"Rei" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1485.

  • Cinto de Orión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista alemán. Foi xunto con Lamarck, o primeiro en empregar o termo bioloxía, que definiu como o coñecemento relativo aos seres tanto animais coma vexetais. É autor de numerosos traballos sobre anatomía comparada, medicina, fisioloxía e matemáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo, con sede en Estrasburgo, creado polo Consello de Europa para garantir o libre exercicio dos dereitos políticos e cívicos. Poden recorrer a el tanto os individuos como os estados asinantes da Convención Europea para a Salvagarda dos Dereitos do Home, creada en Roma en 1950. Antes de recorrer a el cómpre esgotar todas as instancias nacionais e ter presentado o caso perante a Comisión Europea dos Dereitos do Home.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brazo de mar que separa as illas de Hokkaidō e de Honshū e que comunica o mar de Xapón co Océano Pacífico. Na súa beira están os portos de Hakodate (Hokkaidō) e Aomori (Honshū).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brazo de mar que separa as illas Tsushima da costa NO de Kyūshū, Xapón, e comunica o mar de Xapón co mar da China Oriental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sector político da dereita con tendencias radicais e violentas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cántico que entoaban os peregrinos que visitaban o sepulcro do apóstolo Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización fundada a raíz dos encontros que desde 1901 reuniron a traballadores galegos e do norte de Portugal para solucionar o problema da contratación dos portugueses polos patróns galegos como man de obra máis barata e pouco consciente do ideario obreiro. Entre as sociedades galegas afiliadas, a maior parte delas tiñan a súa orixe no sur da provincia de Pontevedra, cun marcado predominio dos socialistas. No segundo congreso (1902) adoptáronse unha serie de acordos que revelaron a súa orientación internacionalista e prosocialista. Entre os seus líderes destacou Heraclio Botana. O proceso de decadencia iniciado despois do congreso de Braga (1903), levou á súa desaparición en 1904.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á urea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia que procede da substitución de grupos ácidos da urea por átomos de hidróxeno. Teñen propiedades similares ás das amidas. Un dos principais ureidos é o ácido alofánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que empresta cartos con usura.

    2. Persoa que é moi aproveitada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento arqueolóxico exipcio situado á beira occidental do Nilo, á altura de Luxor. Consta de dous vales, o do O ou dos Monos, onde se atoparon catro tumbas, e o do L ou Val dos Reis, onde se atoparon 58 tumbas que van do reinado de Tuthmosis I ao de Ramsés IX (dinastías XVIII-XX), e na súa maioría son reais. As tumbas máis importantes son as de Tuthmosis III, Amenofis II, Tuthmosis IV, Merenptah, Ramsés III, Ramsés IV e Ramsés VI. A de Tutankamon atopouse intacta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Deseñador e debuxante. Licenciado en Belas Artes pola Universitat de Barcelona (1987). Traballou en publicacións como A Nosa Terra, Can sen Dono, Taka de Tinta, TBO ou Golfiño, actividades que alternou coa ilustración de libros e o cartelismo. Promotor da revista A ameixa cacofónica (1983) e da primeira páxina web de banda deseñada en galego, Ameixa Cómics (1996), acadou sona cos personaxes Xeixas Johnson e Anamarciana, da que publicou Anamarciana (2001). Recibiu o Premio Curuxa do Humor (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo e etnólogo portugués. Doutorado (1901) pola Universidade de París, foi profesor de ensino superior (1911) cando o Curso Superior de Letras se transformou en Facultade de Letras da Universidade de Lisboa. Fundou (1887) e dirixiu a Revista Lusitania e fundou (1895) O archeologo português, órgano do Museu Etnológico. Destacan as obras Tradições populares de Portugal (1882), Enquisse d’une dialectologie portugaise (1901), Livro de Esopo (1906), Lições de Filologia Portuguesa (1911), Antroponímia Portuguesa (1928) e Etnografia Portuguesa (1932-1942), e os traballos sobre o mirandés O Dialecto Mirandez (1882) e Estudos de Filologia Mirandesa (1900-1901).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comediógrafo. A súa obra está máis orientada cara á lectura que cara á representación. A súa obra máis importante é a comedia Eufrósina (1555), inspirada en La Celestina. Outras obras son Ulissipo (1616?) e Aulegrafia (1619).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Iniciou a súa formación artística no Círculo das Artes de Lugo. En Madrid realizou os estudos de arquitectura técnica e foi profesor de debuxo (1966-1970). A súa obra evolucionou desde o realismo conceptual cara ao onirismo expresionista ata chegar a unha abstracción de formas insinuantes monocromas. Cultivou o gravado, a escenografía, a música, o cine e realizou en 1983 un gran mural por encargo do concello de Madrid (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Membro de Nova Escola Galega e do consello de redacción da Revista galega de educación, é director da revista Golfiño e autor de diversos manuais sobre literatura e filosofía, ademais de traballos sobre a LOXSE. Da súa obra narrativa destaca Proxecto Pomba Dourada (1987), centrada nun futuro hipotético, e onde cobran forza a ciencia fición, a intriga e o humor, cun estilo próximo ao das novelas de aventuras, e a   colección de contos O gato Bógar (1989), A malvada María Xosé (1989), onde analiza o mundo das bandas xuvenís, A cor do elefante e outros contos (1994), Anxos en tempos de chuvia (1997) e A primeira máquina de fotos (1998). No apartado de narrativa para adultos destaca o conxunto de relatos breves Galería de esquecidos de Feliciano Lobelos (1993), en que retrata a xeración que viviu directamente a época da Transición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se cría de forma natural nos bosques ou nos campos.

    2. Aplícase ao animal doméstico que vive fóra da casa e procura o seu propio alimento.

    3. Aplícase ao fillo de muller solteira con pai descoñecido.

    4. Que ocorre espontaneamente ou por casualidade.

    5. Galiña que choca os ovos sen que lle preparen a niñada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alto funcionario político-administrativo que gobernaba un vicerreinado como representante do rei e con plenitude de xurisdición civil, criminal e administrativa.

    VER O DETALLE DO TERMO