"ISM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1586.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra de Vicente Risco, publicada en 1920, baseada dun ensaio co mesmo título publicado en A Nosa Terra en 1918. Desde a postura do nacionalismo bioloxicista, afirmou que Galicia é unha nación de seu, en que os alicerces da nación galega estaban na terra, na raza, na lingua, na organización social e no sentimento, feitos diferenciais que conseguiu pór en conexión con valores universais. Asumía así as ideas de Murguía, fundamentadas na raza, ás que engadía o factor da terra. Galicia debía conseguir definir uns dereitos e uns deberes que lle permitiran desenvolverse como nación de herdanza atlántica, entendido como superación do europeísmo mediterráneo. A loita para evitar a desaparición da nación galega correspondíalle á elite cultural galega.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de síntomas da sífilis terciaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma de representación de deuses, espíritos ou demos, asociados a trazos animais ou simbolizados por estes. Foi característica en relixións como a exipcia e nos politeísmos clásicos, que non chegaron a suprimila de todo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Utilización das augas termais con fins terapéuticos.
-
-
nominalismo.
-
Doutrina do ockhamismo que afirma que a ciencia concerne aos seres individuais pois os termos representan aos propios individuos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Magnetismo provocado pola acción da calor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
termotaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tropismo provocado por un foco de calor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
territorialidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Utilización da violencia, dunha maneira sistemática e a miúdo indiscriminada, na loita social e política. Pode praticalo un estado, pero é máis corrente que o faga un partido ou un grupo reducido de persoas. Os seus precedentes son moi antigos, pero na súa forma moderna apareceu co populismo ruso (asasinato do Tsar Alexandre II en 1881) e cos magnicidios realizados por anarquistas que se produciron a continuación. En España, nos últimos anos do Franquismo, a organización independentista vasca ETA foi protagonista dun continuo de atentados, que seguiu tras a transición política. Outros grupos que actuaron ou actúan en España son o FRAP (Frente Revolucionario Antifascista y Patriótico) e o GRAPO (Grupos Revolucionarios Antifascistas Primeiro de Outubro). Outras accións terroristas protagonizáronas o PENS (Partido Español Nacional Socialista), as do Batallón Vasco-Español e as dos GAL (Grupos Antiterroristas de Liberación). En Galicia, tamén desenvolveu a loita armada o Exército Guerrilheiro...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade conxénita do metabolismo de lípidos, glícidos e proteínas que se caracteriza por unha acumulación ou un almacenamento excesivo de substancias metabólicas, case sempre debidas a un bloqueo da vía de degradación.
-
-
Estado tetánico.
-
Hipertonía muscular que se observa ás veces nos nenos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
tigmotaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
haptotropismo.
-
-
Distensión dalgunha cavidade do corpo que se produce por gases, especialmente ao do abdome.
-
Sonoridade particular que presentan normalmente algunhas partes do corpo que son percutidas, como o hipocondrio esquerdo, a causa dos gases do aparato dixestivo. Patoloxicamente pode aparecer noutros lugares, por exemplo no caso do pneumotórax.
-
-
-
Calidade de típico.
-
Conxunto de características ou trazos propios dun país, dunha zona ou dunha época.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade que se produce pola alteración patolóxica da función da glándula tiroide.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Opinión favorable á permisión do libre exercicio de toda relixión distinta da oficial dun país.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina de san Tomé de Aquino e dos seus seguidores e intérpretes que establece as chamadas cinco vías para a demostración da existencia de Deus, como causa primeira e última fin da creación. Das súas doutrinas destaca a da analoxía do ser, a da distinción entre esencia e existencia, a da inintelixibilidade do singular e a da primacía do intelectual. Distínguese entre o tomismo de Tomé de Aquino e o da tradición posterior, chea de variadas modalidades. A ensinanza de Tomé de Aquino non tivo moitos seguidores nos ss XIII e XIV. No s XV destacaron Johannes Capreolus (1380?-1444) e a aparición da edición prínceps das obras de Tomé (1497). O s XVI na Península Ibérica tivo un grande esplendor, e destacaron Francisco de Vitoria e Domingo de Soto, así como Melchor Cano e Domingo Báñez. Os esforzos teolóxicos da Contrarreforma recorreron ao tomismo, que, coa organización dos estudos eclesiásticos, foi vulgarizado dunha maneira sincretista. Cos teólogos xesuítas os tomistas entraron en disputas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Réxime político que exerce unha forte intervención en todas as ordes da vida dunha nación ou dun estado e que, sen admitir ningunha forma de oposición legal, concentra a totalidade dos poderes estatais en mans dun grupo ou partido, sen respectar ou reducindo os dereitos civís e políticos e as liberdades públicas. Identificado a miúdo cos réximes extremistas de dereita ou esquerda, oponse á concepción liberal e democrática, coa pretensión de organizar dunha maneira ditatorial a vida privada e pública da sociedade.