"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

    1. Obxecto que representa ou leva inscrito algún signo celeste, ao que se lle atribúe un poder máxico e que está presente en todo o mundo. A diferenza do amuleto, que é un medio de protección pasiva, o talismán confire poderes máxicos activos ao seu posuidor.

    2. Calquera cousa á que se lle atribúen efectos marabillosos ou un gran poder.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten a virtude do talismán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma esotérica de espiritualidade establecida en India entre os ss III e IV, desde onde se difundiu cara a Nepal, Tibet, Mongolia, China e Xapón. As formas hinduísta e budista presentan moitos puntos en común. O tantrismo hinduísta procede en parte das doutrinas do xivaísmo; e o budista, asentado na metafísica de mahāyāna, é a derradeira fase no desenvolvemento do budismo. Para o tantrismo, que é esencialmente empírico, o home, mediante as prácticas axeitadas, pode acadar a liberación da existencia continxente, que está situada máis alá das dicotomías entre suxeito e obxecto, activo e pasivo, ser ou non ser. A integración dos dous factores complementarios está representada iconograficamente pola unión conxugal, pero mentres que no tantrismo hinduísta o aspecto dinámico da realización está personificado polo principio feminino, no tantrismo budista represéntao o masculino. Unha das prácticas superiores consiste en identificarse cunha determinada deidade,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente do pensamento chinés tradicional, en que se diferencian dunha banda unha doutrina místico-filosófica (taoísmo sapiencial da época Zhou) e doutra, unhas prácticas supersticiosas (taoísmo relixioso posterior). Os dous clásicos do taoísmo foron Laozi (ou Lao-Tse) e Zhuangzi. Laozi, na súa obra homónima, máis coñecida como Daodejing ou Tao-teking, substitúe á antiga deidade chinesa Shangadi polo Tao, misterioso principio do universo, diferente do mundo pero immanente nel. O Tao produce, rexe e vivifica todo. A súa ausencia é a morte. A súa acción, non obstante, realízase sen actividade e o non-facer é a lei da natureza. Por iso, o sabio que está de acordo coa Tao, sen facer nada, faino todo perfecto; o bo gobernante, sen forzar, harmoniza o imperio. Zhuangzi explica, continúa e amplía a Laozi. Destaca a transcendencia do Tao, en que desaparece toda distinción, mesmo entre ser e non-ser, e acentúa a oposición co confucianismo. Constatando os males que padece...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manifestación histérica convulsiva que se atribúe popularmente á picadura da tarántula e cuxa curación é a través dunha danza frenética. Foi observada desde o s XV en diversas localidades de Puglia (Italia), sobre todo en Tarento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hipocresía propia do tartufo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • isocronismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de organización do traballo, baseado nas ideas de Frederick Winslow Taylor, precursor da organización científica do traballo, que é un estudo detallado dos procesos de traballo, que se descompoñen en diversas tarefas, cuxo tempo de execución se determina mediante cronometraxes e no establecemento, como incentivo, do pagamento de primas ligadas ao rendemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Envelenamento producido polo opio ou polos seus derivados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de técnico.

    2. Palabra ou expresión propia da linguaxe técnica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina que afirma a existencia de Deus e a súa acción no mundo. Oposto ao ateísmo, tamén se diferenza do deísmo e do panteísmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado que está producido polo abuso do té, concretamente pola acción dos alcaloides xantínicos que contén (cafeína, teobromina e teofilina). Estas substancias teñen unha acción estimulante do sistema nervioso central e do corazón e unha acción paralizante da fibra muscular lisa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno lingüístico da lingua galega que consiste na ausencia do pronome átono che para a función de complemento indirecto (

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Erección ou protusión da mamila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Influencia do solo dunha comarca sobre os seus habitantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tendencia ideolóxica e política favorable ao poder temporal do papa.

    2. Doutrina que insiste na necesidade de que os cristiáns actúen no interior das realidades profanas, en oposición ao espiritualismo, que destaca a conveniencia de afastarse do mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia pictórica que se caracteriza polo contraste de luz e sombra, co predominio desta última, pero conseguindo que as zonas iluminadas destaquen especialmente sobre as que non o están. Está moi ligado o concepto contrarreformista e aparece enlazado co primeiro naturalismo e co Barroco da segunda metade do s XVII. O seu principal representante foi Caravaggio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina, concepción ou actitude existencial que se caracteriza polo feito de que Deus ou o divino son considerados como centro de toda a realidade, que debe ser ordenada en calquera dos seus ámbitos ou aspectos concretos en relación con este centro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina política medieval que pretendía que o poder real recibira a súa constitución por un acto do poder eclesiástico, ao que quedaba vinculado legalmente, xa que a lei divina estaba dentro da xurisdición eclesial.

    VER O DETALLE DO TERMO