"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • PERSOEIRO

    Conde de Montemolín, fillo do infante Carlos María Isidro. Pretendente carlista á coroa de España (1845) co nome de Carlos VI. Intentou o seu casamento coa Raíña Isabel II. Mentres era rei pretendente tivo lugar en Catalunya a segunda guerra Carlista. No 1860 levou a cabo unha rebelión militar desde San Carlos de la Rápita, foi prendido e condenado a morte, aínda que sería indultado ao renunciar ao trono (Tortosa, 23.3.1860). Máis tarde, ante as pretensións do seu irmán Xoán Carlos, invalidou a renuncia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Montizón e segundo fillo do infante Carlos María Isidro. Pretendente carlista ao trono de España. Despois da renuncia á coroa feita polo seu irmán Carlos Luís, conde de Montemolín (1860), erixiuse en xefe dos carlistas e propuxo ás cortes o establecemento dun réxime máis liberal, distinto ao de Isabel II. Despois, o seu irmán anulou a renuncia e, ao morrer este en 1861, sucedeulle nas pretensións ao trono. Os seus dereitos pasaron a seu fillo Carlos María das Dores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Chinchón. Foi cardeal e arcebispo de Sevilla e Toledo. De tendencia liberal, presidiu a rexencia nos últimos tempos das cortes de Cádiz. Estivo recluído en Toledo (1814-1820) por orde de Fernando VII. Foi presidente da xunta provisional de comezos do Trienio Liberal (1820).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infanta de España e duquesa de Palma de Mallorca. Filla de Xoán Carlos I e Sofía de Grecia. Licenciada en Ciencias Políticas pola Universidad Complutense de Madrid (1989), realizou un máster en Relacións Internacionais na New York University (1990-1991). Traballou na Unesco nas súas sedes de París e Barcelona (1992). En 1993 incorporouse á Fundación La Caixa. Casou en 1997 co xogador internacional de balonmán Iñaki Urdangarín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infanta de España e duquesa de Lugo. Filla primoxénita de Xoán Carlos I e Sofía de Grecia. Licenciada en Ciencias da Educación pola Universidad de Comillas (1992). Casou en 1994 con Jaime de Marichalar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Asturias e herdeiro ao trono de España (1977). Fillo de Xoán Carlos I e Sofía de Grecia. Ao alcanzar a maioría de idade (1986), xurou a Constitución ante as Cortes Xerais. Realizou estudios militares nas tres academias militares: General Militar de Zaragoza, Naval de Marín e do Aire en San Javier (Murcia). Cursou estudios de Dereito, Política e Economía na Universidad Autónoma de Madrid (1993) e converteuse no primeiro herdeiro con titulación universitaria. Realizou un máster en relacións internacionais na Universidade de Georgetown (EE UU). Participou nos Xogos Olímpicos de Barcelona (1992) na selección nacional de vela. Representa o Rei e o Estado en diferentes actos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infante de España, fillo de Carlos III. Foi presidente da Xunta Suprema establecida en 1808 durante a viaxe de Fernando VII a Baiona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Borbón. Ao servizo de Luís XII e de Francisco I participou nas campañas de Italia (1509-1515). En 1514 Luís XII nomeouno condestable de Francia. As ambicións reais sobre o ducado de Borbón, tras morrer a súa dona sen descendencia, fixeron que se puxese ao servizo de Carlos V (1523) e participase na batalla de Pavía (1525). Nomeado duque de Milán, en 1526 marchou á fronte do exército imperial contra Clemente VII a Roma, onde morreu. Os seus bens pasaron á coroa de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infante de España, fillo de Carlos IV e irmán de Fernando VII, foi pretendente carlista á coroa de España co nome de Carlos V. Durante a Guerra de Independencia residiu en Valençay ata 1814, regresou a España e foi nomeado xeneral de brigada dos carabineiros. En 1823 comezou a agrupar os elementos absolutistas máis radicais, descontentos coa actitude moderada de Fernando VII despois do Trienio Liberal, e tres anos despois era xefe deste grupo. En 1830 recoñeceu a Pragmática Sanción, pero a reacción dos seus partidarios motivou que o goberno o obrigase a marchar a Portugal. Morto Fernando VII, non recoñeceu a Isabel II e lanzou un manifesto o 1 de outubro de 1833, no que se proclamaba Rei; inmediatamente estalou a Primeira Guerra Carlista (1833-1840). Obrigado a marchar a Inglaterra (Tratado de Évora-Monte, 1834), regresou á Península Ibérica en xullo dese mesmo ano e instalouse en Navarra durante a guerra. Entre maio e xuño de 1837 realizou unha incursión en Catalunya co seu exército. O...