"CIA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3047.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Programa radiofónico presentado a partir de 1988 por Luís Rial. Emitíase ás veces en conexión con diversas emisoras espalladas por Europa e América como Radio Nacional de Panamá, Radio Mar del Plata, Radio Excelsior de Bos Aires, Radio Carve de Montevideo, Radio Universidad Católica de Santiago de Chile, Radio Nacional de Costa Rica, Radio La Exitosa de Panamá e outras emisoras de Laussanne, Marsella, Barcelona e Las Palmas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de carácter societario editada polo Centro Galego de Vitoria-Gasteiz a finais do s XX.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exposición de arte galega celebrada no mosteiro de San Martiño Pinario (Santiago de Compostela) en 1991. Promovida pola Consellería de Cultura e Xuventude da Xunta de Galicia, o Arcebispado de Santiago de Compostela e as dioceses galegas, revitalizou o conxunto monumental de San Martiño Pinario, que sufriu unha ampla remodelación e restauración. Constituíu un amplo percorrido polas manifestacións artísticas galegas, escultura e ourivería, dende a prehistoria ata o s XX. Estruturouse en catro bloques: As Raíces, que abrangueu a arte dende a prehistoria ata a romanización; O Camiño, referido ao mundo medieval tomando como eixe o Camiño de Santiago; O Esplendor, dedicado á arte moderna; e A Nova Identidade, que recolleu a arte dos últimos anos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Programa radiofónico emitido dende 1990 por Radio Mollet, no concello de Mollet del Vallés, en Barcelona. Dirixido por Montse Vilas, pertence ao circulo da ERGaC.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación liberal editada en Vilagarcía de Arousa a partir do 15 de marzo de 1907. Cesou en 1938. Subtitulouse “Periódico regional. Primer diario de Villagarcía”. Dirixírono sucesivamente Francisco Cano e Xoán Gándara. A partir de 1918 o xornal pasou a ser propiedade de Xosé B. Fernández Peón, quen tamén exerceu como director. No período 1923-1929 foi dirixido por Delfín Meis. Malia que as súas vendas descenderan dende 1918, coa chegada da Segunda República colleu certo pulo. Coa Guerra Civil converteuse en voceiro franquista. Ademais da información xeral, incluíu artigos históricos, textos literarios e poemas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico semanal editado na Coruña a partir de 1910. Cesou probablemente en decembro de 1915. Subtitulouse “Semanario, órgano de Juventud Católica”. A súa tendencia era católica e sindicalista. Incluíu, ademais de artigos políticos, poesías.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación política editada en La Habana a partir do 5 de xuño de 1916. Dirixida por Eugenio Mañach, converteuse no voceiro dun grupo opositor á Caixa de Aforros. Nos seus artigos loitou contra o caciquismo e denunciou a corrupción da entidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Montevideo a partir do 15 de setembro de 1918. Cesou a súa edición o 11 de xaneiro de 1919. Subtitulouse “Semanario regional”. Dirixida por Xosé María Barreiro, foi o continuador de Tierra Gallega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Montevideo a partir do 22 de febreiro de 1931. Subtitulouse “Semanario popular da colectividade galega no Uruguai”. Fundado por X. Silva Barros e A. San Román, contou coa colaboración de destacados intelectuais e escritores galegos. Incluíu artigos sobre literatura hispanoamericana, teatro e información xeral de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada dende 1995 polo Centro Galego de Lisboa “Xuventude da Galiza”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter sindicalista editada a partir de setembro de 1968. Subtitulouse “Órgano das Comisións Obreiras”. Tentou ser un instrumento de comunicación para os traballadores no que se promovía a oposición ao réxime franquista e ao capitalismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de carácter político aparecida na Coruña a partir de 1977. Editada inicialmente polo Partido do Traballo de España e órgano do comité nacional de Galicia, co tempo pasou a depender do Partido do Traballo de Galicia. Dirixida por Xosé A. Caramés, a partir de abril de 1977 ocupou ese cargo Xosé L. Burgos. Incluíu artigos referidos aos problemas económicos e políticos de Galicia, así como referencias á universidade galega e temas de carácter social. No seu interior, inseriu un informe referido a diversos sectores económicos de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Programa de TVE Internacional que comezou a súa emisión en xuño de 1993, o máis antigo de todos os programas en antena. Emítese os sábados por La 2, de TVE, en desconexión para Galicia, e os domingos por TVE-Canal América e TVE Internacional-Europa para o resto do mundo. Cun formato magazine, mestura entrevistas e reportaxes onde se tenta reflitir a riqueza paisaxística, gastronómica, lúdica e histórica de Galicia. Ademais, inclúe espacios dedicados á industria, á innovación empresarial e á cultura de Galicia, cos que se tenta achegar a realidade galega a todas as comunidades de emigrantes galegos espallados polo mundo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
-Romero en Mondoñedo. Foi a substituta de El Eco de Puentedeume.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quincenario editado en Vilalba a partir de 1916. Cesou a súa edición en 1918. Subtitulouse “Revista pintoresca ilustrada” e contiña información sobre agricultura, turismo, socioloxía, arte e literatura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín editado en Vigo a finais do s XX e subtitulado “Revista del Ilustre Colegio Oficial de Químicos y de la AT de la ANQUE de Galicia”. Dirixida por F. J. Rey Losada, o seu comité de redacción estaba conformado por A. Astray, M. Canitrot, A. García, J. A. Gómez e M. C. Valdés. Ademais de información interna do propio colexio e outra relativa a congresos, cursos e seminarios do sector, incluíu artigos técnicos, referencias a personaxes históricos e bibliografía.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Pontevedra a partir de 1931. Cesou probablemente en xullo de 1933. Subtitulouse “Órgano del Partido Republicano Radical de la provincia”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de tendencia católica editada en Pontevedra a partir do 2 de febreiro de 1890. Entre novembro de 1891 e marzo de 1892 sufriu unha pequena interrupción. Cesou probablemente o 26 de novembro de 1892. Subtitulouse “Semanario popular-Utile et Dulce”. Dirixiuna Hipólito Codesido Sánchez e imprimiuse nos obradoiros tipográficos dos herdeiros de Madrigal. Incluíu información de actualidade, agás política, xunto con retratos de persoeiros públicos, poemas e textos literarios.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter político editada a partir de outubro de 1977. Subtitulouse “Sindicato Nacional de CC OO de Galicia”. Dirixida por Xesús Abuín Redondo e Leonardo Baltanás, incluíu información sobre reivindicacións, congresos e aspectos laborais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico de tendencia católica editado en Vigo a partir do 10 de xaneiro de 1919. Cesou probablemente o 3 de febreiro de 1968 (nº 2.636). Subtitulouse “Publicación semanal. Órgano de las instituciones sociales y sindicatos católicos de la diócesis de Tuy”. Dirixírona F. Castro Ferrer, ata 1922, e Victoriano Ballesteros. Ademais dos contidos relixiosos, promocionou o turismo en Galicia e ofreceu información deportiva. Dende agosto de 1936 apoiou o réxime franquista. No apartado literario, cómpre salientar algunhas poesías relixiosas e contos.