"Est" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2747.
-
FILOSOFOS
O Físico (Lámpsaco 268 a C -?) Filósofo grego. Discípulo de Teofrastro, substituíuno como escolarca do Liceo e orientouse cara á investigación física. Tan só se conservan pequenos fragmentos da súa obra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Zona atmosférica de transición entre a estratosfera e a mesosfera, situada a uns 45-50 km da superficie terrestre. Nela ten lugar unha inversión na variación de temperatura coa altura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Segunda capa máis alta da atmosfera terrestre, situada entre os 12 e os 40 km de altura sobre a superficie da Terra. Foi descuberta en 1899 polo xeólogo francés Léon Teisserenc de Bort, quen chegou a fixala en 1902 ata os 80 km de altura. Posteriormente, no Congreso da Unión Xeodésica e Xeofísica Internacional, que se celebrou en Bruxelas en 1951, distinguíronse dúas capas: a mesma estratosfera no sentido inicial e a mesosfera. Estaba considerada, de forma inexacta, como unha capa de calma absoluta e de perfecta estratificación. Os ventos poden acadar unha velocidade de ata 250 km/h e os movementos verticais chegan para homoxeneizar toda a capa. En contraste coa troposfera, constitúe unha capa clara e seca, sen practicamente vapor de auga. A rarefacción do aire aumenta coa altura, ao tempo que se concentra a parte máis grande de ozono atmosférico, que, cara aos 25 km, chega a constituír outra capa, a ozonosfera. A temperatura deixa de diminuír e estabilízase cara aos 30 km. Acaba nunha...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á estratosfera.
-
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Samos. De orixe románica, ten unha soa nave con cuberta a dúas augas e ábsida de maior altura que a nave con cuberta a catro augas. Conserva unha imaxe da Virxe sedente co Neno do s XVI e un retablo do s XIX. A fachada consta dunha portada de dúas arquivoltas, óculo e espadana de dous vans.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de estrear.
-
Primeira función dun espectáculo que adoita ir acompañada dunha conferencia de prensa do produtor, do director e dos artistas máis coñecidos do elenco.
-
-
-
-
Usar por primeira vez unha cousa.
-
Comezar a facer uso dunha cousa que antes non fora usada por ninguén.
-
-
Representar, executar ou presentar por primeira vez unha peza teatral, unha película, unha composición musical ou calquera outro tipo de espectáculo público.
-
Comezar a exercer ou practicar por primeira vez un emprego, un cargo, unha profesión ou outra actividade.
-
Comezar a practicar ou realizar a acción que corresponde.
-
Facer un comerciante ou negociante a primeira venda do día.
-
-
-
Acción de estrar.
-
Conxunto de cousas ciscadas polo chan.
-
Lugar moi sucio ou onde se acumula moito lixo.
-
-
-
Acción e efecto de estreitar.
-
Parte ou punto en que algo se estreita.
-
-
-
estreitecer.
-
Intensificar a unión, a relación, a amizade ou o cariño entre persoas.
-
-
Apertar contra si cos brazos en sinal de afecto ou cariño.
-
Apertar a man de alguén en sinal de saúdo, afecto ou cariño.
-
-
-
-
Facer unha cousa estreita ou máis estreita.
-
Diminuír de largo.
-
-
-
Calidade de estreito.
-
Falta ou escaseza do necesario para vivir.
-
-
-
Que ten pouca ou menos largura do que se considera normal ou adecuado.
-
Que aperta ou cingue moito aquilo que arrodea.
-
Que ten carácter íntimo ou é moi próximo, especialmente aplicado á amizade, ao parentesco ou outro tipo de relación.
-
Que se caracteriza pola súa rixidez nas ideas e principios.
-
Aplícase á peza diminuída que consiste nunha cruz cos brazos dunha dimensión inferior á normal.
-
Paso, situado entre dúas masas de auga, que se comunican entre si a través del.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Problema suscitado en relación cos estreitos do Bósforo e dos Dardanelos, e o acceso dos barcos rusos a través do Mediterráneo aos portos do Mar Negro. Polo Tratado de Küçük Kaynarca (1774), Turquía permitiu o acceso dos buques comercias rusos a través de ambos os dous estreitos; posteriormente, polo Tratado de Adrianópolis (1829) ampliouse ás flotas comerciais das restantes potencias europeas e desde 1833, polo Tratado de Hünkâr-Iskelesi, aos buques da armada rusa. Na Convención de Londres (1841), confirmada polo Tratado de París (1856), proclamouse a neutralidade do Mar Negro e fixouse en seis o número de barcos de guerra rusos e turcos que podían permanecer simultaneamente nas súas augas, limitación que foi suprimida pola Conferencia de Londres de marzo de 1871. A Convención de Laussane en xullo de 1923 proclamou a total liberdade de navegación, desmilitarizou os Dardanelos e creou unha comisión de estreitos con sede en Constantinopla. O Tratado de Montreux de xullo de 1936 devolveu...