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei consorte de España (1848-1868) polo seu matrimonio con Isabel II. Interveu en política influenciado polo padre Fulgencio e sor Patrocinio; destituíu o goberno de Narváez en 1849. Trala Revolución de 1868 exiliouse a Francia coa Raíña, da que se separou pouco tempo despois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Angulema. Fillo de Carlos X de Francia, casou con María Teresa Carlota, filla de Luís XVI. Foi tenente xeneral do Reino, pero non puido vencer a Napoleón en 1815. Encabezou os Cen Mil Fillos de San Luís que invadiron España en 1823. Trala Revolución de 1830 exiliouse a Austria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • María Cristina de Borbón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre francés, duque de Enghien. Fillo único do príncipe de Condé, Luís Enrique Xosé de Borbón-Condé. Partiu ao exilio por mor da Revolución Francesa e combateu no exército dos emigrados. Despois da disolución deste exército (1801) retirouse a Ettenheim, gran ducado de Baden, país neutral. Napoleón Bonaparte, sospeitando que conspiraba contra el, fíxoo raptar (violando o dereito internacional), xulgar por un consello de guerra e executar o mesmo día da súa chegada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral francés, fundador da rama Borbón-Condé. Calvinista convencido, foi un dos máximos dirixentes hugonotes. Participou na conxuración de Amboise, feito polo que foi condenado a morte, pero a morte de Francisco II (1560) salvoulle a vida. Foi vencido en Jarnac (1569) e asasinado polo duque de Anjou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre e militar. Cuarto príncipe de Condé, chamado o Gran Condé. Aos vinte e dous anos era xa comandante do exército que combateu contra os españois na fronteira norte, derrotándoos en Rocroi (1643). Para afastalo de Francia durante a minoría de idade de Luís XIV, Mazzarino nomeouno vicerrei de Catalunya pero fracasou no ataque a Lleida (1647). A derrota que infrinxiu os españois en Lens (1648) favoreceu os tratados de Westfalia. Durante a Guerra da Fronda, primeiramente combateu a revolta dos parlamentarios (1648-1649); despois, resentido polo poder de Mazzarino, encabezou a Fronda dos príncipes e un dos seus exércitos contra París, aínda que derrotado por Turenne (1652). Fuxiu de Francia e pasou a servir aos españois, cos que obtivo a vitoria de València (1656) contra os franceses. En 1658 foi derrotado nas Dunes por Turenne. A raíz da Paz dos Pireneos (1659) foi perdoado por Luís XIV. Participou despois na Guerra da Devolución e na de Holanda. Finalmente residiu en Chantilly.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre. Marchou de Francia despois da Toma da Bastilla e estableceuse en Worms. En 1792, xunto con outros exiliados, formou o exército de Condé, que combateu a Revolución Francesa ata o tratado de Campoformio (1979). Regresou a Francia en 1814, coa restauración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre. Segundo príncipe de Conti. Sobriño de Luís II de Borbón-Condé. Combateu nos Países Baixos a partir de 1690. Foi pretendente á coroa de Polonia, renunciando ante a candidatura de Augusto II. Foi comandante en xefe en Flandres e gobernador do Languedoc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre francés, duque de Montpensier. Baixo a rexencia de Catarina de Medici foi un dos líderes do partido católico e xefe do exército.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pretendente carlista ao trono español. Primeiro fillo de Xavier de Borbón-Parma. Estableceuse en España en 1957 ata que foi expulsado, en 1968. Recibiu en 1975 a sucesión dinástica do seu pai e en 1977 converteuse en xefe da casa ducal de Parma. Regresou legalmente a España e intentou renovar o Partido Carlista, pero os repetidos fracasos electorais fixérono abandonar a política en 1980. En 1981 separouse da princesa Irene dos Países Baixos con quen casara en 1964. É autor do libro La vía carlista al socialismo autogestionario (1977). O seu irmán Sisto de Borbón-Parma (Pau 1940) pretendeu en 1976 a sucesión e enfrontouse con el nos feitos de Montejurra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Parma (1974-1977). Fillo do duque Roberto I e da súa segunda muller, María Antonia de Portugal. Sucedeu o seu sobriño Roberto II como duque de Parma e xefe desta casa. Durante a Primeira Guerra Mundial foi oficial de artillería do exército belga, e participou xunto co seu irmán Sisto nas negociacións secretas entre o seu cuñado, o Emperador Carlos de Austria, e os aliados. Pretendeu durante algún tempo o trono de Francia, escribiu artigos e algún libro nos que facía valer as orixes francesas da súa familia. En 1936, ao morrer Afonso Carlos de Borbón, foi nomeado rexente da Comunión Tradicionalista e encargado de nomear o sucesor da coroa española. En 1937 manifestou a súa adhesión a Franco, pero en 1945 firmou un manifesto pedíndolle que se retirase. Na Segunda Guerra Mundial organizou en Francia un núcleo de resistencia, sendo deportado a diferentes campos de concentración. En 1952 foi proclamado Rei en Barcelona por un grupo de partidarios. En 1975 renunciou aos seus pretendidos...

    VER O DETALLE DO TERMO