"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Método de cinguido aplicado ás tuberías nas que as abrazadeiras empregadas son dun diámetro lixeiramente maior que aquelas. Ao inxectar auga a presión, a tubería dilátase ata obrigar ás abrazadeiras a ensancharse. A tubería defórmase plasticamente, mentres que as abrazadeiras fano elasticamente, tendendo a retornar ao seu diámetro inicial, o que constrinxe fortemente a aquela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sistema de peche de recipientes sometidos a presión interna, nos que a mesma presión preme a xunta e a fai hermética.

    2. Recipiente de paredes resistentes apto para soportar presións internas elevadas, provisto xeralmente de tapadeira autoclave, que permite conseguir, no seu interior, temperaturas elevadas de calor húmida. O autoclave contén auga, o que fai posible a calor húmida, e a tapadeira autoclave permite presións moi por riba da atmosférica, co que se poden conseguir temperaturas superiores aos 100°C sen que haxa ebulición. O autoclave permite efectuar esterilizacións nun tempo relativamente curto (20 ou 30 minutos), acelerar certas reaccións químicas e efectuar tratamentos industriais, todo a presións elevadas.

    3. Autoclave caracterizado polo feito de que no seu funcionamento existe unha contrapresión feita con aire comprimido dende o exterior, que mantén automaticamente constante a presión total en todas as etapas (quecemento, esterilización e enfriamento), facendo a presión independente da temperatura.

    4. Autoclave onde o material que cómpre esterilizar pode entrar e saír arreo sen ningún dispositivo metálico de peche. Leva unhas columnas de auga que serven de peche hidrostático, e que mesmo quentan previamente e arrefecen o material.

    5. Autoclave no que o cestiño que contén o material para esterilizar xira a 6-12 rpm (revolucións por minuto), movido por un motor externo. A axitación provoca un quecemento máis rápido no interior dos envases e, polo tanto, unha esterilización máis rápida, cuestión fundamental en produtos alimentarios.

    6. Autoclave rotativo onde os materiais a esterilizar, de medidas exactamente tipificadas, entran e saen continuamente salvando a diferenza de presión mediante comportas mecánicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primitiva linguaxe de programación informática na que cada instrución equivalía a unha instrución de Autocod.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Código que permite simplificar a programación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao campo empregado na teoría de Hartree para calcular os niveis de enerxía dos átomos polielectrónicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combustión espontánea dunha substancia. Reacción exotérmica de oxidación onde a calor se vai perdendo máis lentamente do que se produce, ata que se chega a prender a substancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capacidade dunha planta para formar sementes por autofecundación de cada flor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • retroacción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concepto establecido pola hermenéutica de Heidegger para designar o acto polo que o ser se comprende e se constitúe a si mesmo. Aplicado á literatura, a autocomprensión é o proceso no que o lector, ao se enfrontar á comprensión dun texto, emprende dalgún xeito a procura de significados de si mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso que realizan os ordenadores durante o seu arranque para revisar o correcto funcionamento de todos os seus elementos clave como a memoria RAM, o teclado ou as unidades lectoras de disco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno que, segundo Iuri M. Lotman, se produce cando un suxeito se transmite a si mesmo unha mensaxe, constituíndose ao mesmo tempo en orixe e destinatario do proceso comunicativo. Dáse, por exemplo, nas anotacións dos diarios persoais ou en aquelas producións destinadas a colectividades culturalmente definidas como parábolas, mitos ou proverbios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fenómeno producido nun condutor eléctrico situado nun campo magnético alterno sen estar unido ao circuíto que o orixina. O campo produce unhas forzas electromotrices sobre o condutor que son causa das correntes de Foucault no seu interior, co quecemento correspondente.

    2. Síntese mental que dirixe e coordina as diversas funcións elementais para conseguir unha acción harmónica adaptada aos obxectivos finais do individuo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Noción que cadaquén ten do propio ser.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia mediante a que o organismo se afana por manterse vivo e rexeita aquelas esixencias que, de satisfacerse, conduciríano á destrución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de consumo baseado na produción que un mesmo é quen de realizar. Deuse especialmente durante as épocas escravista e feudal; aínda ten vixencia en zonas de mercado pechado. Baséase en gran parte no aforro familiar, forzado por unha escasa circulación monetaria e no feito de non ser posible a existencia dunha man de obra especializada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Negocio xurídico bilateral no que intervén unha soa persoa física, quen formula a declaración de vontade e de consentimento en nome propio e, ao mesmo tempo, en nome da outra persoa que intervén no negocio xurídico, da cal é representante legal ou por poderes. Esíxese, para a validez deste negocio xurídico, autorización expresa e que non haxa conflito de intereses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos organismos vexetais que posúen medios propios de diseminación dos seus xermolos reprodutivos; este proceso (autocoria) pode ter lugar, estritamente, sen intervención de axentes exteriores. Os mecanismos propios destas plantas poden consistir na curvatura do soporte das diásporas ata depositalas no substrato (xeoautócoras), na dehiscencia súpeta da estrutura portadora das diásporas (boleoautócoras), ou nos movementos propios higroscópicos das diásporas ao variar a humidade (herpautócoras).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio da distribución xeográfica dos taxons.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Figura retórica que consiste en desdicirse de contado, despois de facer unha afirmación para atopar unha fórmula máis enfática ou rotunda.

    2. Opción que ofrecen algunhas aplicacións, en particular as de procesamento de textos, para a revisión ortográfica dun documento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nunha función dependente do tempo, correlación que existe entre os valores desta función, separados por un intervalo de tempo constante.

    VER O DETALLE DO TERMO