"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • Borato e cloruro de magnesio, Mg3B7O13Cl. Mineral dimorfo, cúbico e rómbico. Preséntase en masas brancas ou en cristais translúcidos, incoloros ou azulados. Ten dureza 7-7,5 e peso específico 2,9.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico dos hidruros de boro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do län de Älsborg, Suecia, á beira do Viskan, na rexión histórica de Västergötland (96.214 h [1998]). É un gran núcleo téxtil, favorecido pola proximidade do porto de Göteborg. A cidade foi fundada en 1622 polo Rei Gustavo Adolfo II, e a súa industria actual desenvolveuse a partir do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está impregnado de bórax ou ácido bórico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera sal ou éster do ácido bórico, especialmente dos ácidos metabóricos e tetrabóricos. Están constituídos por unidades estruturais de BO3. Os boratos dos metais non alcalinos son insolubles, propiedade responsable da acción abrandadora que exercen sobre a auga dura. A industria dos esmaltes cerámicos é o principal consumidor de boratos, seguida da do vidro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sólido de lustre vítreo que se presenta en forma de mineral monoclínico holoédrico e que forma cristais prismáticos, curtos e grosos, incoloros ou de cor gris ou amarela, de fractura concoidal e brillo graxo. En solución acuosa ten propiedades antisépticas. Emprégase na obtención doutros compostos do boro, nos vitrificados e na fabricación de esmaltes, así como en soldadura, polo seu poder disolvente dos óxidos metálicos. OBS: A grafía x representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás boraxináceas.

    2. Planta da familia das boraxináceas.

    3. Familia de plantas, xeralmente herbas e máis rara vez arbustos ou árbores, da orde das lamiais, integrada por un cento de xéneros e preto de 2.000 especies. Teñen unha distribución subcosmopolita con dous centros de biodiversidade na rexión mediterránea e no sudoeste de América do Norte. Presentan follas alternas e desprovistas de estípulas, e flores hermafroditas e pentámeras, coa corola tubular ou campanulada que, polinizadas, principalmente por insectos, dan lugar a froitos en drupa. En Galicia están presentes os xéneros Anchusa, Borago, Echium, Heliotropium, Lithodora, Myosotis, Omphalodes e Pentaglottis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marca rexistrada do cristal artificial de nitruro de boro de estrutura cúbica. Obtense a partir de mesturas de boro e nitróxeno ou de nitruro de boro hexagonal baixo unha presión de 85 atm e unha temperatura de 1.800 °C, e en presenza de catalizadores como litio, calcio, magnesio ou os seus nitruros. Ten unha dureza similar á do diamante e, pola súa condición de semicondutor, emprégase na Electrónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Líquido viscoso parecido á clara do ovo.

    2. Tripallada de peixe, polo xeral de sardiña, que se emprega para capturar robaliza ou para fertilizar as terras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Tea pola dereita, na conca do Miño. Nace na parroquia de Borbén (concello de Pazos de Borbén), da confluencia de varios regos que baixan da divisoria de augas entre as concas do Lérez, ao N, e o Miño, ao S. O seu curso adopta unha dirección meridiana (N-S) encaixado nunha fractura que logo seguirá o Tea ata a súa desembocadura, tras capturar as súas augas. Ao deixar a parroquia de Borbén, penetra na de Padróns, do concello de Ponteareas, que drena e na que desemboca, no lugar do Chan das Gándaras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pazos de Borbén baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome orixinal do concello de Pazos de Borbén, que ostentou nos períodos 1812-1814 e 1835-1844, por ser o da parroquia onde estaba situada a capital municipal (condición que perdeu en 1876). No Trienio Liberal (1821-1823), o municipio adoptou o nome de Pazos de Borbén, que retomou definitivamente en 1844.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Illa Reunión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DINASTIAS

