"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
PERSOEIRO
Escritor ucraíno. Comezou a escribir poesía en ruso desde moi novo, baixo a influencia de Ivan Bunin. Loitou na Primeira Guerra Mundial e durante a Guerra Civil foi membro do Exército Vermello. Escritor popular e dotado dun gran sentido do humor, foi autor dunha das máis importantes novelas do realismo socialista soviético, Vrem’a, per’od (Tempos, adiante, 1932). Posteriormente, publicou outras novelas e narracións, ademais de teatro. En 1961 recibiu o Premio Lenin.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Meticuloso e preocupado pola caracterización e a atmosfera, foi premiado no festival de Cannes (1961) por Matka Joanna od Aniolow (Madre Joanna dos Anxos). Dirixiu Pociag (Tren de noite, 1959), Faraon (1964-1965), Smiers Prezydente (A morte do presidente, 1978), Austeria (1983) e Bronsteins Kinder (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político finlandés. Ministro de Xustiza (1936-1937 e 1944-1947) e de Interior (1937-1939), trala Segunda Guerra Mundial defendeu unha política de neutralidade combinada con relacións de amizade coa URSS, coñecida como “finlandización”. Foi primeiro ministro (1950-1956) e presidente do país (1956-1981). Dimitiu por problemas de saúde.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político ruso. Líder do Partido Socialista Revolucionario, foi deputado da Duma (1912). Apoiou a Revolución de Febreiro de 1917, trala que foi nomeado ministro de Xustiza e ministro da Guerra, cargos desde os que instituíu as liberdades básicas en Rusia e dirixiu a fracasada “ofensiva Kerenskij” fronte a Alemaña. Desde xullo fíxose cargo do goberno provisional como primeiro ministro ata a Revolución de Outubro, que lles deu o poder aos bolxeviques. Exiliouse en París ata que, co estoupido da Segunda Guerra Mundial, se instalou en EE UU.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático ruso. Estudiou e foi profesor na Universidade de Moscova. Con Kolmogorov é considerado un dos fundadores da escola de Moscova relativa á teoría de probabilidades. Estudiou tamén con N. Luzin a teoría de funcións, xeneralizou a integral de Denjoy e estableceu a teoría xeral dos procesos aleatorios estacionarios.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Moscova 1804 - Ternovskoe, Kazan’ 1860) Teólogo e filósofo. Representante do eslavofilismo, propugnou unha interpretación do desenvolvemento cultural ruso independente do individualismo occidental que, en eclesioloxía, se traduciu na unidade libre (sobornost’) da Igrexa rusa, ante a unidade soa do catolicismo ou a liberdade do protestantismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Stavanger 1849 - Mons 1906) Escritor noruegués. Trátase dun dos autores satíricos máis destacados da literatura norueguesa, tal e como reflectiu en Garman og Worse (1881), Else (1882) e Fortuna (1884).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Il de Turquía (4.365 km2; 364.005 h [1997]). A súa capital é Kirikkale (203.496 h [1997]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aleksis Stenvall.
-
(Halberstadt, Magdeburg 1932) Realizador cinematográfico e escritor alemán. Impulsou o “novo cine” alemán e os seus filmes posúen un estilo frío e intelectual. Das súas películas destacan Abschied von Gestern (Adeus ao onte, 1966), Gelegenheitsarbeit einer Sklavin (O traballo ocasional dunha escrava, 1973), Die Patriotin (A patriota, 1979), Die Maht der Gefühle (O poder dos sentimentos, 1983) e Vermischte Nachrischten (Informacións mesturadas, 1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Moscova 1902 - París 1968) Filósofo. Discípulo de K. Jaspers, foi unha das figuras fundamentais do pensamento contemporáneo sen ter realizado obra onde sostivera teses propias. Os seus cursos, recollidos en Introdution à la Lecture de Hegel (1947), retornaron a Hegel a un primeiro plano da actualidade. O seu maxisterio constituíu a formulación máis triunfante dunha doutrina historicista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Peterburgo 1872 - Moscova 1952) Revolucionaria rusa. Tralo triunfo da Revolución de Outubro foi comisaria do pobo para a Asistencia Pública, cargo desde o que desenvolveu un traballo en prol de reformas sociais e institucionais, especialmente no que respecta á situación social e familiar da muller. Membro do Comité Central do PCUS (1918), foi apartada da política activa en 1924 por reclamar a democratización interna do partido e unha maior participación dos traballadores. Desde aquela dedicouse a exercer funcións de embaixadora no estranxeiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sándor Laszlo Korda
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Berdicêv 1857 - Bishopsburne, Kent 1924) Escritor ucraíno. Coñecido como Joseph Conrad, a súa primeira novela titulouse Almayer’s Folly (1895). A súa visión do home é próxima á de Dostojevski, nihilista na concepción amoral da vida. Da súa extensa obra novelística e narrativa cómpre destacar An Outcast of the Islands (1896), The Nigger of the Narcissus (1898), Lord Jim (1900), Heart of darkness (1902), unha das obras máis coñecidas e na que se baseou Francis Ford Coppola para a súa película Apocalypse Now; Typhoon (1903), Nostromo (1904) e The Secret Agent (1906). Escribiu tamén memorias e comentarios críticos e ensaísticos. En galego publicouse a tradución de A liña de sombra (2000).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Peterburgo 1904 - Moscova 1980) Político ruso. Militante comunista desde 1927, foi primeiro ministro (1964-1980), formando parte da troica directora da URSS, con L.I. Brežnev e N.V. Podgorny. Favoreceu a distensión diplomática con EE UU e o reforzamento dos lazos económicos con Occidente. Desde 1970 foi progresivamente eclipsado pola acumulación de poderes de Brežnev.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Moscova 1850 - Estocolmo 1891) Matemática. Coñecida como Sonja Kovaleuski, foi discípula de Weierstrass e dedicouse sobre todo ao estudo da análise matemática, en particular das ecuacións en derivadas parciais e mostrou como a teoría de funcións pode aplicarse a problemas de física. Escribiu tamén algunhas novelas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sofja Kovalevskaja.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Daugavpils 1840 - Peterburgo 1901) Embriólogo letón. Introduciu o darwinismo en Rusia e desenvolveu a primeira hipótese aceptable da relación entre os vertebrados e os invertebrados. Fixo investigacións sobre a embrioloxía dos vermes, os artrópodos, os braquiópodos e os celentéreos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Taganrog 1892 - París 1964) Filósofo ruso. Foi un dos introdutores do pensamento de E. Husserl en Francia. Destacou polos seus estudios sobre a historia da filosofía e da ciencia, campos nos que foi un dos precursores das nocións de paradigma e de estrutura epistemolóxicos desenvolvidos posteriormente por T. Kuhn. Da súa produción destacan os estudios sobre Anselmo, Descartes e Platón, e Études Galiléennes (1940), From the Closed World to the Infinitive Universe (1957), Études d’histoire de la pensée philosophique (1961), Nextonian Studies (1965) e Études d’histoire de la penseé scientifique (1973).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Podveskij 1896 - Moscova 1926) Microbiólogo. Estudioso da microbioloxía do solo, foi o primeiro en identificar os actinomicetos como bacterias e desenvolveu en 1941 un sistema de clasificación bacteriana. En 1938 foi o iniciador na URSS dos estudios sobre os antibióticos.