"rei" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1485.
-
-
Dignidade ou cargo de vicerrei. A súa orixe remóntase aos ss XV e XVI, cando foi creado pola Coroa de Aragón. Nos territorios hispánicos en Europa existiron os vicerreinados de Galicia, Navarra, Aragón, Catalunya, València, Mallorca, Nápoles, Sicilia e Sardeña. Os Reis Católicos crearon o vicerreinado das Indias, a cargo da familia Colón. Posteriormente este foi dividido en dous: o de Nueva España (1535) e o de Perú (1542), e durante o s XVIII constituíronse os de Nueva Granada (1717) e o de Río de La Plata (1777). Os primeiros en desaparecer foron os da Coroa de Aragón, ao aprobar Filipe V os Decretos de Nueva Planta; logo os italianos, ao perderse estes territorios durante a Guerra de Sucesión Española e, posteriormente, os indianos, que desapareceron paralelamente á dominación española sobre estes territorios. O de Navarra mantívose ata a reforma de 1842, cando o antigo reino pasou a transformarse en provincia.
-
Tempo de goberno dun vicerrei.
-
Territorio sometido á xurisdición dun vicerrei.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que exerce de reitor por ausencia ou impedimento deste.
-
-
Cargo de vicerreitor.
-
Gabinete ou edificio onde traballa o vicerreitor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
vicerreitorado.
-
GALICIA
Escritor. Foi un dos promotores da lingua galega na liturxia católica. Foi director xeral de Cultura, membro da Comisión de Lingüística e Toponimia da Xunta de Galicia, e colaborador en diversos medios de comunicación, como a revista Ínsula, ou os xornais La Noche e La Voz de Galicia. Traduciu O Cantar dos Cantares (1964), O Mito da Espenuca (1965), de Platón, A apocalipse (1966) e Misal galego (1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
idro grande que se coloca nunha porta ou ventá.
-
Conxunto de vidros de cores que cerran o van dun edificio e que ten finalidade decorativa. Constrúese segundo un deseño ou debuxo previo (cartón) e móntase xeralmente en chumbo sobre un bastidor metálico. En Occidente, atopáronse en escavacións fragmentos de vidreiras desde a época merovinxia e sobre todo carolinxia. Destacan as realizadas no s XIII en Francia (Chartres, Bourges, Sens, Auxerre, Sainte-Chapelle de París), Canterbury, Estrasburgo, Erfurt ou Asís, e España (catedral de León). O interese por esta técnica impulsouse novamente no s XIX e viviu un novo apoxeo co modernismo.
-
Escaparate dunha tenda.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que fai, vende ou coloca vidros.
-
REINOS
Reino navarro creado nos ss X e XI concedido polo Rei García II de Pamplona (925-970) á súa morte ao seu fillo Ramiro Garcés (970-991), coñecido como Ramiro de Viguera. Sucedérono os seus fillos Sancho Ramírez (991-?) e García Ramírez (?-1030?), cuxa filla, Toda, casou con Fortún Sánchez de Nájera, quen recibiu o título de príncipe. Ao non ter descendencia, o reino incorporouse ao Reino de Pamplona.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Trasmiras baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Girona, Catalunya, ao S da capital provincial (2.034 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro e escritor. Fundador da Casa de Galicia Celso Emilio Ferreiro de Pasaia e presidente da Casa de Galicia en Gipuzkoa (1995-1999), é autor de El aguardiente y la queimada (1995), Lareiras de Galicia (1998), La gastronomía en los caminos de Santiago por Gipuzkoa (1999) e Gallegos en Sestao: 50 años (1952-2002) (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Visantoña (Mesía). A planta achégase ao formato en forma de L e presenta na fachada unha torre ameada. Conserva unha solaina con balaústres barrocos. No interior da parte alta da muralla discorre un paseo con balcóns ao exterior. No muro ábrese un portón que conserva un escudo que alude aos Soutomaior e Pimentel.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Jaén, Andalucía, regado polo río Guadalquivir (3.319 h [2001]). Da súa economía destaca o cultivo das oliveiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Salamanca, Castela e León, a 4 km da capital provincial (3.081 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso bieito. Foi abade do mosteiro de San Salvador de Lourenzá (1709-1713 e 1721-1725) e bispo de Puerto Rico. Escribiu Scena sacra de varias oraciones panegyricas (1702) e Tautologias (1703-1729).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Recipiente de diversos materiais para o vinagre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rebelión militar que tivo lugar en España o 23 de febreiro de 1981. Parece que a principios de 1980 se iniciou o proceso conspiratorio que, co apoio moral e material da ultradereita civil, tivo como cabezas visibles os xenerais Jaime Milans del Bosch e Alfonso Armada, e como brazo executor o tenente coronel da Garda Civil Antonio Tejero Molina. Este, a tarde do 23 de febreiro, ocupou violentamente con douscentos gardas civís o Congreso de los Diputados, reunido para investir como presidente do goberno a Leopoldo Calvo Sotelo, e secuestrou os parlamentarios e o executivo, mentres que Milans del Bosch proclamaba o estado de excepción na III Rexión Militar e ocupou as rúas de València con tanques. Durante a noite, a actitude do Rei Xoán Carlos I a prol da legalidade constitucional impediu a extensión do movemento ao resto do exército. Despois de confusas negociacións, contra o mediodía do 24 de febreiro, os rebeldes desistiron en Madrid e València, foron arrestados, e deputados e goberno recobraron...
-
GALICIA
Escritor e profesor. Licenciado en Filosofía e Letras (1940) pola Universidad de Madrid, en 1945 exerceu a cátedra de Lingua e Literatura Española no Instituto Español de Lisboa. Das súas obras destacan a serie de artigos España tiene que integrarse (1937), o conto Las dos flechas (1942) e a tradución de diversas novelas de Joaquim Paço d’Arcos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ruso. Coñecido como Boris Pilniak, evolucionou da eslavofilia namorada da Rusia antiga de Krasnoje derevo (Caoba, 1929) a posicións soviéticas, como Volga vpadajet v kaspijskoje more (O Volga desemboca no mar Caspio, 1930).
VER O DETALLE DO TERMO