-
VER O DETALLE DO TERMO
estreiteza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
-
Astro de gran volume que brilla con luz propia. As estrelas non brillan todas coa mesma intensidade; numericamente, dise que as estrelas máis brillantes teñen unha magnitude aparente de +1 e as menos brillantes observables a simple vista, de +6. Resérvase a magnitude 0 para aquelas estrelas excepcionalmente brillantes, e as magnitudes negativas para as máis próximas á Terra. A enerxía recibida por unha estrela de primeira magnitude é 100 veces máis grande ca a recibida por unha estrela de sexta magnitude. A partir disto, defínese a escala de magnitudes de maneira que, cando dúas estrelas difiren nunha unidade de magnitude, as correspondentes enerxías recibidas difiren nun factor 5?___100=2,512, chamada razón de Pogson. O obxecto de maior magnitude aparente é o Sol, que ten unha magnitude de -26,74, e os astros de magnitude máis pequena vistos pertencen á magnitude 23. Todos estes valores non indican o verdadeiro brillo das estrelas, senón que hai que ter en conta a súa...
-
estrela anana
Estrela de magnitude absoluta débil. Pode ser branca, se ten unha elevada temperatura superficial, ou vermella, se ten unha temperatura superficial baixa. As ananas brancas caracterízanse por ter unha masa similar á solar e un diámetro similar ao da Terra. Isto último explica que, malia a súa gran temperatura superficial, a magnitude destes astros sexa sempre moi pequena. A súa densidade é moi grande e, no caso de B-Sirius, a compoñente secundaria do sistema binario que constitúe B-Sirius, é 170.000 veces máis grande ca a densidade da auga. As ananas brancas corresponden ao último estadio na vida dunha estrela, en que non hai reaccións nucleares; a estrela vai irradiando enerxía sen ningunha compensación e, xa que logo, vaise arrefriando lentamente. Este proceso pode durar moitos millóns de anos, pero ao final transfórmase nun corpo escuro, que constitúe unha estrela morta. As ananas vermellas son estrelas que pertencen á secuencia principal do diagrama...
-
estrela binaria/dobre
Estrela múltiple constituída por dúas estrelas formadas ao mesmo tempo e que orbitan arredor dun centro de gravidade mutuo, en que a materia dunha das estrelas é despoxada e atraída cara a outra estrela que aparece colapsada, feito que produce a emisión de raios X. Entre a metade e dous tercios das estrelas nas inmediacións do Sistema Solar son membros de sistemas binarios. Dúas estrelas que aparecen moi próximas no firmamento forman unha binaria óptica. O termo limítase xeralmente ás estrelas observables como pares só con axuda dun telescopio (binarias visuais). Amais, precísase que a separación do par sexa menor de 20 segundos de arco, se a binaria ten unha luminosidade comprendida entre a segunda e a cuarta magnitude, menos de 5 segundos se o está entre a sexta e a novena, etc.
-
estrela casulo
Estrela na etapa avanzada das xigantes vermellas que se presentan rodeadas por un casulo de materia opaca orixinada pola expulsión de materiais da mesma estrela e que non permite a observación directa ao non irradiar luz delas. Detéctanse pola radiación infravermella emitida dende o casulo. Existe a hipótese de que poidan existir en gran número no Universo e constituír gran parte da materia escura e invisible das galaxias.
-
estrela circumpolar
Estrela que acada a súa culminación inferior polo meridiano dun lugar xeográfico sobre o horizonte do lugar. É visible sempre.
-
estrela da mañá
Venus.
-
estrela de neutróns
Estrela hiperdensa, con máis de mil millóns de toneladas por centímetro cúbico, que está composta por un gas de neutróns dexenerados. Representa o estado final dunha estrela de masa maior ca 8 masas solares. As estrelas chegan a este estado despois de pasar por unha fase explosiva coñecida como supernova. Nos seus inicios unha estrela de neutróns ten limitado o seu campo magnético, que queda reducido a un pequeno espacio, e por tanto ten unha grande enerxía que é irradiada ao espazo dende os polos, feito que provoca a rotación e a emisión de pulsos de radiación electromagnética, polo que neste etapa é coma un pulsar.
-
estrela evolucionada
Estrela próxima á fin da súa vida, cando a maioría do seu combustible está esgotado. Este período da vida da estrela caracterízase pola perda da súa masa dende a superficie en forma de vento estelar.
-
estrela fixa
Calquera dos astros que brilla con luz propia a excepción do Sol.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino procedente do latín stellula, diminutivo de stella. Hai quen identifica a súa orixe coa de Estela, facéndoo derivar de Stella matutina ‘estrela da mañá’ (advocación da Virxe María), cun r epentético. A Virxe da Estrela é patroa dos albaneis. A súa festividade celébrase o 15 de agosto, e o luns de Pascua en Corme.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Santa María de Perdecanai (Barro). Fundada por Xoán Antonio Rodríguez de Castro, rematouse en 1698. Ten planta en forma de L e conserva unha capela de planta rectangular construída na segunda metade do s XVIII. Destaca a cheminea.
-
ILLAS
Illa da beira setentrional da ría de Corme e Laxe, fronte ao litoral da parroquia de Cospindo, no concello de Ponteceso.
VER O DETALLE DO TERMO