    Dinastía de orixe francesa que gobernou en Francia (1589-1792, 1814-1830, despois desta data algún membro da dinastía reinou ata 1848), España (1700-1808, 1814-1868, 1874-1931 e dende 1975), Nápoles e Sicilia (1734-1808), no Reino das Dúas Sicilias (1816-1860), Etruria (1801-1807) e nos ducados de Parma (1731-1735, 1748-1802, 1847-1859) e de Lucca (1815-1847).
    Orixe da dinastía
    A casa de Borbón, en francés Bourbon, é unha rama da casa francesa dos Capetos. Todos os Borbóns proveñen do Rei Luís IX (1214-1274), Capeto en liña directa, a través do seu sexto fillo Roberto, conde de Clermont (1256-1317) que casou con Beatriz de Borbón, herdeira do señorío de Bourbon-l’Archambault, hoxe no departamento de Allier, ao extinguirse a liña de sucesión masculina. En 1327 o Rei Carlos IV converteu o señor de Borbón, Luís o Grande (1279-1342), en duque de Borbón e par de Francia. Da descendencia deste primeiro duque de Borbón naceron dúas ramas da familia: a rama primoxénita procedente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infante de España, conde de Barcelona e xefe da casa real española (1941-1977). Terceiro fillo varón de Afonso XIII e de Victoria Uxía de Battemberg, herdou os dereitos dinásticos da coroa española trala renuncia dos seus irmáns, Afonso e Xaime (1933). Ingresou na Escola naval de San Fernando en 1930 e trala proclamación da Segunda República marchou ao exilio e continuou os seus estudios na escola naval de Dartmouth (Inglaterra). Casou con María das Mercedes de Borbón Orleans (1935). Baixo o nome de Xoán López tratou de combater na Guerra Civil, pero as tropas franquistas impedírono. Converteuse en aspirante ao trono de España trala morte de Afonso XIII (1941). Estableceuse en Estoril en 1947. Oposto á lei de sucesión de Franco, accedeu a que o seu fillo, o príncipe Xoán Carlos estudiase en España. Trala proclamación do Rei Xoán Carlos I, mantivo o título de conde de Barcelona e renunciou aos seus dereitos sobre a coroa española o 14.5.1977. Á súa morte recibiu honores de Rei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infanta de España. Filla de Isabel II, foi princesa de Asturias ata o nacemento de Afonso XII e despois ata o nacemento da súa sobriña María das Mercedes. Era coñecida polo sobrenome da Chata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de San Jaime. Pretendente carlista á coroa de España co nome de Afonso Carlos I, irmán de Carlos VII. En 1871 casou con María das Neves de Braganza, infanta de Portugal. Durante a Terceira Guerra Carlista foi designado capitán xeneral das forzas de Catalunya (1872-1876). En 1931, ao morrer sen fillos o seu sobriño Xaime, converteuse en pretendente. Rompeu as negociacións que iniciara co destronado Afonso XIII e mostrouse de acordo coa entrada dos carlistas no levantamento de 1936. Morreu sen fillos, deixando irresoluta a súa sucesión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pretendente carlista á coroa de España co nome de Carlos VII. Neto de Carlos María Isidro de Borbón e sobriño do conde de Montemolín. En 1866 casou con Margarida de Borbón, filla do duque de Parma. Reorganizou o Carlismo. En 1869 promulgou o seu primeiro manifesto político onde prometeu a defensa da unidade relixiosa, a descentralización política e o proteccionismo económico. Ese mesmo ano intentou un golpe militar a prol do Carlismo. En 1872 impulsou a loita carlista, que se estendeu a Catalunya, País Vasco e Navarra, que continuou despois da proclamación de Afonso XII (1874) e que rematou en 1876. Un ano despois reorganizou de novo o Carlismo e en 1900 fixo un novo levantamento militar. Sucedeulle como pretendente o seu fillo Xaime de Borbón e de Borbón-Parma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Sevilla. Almirante e político, neto de Carlos IV. Home de ideas liberais e afiliado á francmasonería. O 31 de decembro de 1845 publicou un manifesto onde propoñía o seu matrimonio coa Raíña Isabel II. O goberno entregoulle o mando do buque Manzanares e enviouno a Galicia, onde apoiou o levantamento progresista de 1846. Foi desterrado de España o 20 de marzo de 1846 e marchou a Francia e a Inglaterra. Á caída de Isabel II, foi partidario de Espartero. Perdeu a vida nun duelo co conde de Montpensier.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Madrid. Pretendente carlista á coroa de España co nome de Xaime III, fillo do pretendente Carlos María das Dores de Borbón e Autria-Este. Fixo estudios militares en Austria, ingresou no exército ruso e participou na guerra ruso-xaponesa (1904). Ao morrer o seu pai (1909), proclamou os seus dereitos á coroa de España e reorganizou o Carlismo. En Catalunya tivo numerosos partidarios, denominados jaumins. Durante a Primeira Guerra Mundial foi partidario dos aliados e estivo confinado en Austria. En 1918 publicou un manifesto no que desautorizaba os carlistas partidarios dos alemáns, feito que motivou a escisión carlista denominada como tradicionalismo, dirixida por Juan Vázquez de Mella. En 1931, proclamada a República española, pactou con Afonso XIII o traspaso da solución do preito dinástico á solución dunhas cortes representativas.

    VER O DETALLE DO TERMO