"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se alimenta de gran.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana (2.076 h [1991]). A agricultura é o principal sector económico. Do seu patrimonio cultural destacan a Torre Mora (s XII), a igrexa de San Pedro e a ermida da Santa Cruz.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto real situado na serra de Guadarrama, a 11 km de Segovia. Construíuse por orde de Filipe V entre 1721 e 1739. O palacio e a colexiata comezounos Teodoro Ardemans (1723-1725). Isabel de Parma outorgoulle un aire italiano ao conxunto no que traballaron Andrea Procaccini, Sempronio Subiasti, Filippo Juvara e Giovanni Battista Sachetti. En 1740 Isabel de Farnese mandou construír os cuarteis e cortes no lado O, e a finais do s XVIII Juan de Villanueva erixiu a torre do reloxo. Os xardíns, de inspiración francesa ao xeito de Le Nôtre, proxectáronos René Carlier e E. Boutelou.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, no límite SL da comunidade autónoma (2.492 h [2001]). Destaca a agricultura e a gandería, ademais dos xacementos de chumbo. De orixe musulmana, pertenceu á orde de Santiago ata que en 1404 pasou á xurisdición de Azuaga, baixo a que permaneceu ata 1565, cando Filipe II lle outorgou o título de vila. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Nuestra Señora de la Concepción, coa torre gótico-mudéxar, declarada Ben de Interese Cultural en 1932, a ermida da Magdalena (s XVI) e a fachada mudéxar da Biblioteca Municipal (ss XV-XVI).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Insurrección da gornición militar do Real Sitio de La Granja de San Ildefonso na noite do 12 de agosto de 1836 co obxectivo de restituír a Constitución de Cádiz. Ante os acontecementos a rexente, María Cristina de Borbón, asinou o decreto que reinstauraba a Constitución de 1812, destituíu o primeiro ministro, F. J. de Istúriz, e convocou novas Cortes Constituíntes, que proclamaron en 1837 un novo texto constitucional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que son coñecidos os acontecementos que tiveron lugar no Real Sitio de La Granja de San Ildefonso en setembro de 1832 ao redor da cuestión da sucesión de Fernando VII. Tras agravarse a doenza do monarca, o primeiro ministro, F. T. Carlomarde, xunto co confesor real e varios membros do corpo diplomático, convenceron o rei para asinar un codicilo no que se derrogaba a Pragmática Sanción, sendo así recoñecidos os dereitos sucesorios do seu irmán, Carlos María Isidro de Borbón. Informada a infanta Luísa Carlota, irmá da Raíña María Cristina de Borbón, presentouse en La Granja e, co apoio da burguesía, convenceu a súa irmá e o rei para anular o codicilo, restituír a Pragmática Sanción e apartar do goberno a F. T. Carlomarde.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Cuba (8.372 km2; 824.897 h [estim 1998]). A capital é Bayamo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ligadura de palla coa que se atan os feixes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á estrutura das rochas metamórficas, que se constitúe de elementos equidimensionais formados durante a recristalización.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (53.105 h [2001]). De orixe romana, converteuse na Idade Media no principal mercado de cereais da rexión. Vinculado desde 1418 a Barcelona, adquiriu o título de cidade en 1925. Do seu patrimonio cultural destacan o campanario de Sant Esteve (s XV), o Can Bassa (s XV), o edificio da Porxada (s XVI), a casa do Conestable (s XVI) e o hospital de San Domenech.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten grans ou que os forma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Archibald Alexander Leach.
-
PERSOEIRO
Pintor e deseñador británico. Foi un dos pioneiros da arte abstracta no Reino Unido. En 1914 realizou Abstract Kinetic Collage Painting e posteriormente a súa obra volveuse máis tradicional. Como deseñador traballou nos Omega Workshops e colaborou con Vanessa Bell.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico. Comezou como actor nunha compañía de teatro, traballo que compaxinou con papeis secundarios en varias películas. Deuse a coñecer internacionalmente en 1987 grazas ao seu papel protagonista en Maurice. A partir dese momento comezou unha carreira con distintos éxitos, na que destacan películas como Remando al viento (1988), The Big Man (1990), Bitter Moon (1992), The Remains of the Day (1993), Four Weddings and a Funeral (1993), Sense and Sensibility (1995), Notting Hill (1999), Mickey Blue Eyes (1999), Bridget Jones’s Diary (2001) e About a Boy (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político, estadounidense. Coronel dos voluntarios de Illinois ao comezo da Guerra de Secesión, conseguiu a vitoria das tropas do N en Vicksburg (1863). En 1864 foi nomeado comandante en xefe do exército da Unión e aceptou a rendición do xeneral sudista Robert E. Lee (1865). Presidente dos EE UU durante dous mandatos (1868-1877), a súa política limitouse á represión dos sudistas e ao proteccionismo económico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de esponxas, da familia dos grántidos, que presenta os coanocitos nas cámaras vibrais.
-
-
Relativo ou pertencente aos grántidos.
-
Esponxa da familia dos grántidos.
-
Familia de esponxas calcáreas que presentan coanocitos nas cámaras vibrais.
-
-
-
Acción e efecto de granular ou granularse.
-
Aspecto que presenta a fotosfera solar que, vista a través dun telescopio, está constituída por unha multitude de pequenas celas que se denominan gránulos. Suponse que estes gránulos ou grans de arroz, son o extremo superior das correntes convectivas que se xeran nas rexións opacas do Sol. Tamén recibe o nome de granulación fotosférica.
-
Operación de obtención dun granulado. Denomínase granulación seca cando a masa do medicamento se esmiúza mecanicamente e se pasa pola criba, e granulación húmida cando esta masa de consistencia semisólida se deixa secar despois de a pasar pola criba.
-
-
Lesión que consiste na formación de pequenas nodosidades (desde 2 ou 3 mm ata 20 mm) duras e transparentes ao principio e despois opacas, que están constituídas por aglomeracións de folículos tuberculosos.
-
Eminencia formada polos folículos da conxuntiva cando se hipertrofian.
-
-
Operación de granular un metal escuro ou unha substancia pulverulenta.
-
-
-
de granular.
-
-
Que se presenta en forma de grans, ou que ten aspecto de gran.
-
Aplícase ao árido formado polos grans non cohesionados de materia inerte procedente da machucadura. Segundo a medida recibe diversos nomes, entre outros, area ou grava miúda.
-
-
Preparación farmacéutica que se presenta en forma de gránulos.
-
-
-
Que ou quen granula.
-
Aparato que se emprega para obter gránulos a partir dunha substancia pulverulenta. Consta, basicamente, dun humidificador, dunha criba e dun secador.
-