícil e complexa para calquera docente, xa non só pola necesidade de actuar de xeito obxectivo, senón tamén polas repercusións...
-
-
Exame da legalidade dos títulos e documentos de propiedade que preceden á inscrición dun ben nun rexistro da propiedade.
-
Exame que presenta cada unha das partes dun proceso penal realizado sobre os feitos relatados no sumario, sobre os preceptos legais aplicables ao caso e sobre os efectos que poidan recaer nos acusados. Preséntase no escrito de cualificación, onde deben constar, ademais dos feitos e da súa cualificación legal, as conclusións propostas polas partes no proceso.
-
-
Complemento dun verbo intransitivo da mesma raíz ou significación.
-
-
-
Acción de cuantificar.
-
Operación que consiste en darlles valores discretos ás magnitudes físicas dun sistema descrito pola mecánica cuántica.
-
Modo de indicar expresamente, nunha proposición lóxica, a qué parte da extensión do suxeito se lle atribúe o predicado. W. Hamilton introduciu a cuantificación do predicado, que consiste en atribuírlle ao predicado de certas proposicións afirmativas, que en lóxica clásica son sempre particulares, unha extensión universal (algúns animais son [todos eles] homes) e unha extensión particular a certas proposicións negativas, que tamén no eido clásico son universais (o home non é [certo] animal).
-
Expresión de cantidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alzamento antimonárquico que tivo lugar o 15 de decembro de 1930 no aeródromo de Cuatro Vientos, preto de Madrid, protagonizado por Queipo de Llano, Ramón Franco e outros oficiais do exército.
-
-
Acción e efecto de cubicar.
-
Avaliación dunha tala de madeira no bosque. Mídese a ramada en esteros, equivalentes ao metro cúbico; nos troncos abatidos, atendendo á lonxitude e ao diámetro medio, a avaliación dáse en metros cúbicos.
-
-
-
Acción e efecto de cubrir unha cousa con algo.
-
Tellado dunha construción.
-
Pedra que pecha a parte superior do oco dunha porta ou dunha ventá.
-
Acción de cubrir o animal macho á femia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de pirólise de ésteres que se leva a cabo a temperaturas moi elevadas (400-500°C) e que conduce ao ácido correspondente e a unha olefina. Transcorre con bos rendementos e experiméntana os ésteres de ácidos fortes a temperaturas moi inferiores ás mencionadas.
-
-
Acción de culminar.
-
Situación ou momento no que algo chega ao seu fin ou ao seu momento principal e de maior interese.
-
-
Paso dun astro polo meridiano dun lugar.
-
culminación inferior
Culminación que ten lugar á maior distancia do cénit.
-
culminación superior
Culminación que ten lugar á menor distancia do cénit.
-
-
Figura que resulta da interferencia de dous anticlinais.
-
Arqueamento dos estratos que se produce nos contornos dun encabalgamento.
-